Xuño 2021

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

As empresas galegas, por riba da media estatal no uso de novas tecnoloxías

O número de empresas galegas con menos de 10 persoas empregadas que dispoñen de internet de banda larga de 100 ou máis Mbps creceu un 93,2% entre 2019 e 2020, segundo os datos do informe A Sociedade da Información das Empresas de Galicia elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga). Prácticamente todas as empresas con 10 ou máis persoas traballadoras teñen contratado internet. No caso das empresas máis pequenas, un 78,6% dispoñen deste servizo, o que sitúa a Galicia lixeiramente por enriba da media estatal, que é dun 78,2%.

Récord de participación en Galiciencia online 2021

Durante tres días desenvolveuse Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde 2006. Con esta iniciativa búscase espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. A feira conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain); e coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia e Innovación.

Egatel lidera un proxecto para impulsar a industria espacial

A empresa ourensá Egatel, con sede no Parque Tecnolóxico, acaba de dar un salto cualitativo en materia de innovación ao apostar polo desenvolvemento da industria espacial. A compañía, que pertence ao grupo Comsa, lidera un consorcio de once entidades do sector tecnolóxico e do ámbito académico e presentou unha manifestación de interese ao Ministerio de Industria para impulsar o denominado Proxecto Ansgal, acrónimo en inglés dun Novo Espazo para Galicia -A New Space for Galicia-, "que ten como obxectivo final o desenvolvemento da industria espacial en España, focalizado en Galicia".

A eólica mariña xerará máis de 3000 empregos en Galicia

Galicia ten moito potencial para converterse nun referente da eólica mariña. E algunhas zonas da comunidade xa poxan para acoller os primeiros parques dunha industria que pode converterse nunha grande oportunidade. A costa do Val Miñor e da desembocadura do Miño son un exemplo diso. Estas dúas paraxes, xunto coa Mariña lucense, son as zonas máis idóneas para instalar os primeiros parques eólicos mariños de Galicia. E non son os únicas.

O campus de Lugo desenvolve un sistema de escáner que mellora os traballos de xestión forestal

Un escáner que fai máis eficientes os traballos de xestión forestal. Así pode resumirse o traballo informático no que participou persoal do campus de Lugo (USC) e da Universidade da Coruña (UDC) e que xa está dispoñible. Trátase dun programa de software libre cuxa aplicación é moi útil para calcular con exactitude dimensións e volumes, como explica César Pérez Cruzado, investigador da Escola Politécnica Superior do Campus Terra.

O Porto proba drons contra verteduras en Cíes

As augas da Ría de Vigo acolleron un exercicio de loita contra a contaminación mariña, organizado polo Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo, que contou con drons e barreiras para a contención dunha suposta vertedura. Para o simulacro empregouse aceite de peixe e puxéronse a proba diferentes sistemas para o seguimento da mancha, o uso de barreiras para a súa contención e a súa posterior recollida.

A rotura de “stock” atiza ao moble

A elevada demanda de mobles deixou sen stock dispoñible a grandes e pequenos negocios do sector. As vendas aumentaron entre un 20 % e un 30 % desde que hai un ano irrompeu o coronavirus en escena. Lonxe de experimentar a caída en picado que se esperaba, o moble converteuse en desexo e obsesión. “Os consumidores empeñáronse en gastar máis dentro que fóra de casa” -apuntan-. “A xente con aforros para ir de vacacións investiunos en cambiar a cociña ou o dormitorio”, concorda o xerente do Clúster da Madeira e do Deseño de Galicia, Ricardo González.

Zona Franca e CTAG únense á multinacional Cellnex para o desenvolvemento do coche conectado

Un proxecto clave para o desenvolvemento do coche autónomo e conectado e a súa interrelación coas infraestruturas viarias. Zona Franca e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) colideran o “Programa Tractor Vehículo Conectado V2X” xunto a Cellnex -multinacional española de servizos e infraestruturas de telecomunicacións inalámbricas- como promotor, a Asociación Nacional de Fabricantes de Automóbiles e Camións (Anfac) e a Zona Franca de Barcelona para o desenvolvemento do vehículo conectado en España.

PharmaMar segue a preparar a fase 3 de desenvolvemento do seu fármaco contra o coronavirus

A compañía galega PharmaMar segue a traballar para poder empezar coa fase 3 de ensaio clínico no desenvolvemento do Aplidin, o fármaco contra o coronavirus que prevén ter listo o vindeiro ano. A empresa que capitanea José María Fernández Sousa recrutará nas próximas semanas aos voluntarios nos que se vai probar o medicamento.

Como evolucionan as tres vacinas galegas?

Galicia, innegablemente, sempre foi fonte de talento e, grazas ao poder investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC), mantívose na vangarda dos estudos a nivel mundial. Nesta loita que se está a librar nos laboratorios de todo o planeta contra a COVID, non podía ser doutra maneira, e dúas vacinas con selo galego atópanse en fases avanzadas de desenvolvemento, mentres un grupo de fabricación do Porriño está xa en fase de elaboración das doses de Novavax que serán distribuídas a toda Europa, previsiblemente, antes de que remate 2021.

Páxinas