O coworking "Igape-EOI-Tecnópole" nace como un novo espazo para a actividade económica e profesional, destinado a impulsar ideas de negocio viables. A convocatoria está aberta a emprendedores cun proxecto empresarial en fase temperá de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente -non máis de seis meses antes da súa incorporación ao espazo coworking-.
O Consello da Xunta aprobou un convenio de colaboración entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación –a través do Igape–, a Asociación de Xoves Empresarios de Ourense (AJE Ourense) e o Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole, para a posta en marcha dun polígono virtual que ofrecerá a pemes e autónomos galegos distintos servizos dixitais para a xestión e a relación con clientes e provedores, así como servizos en liña de asesoramento profesional no ámbito legal e administrativo.
A startup galega Laminfy lanza a súa nova solución dixital, que vén mellorar o crecemento en liña e as relacións comerciais entre profesionais do sector do deseño, a planificación e a construción de espazos (arquitectos, interioristas, reformas e rehabilitacións, homestagers...).
A empresa lalinense Aerocamaras doou á Palma un dron destinado á procura de animais e formará de forma gratuíta aos pilotos locais. A compañía, que colabora co Servizo Integral de Animales de Canarias (SIACAN), doou 1000 euros á entidade para apoiar unha campaña de crowfunding aberta destinada a continuar rescatando animais que quedaron atrapados entre as coadas de lava. SIACAN leva traballando de forma voluntaria desde que comezou a erupción do volcán de Cumbrevieja.
Investigar o uso da madeira como elemento de mitigación acústica é o obxectivo do convenio que se está a impulsar entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), e a Universidade de Vigo. Con este acordo, ao que se destinarán 258.762,20 euros, dos que o 86% será unha achega da Xunta, preténdese seguir poñendo en valor novos usos da madeira desde a innovación.
O sector biotecnolóxico galego consolídase como un referente en España, sendo Galicia a segunda comunidade máis emprendedora o ano pasado. Un dos núcleos duros da actividade “biotech” está na comarca de Vigo, onde se sitúan dúas das tres empresas galardoadas nos Premios Bioga 2021 que outorga o clúster. Son Compañía Española de Algas Marinas (Ceamsa), con sede no Porriño, que foi premiada como a compañía máis competitiva; a viguesa KeyBiological, a máis innovadora; e Celtarys, de Santiago de Compostela, como mellor idea empresarial.
Moitas empresas estranxeiras veñen a Galicia a recrutar profesionais en informática e telecomunicacións ofrecéndolles a posibilidade de teletraballar e soldos máis atractivos que os que atopan aquí. É unha tendencia crecente que alimenta a fuga de talento no campo das TIC, un fenómeno que «irá a peor» no curto prazo. Advertiuno o enxeñeiro en telecomunicacións e catedrático da UVigo Fernando Pérez González, un dos autores do informe A Galicia Dixital 2024, impulsado polo Foro Económico de Galicia.
O 5G segue o seu despregamento en España, tras pecharse o pasado verán a terceira poxa de frecuencias desde 2018 coa licitación da banda de 700 MHz pola que o Goberno captou 1.010 millóns de euros, e na actualidade é o país da Unión Europea que ten o maior volume de proxectos piloto en marcha: uns 120, segundo a patronal DIXITAIS. Este estudo lembraba que o estándar de 5G -aínda unha parte do 5G despregado depende da infraestrutura 4G xa existente- permite xestionar entre 10.000 e 1.000.000 de sensores conectados por quilómetro cadrado.
En 2010, a nivel global, xeramos unha cantidade de datos próxima aos dous zettabytes, o que equivale a 2.000 billóns de copias de «El Quijote». En 2020 a cifra excedeu os 60 zettabytes… E dentro de catro anos falaremos de 180 zettabytes. Hoxe, neste intre, créanse cada segundo 1,7 MB de datos por habitante… cada pestanexo equivale a un libro completo de «El Quijote» que chega á rede.
En 2020 superáronse os peores prognósticos. Foi o ano do apoxeo dos ciberatacantes máis avanzados». Así de tallante exprésase o Centro Criptológico Nacional (CCN-CERT), órgano adscrito ao Centro Nacional de Inteligencia (CNI), no seu último informe sobre «Ciberamenazas y tendencias» correspondente a 2020. E non é para menos, pois o ano no que estalou a pandemia do coronavirus xestionaron en España máis de 82.000, o dobre que en 2019.