Decembro 2021

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

“Ibérica de Esponjas Vegetales”, apoiada polo programa Agrobiotech de Tecnópole, acaba de conseguir unha patente europea

“Ibérica de Esponjas Vegetales” é unha empresa agroforestal galega pioneira no cultivo de luffa para a fabricación de esponxas vexetais de uso cosmético e estropallos de cociña ecolóxicos. Con sede na localidade pontevedresa de Caldas de Reis, é a principal empresa europea dedicada ao cultivo e procesado desta especie vexetal. Froito de anos de investigación, conseguiron unha variante xenética propia e, como resultado, unha fibra vexetal de moi alta calidade.

A empresa de Tecnópole Lincbiotech, á cabeza na cura da covid-19

A empresa ourensá Lincbiotech, con sede en Tecnópole, lidera unha iniciativa cuxo obxectivo é atopar un tratamento para a covid-19. O proxecto, chamado “BioTICfinder”, busca atacar certas proteínas que compoñen o virus a través de aptámeros, isto é, unhas secuencias de ADN que adoptan a forma de estruturas tridimensionales únicas, o cal lles permite recoñecer un branco específico con grande afinidade.

Galicia reactiva os coworkings para impulsar o emprendemento

Dinamizar as economías locais apoiando a creación de emprego de calidade e aproveitando os recursos e fortalezas das distintas zonas da comunidade para crear novas oportunidades económicas, fixar poboación e fomentar novas alternativas para facer os pequenos concellos máis atractivos e competitivos son algúns dos obxectivos da rede de coworkings que a Xunta de Galicia puxo en marcha en 2016 e que reactivará no primeiro trimestre de 2022 coa posta en marcha de once espazos.

Roberto Verino, símbolo da arte galega

A Academia Galega de Belas Artes nomeou ao deseñador Roberto Verino novo membro da entidade para cubrir a sección de Artes da Imaxe. En 2022 a firma homónima do deseñador cumpre o seu corenta aniversario.

O deseñador conta cunha longa traxectoria na industria da moda. Verino estudou a carreira de Belas Artes en París, onde residiu nos anos sesenta, logo regresou a España e creou a súa primeira colección baixo a marca Roberto Verino, en 1982. Ao ano seguinte abriu a súa primeira tenda en París.

Ignacio Lema, director da Axencia Industria Forestal de Galicia: «A industria da madeira ten que situarse no centro da bioeconomía»

Ignacio Lema, director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), fala de dúas demandas para o sector: unha de carácter conxuntural a causa do desabastecemento puntual de materias primas e outra demanda estrutural, que é a auténtica oportunidade de futuro.

—É un bo momento para investir no sector forestal?

A APTE expón as tendencias dixitais disruptivas para os parques científicos

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España -APTE- crea unha plataforma para dar a coñecer e promover tecnoloxías disruptivas de empresas.  Segundo expuxo Soledad Díaz, directora xerente de APTE no resumo de actividades realizadas por Disruptive durante 2021, os membros son 359 persoas de 252 entidades diferentes e enfócase a sectores como o TIC e Enxeñarías, sobre todo, así como a I+D.

A Universidade de Vigo avanza os trámites para que en 2022 haxa un máster de Aeronáutica

A Universidade de Vigo deu o primeiro paso para que os alumnos da terceira promoción da escola de Aeronáutica de Ourense poidan realizar o máster habilitante no campus ourensán. Na Xunta da Escola de Aeronáutica aprobouse por unanimidade a memoria do máster habilitante monouniversitario de 120 créditos. Trátase dunha medida que dá resposta a un mandato do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa.

A Xunta impulsa a formación especializada e a modernización da industria forestal

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a concesión de axudas por 2,2 millóns de euros que mobilizarán 5,6 millóns na formación especializada dos profesionais do sector forestal e a realización de investimentos na segunda transformación da madeira e do contract.

O sector TIC de Galicia prevé crear máis de 4500 novos empregos en cinco anos

O sector TIC emprega en Galicia a 19.343 persoas -segundo os últimos datos de 2020-, cun crecemento do 1,9% no último ano. É un dos sectores económicos máis resilientes na actual conxuntura provocada pola covid-19, e, lonxe de contraerse, mantén a súa capacidade para xerar emprego. Durante o período 2015-2020, o aumento do emprego do sector tecnolóxico galego foi do 23,3%. Se mantén esta evolución, o sector TIC de Galicia crearía máis de 4500 novos postos de traballo no próximos cinco anos.

A eólica será a principal fonte de electricidade en España en 2021

A enerxía eólica acabou o ano como a primeira fonte de electricidade en España. O vento supera así á nuclear na matriz eléctrica nacional por primeira vez desde 2013, o único exercicio de toda a serie histórica no que os aeroxeradores foron a principal tecnoloxía de xeración. Aquel ano, especialmente bo no que a recurso eólico se refire, a nuclear viuse afectada polo peche da central de Garoña.

Páxinas