Decembro 2021

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A firma galega Aerocamaras lanza un curso pioneiro a nivel mundial para pilotar drons con fins loxísticos

A irrupción dos drons na sociedade non fixo máis que empezar. Son o presente e o futuro, chamados a converterse nunha ferramenta fundamental nos servizos de loxística.

A Xunta lanza tres novos coworkings na provincia de Ourense dirixidos a impulsar o emprendemento (Tecnópole)

A Xunta de Galicia activará, no primeiro trimestre do vindeiro ano, tres novos espazos coworkings na provincia de Ourense. Este tipo de lugares de traballo, destinados a emprendedores e que contemplan no seu conxunto distintas actividades e asesoramento, están deseñados para aumentar as posibilidades de éxito de proxectos innovadores en fases temperás de desenvolvemento, e permitiron até agora impulsar un cento de iniciativas emprendedoras na provincia.

O Goberno dota con 2,4 millóns a entidades galegas para impulsar proxectos de I+D+i (Centro Tecnolóxico da Carne)

O Goberno central concederá 2,4 millóns de euros a entidades galegas para financiar 27 proxectos de I+D+i no marco dunha convocatoria do Ministerio de Ciencia e Innovación. Así o informou o delegado do Goberno, José Miñones, quen explicou que as axudas teñen por obxecto «avaliar, adaptar e mellorar ideas innovadoras antes da súa saída ao mercado, fomentando e acelerando a transferencia de coñecementos e resultados xerados en proxectos de investigación».

Listo para competir en Europa un avión deseñado e fabricado por universitarios (CITI)

Deseñar, construír e facer voar un avión é un reto imposible para a gran maioría, pero un soño ao alcance de 27 alumnos do campus de Ourense que levan meses traballando na fabricación dunha aeronave de á fixa non tripulada de nome CORV-0 que o vindeiro verán voará ceo alemán.

Galicia deseñará o seu propio mapa do hidróxeno verde

O hidróxeno verde non emite gases efecto invernadoiro e está chamado a protagonizar a revolución enerxética para combater o cambio climático. A Unión Europea proxecta axudas millonarias para impulsar este gas, que polo momento aínda ten unha produción moi custosa e unha tecnoloxía non totalmente desenvolta.

Os drons, a vindeira revolución tecnolóxica en loxística e transporte

O auxe de uso de drons en emerxencias e catástrofes, ademais de ser utilizados con normalidade a día de hoxe en tarefas de seguridade e de vixilancia, vai dando pasos axigantados cara a unha revolución coas naves tripuladas e para prestar servizos como a repartición de mercadorías.

As pemes terán 3000 millóns para dixitalización

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, desvelou a inminente posta en marcha do programa kit dixital con cargo aos fondos europeos dentro do plan de recuperación. Sánchez destacou o rol dos fondos Next Generation, para os que España xa presentou máis de 200 convocatorias e autorizáronse o 66% dos 24.000 millóns previstos para este ano.

A Axencia Galega de Innovación destaca o potencial da biotecnoloxía

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, incidiu no potencial que ten o sector biotecnolóxico na comunidade autónoma de Galicia e as súas “capacidades extraordinarias” para contribuír ao crecemento económico. Destacou que o biotecnolóxico é un sector “que innova, que produce, que é capaz de mobilizar ao sector público e ao privado para traballar conxuntamente nos resultados da investigación e como levalos ao mercado”.

A grande empresa pide un plan de choque de dixitalización

A economía española necesitaría un plan de choque en transformación dixital de empresas e sector público, debido á forte e rápida deterioración da economía española, segundo o Estudo Advice de Éxito Empresarial de outono de 2021, realizado pola consultora Advice Strategic Consultants, que recolle unha enquisa con 1000 líderes de opinión informados, 400 grandes empresas, 2400 pemes e 400 administracións e organismos públicos.

Case a metade das empresas galegas carecen de seguridade fronte a ciberataques

A pesar do incremento dos ciberdelitos, case a metade das empresas galegas carecen de seguridade nos seus sistemas informáticos. As compañías grandes son máis conscientes dos riscos e teñen os deberes feitos en materia de protección contra ciberataques e estafas. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), o 91% das firmas de máis de 10 empregados ten algunha medida de seguridade. Quedarían unhas 800 desprotexidas. Con todo, as pequenas firmas, de menos de 10 empregados, que son as que compoñen o groso do tecido empresarial galego, son máis vulnerables.

Páxinas