Abril 2021

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Aberta a inscrición nos talleres de Galiciencia online 2021

Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde 2006. A súa finalidade é achegar a ciencia á sociedade, en especial aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato, contribuíndo a espertar neles as vocacións científicas. Conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain); e coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia e Innovación.

Coren introduce o seu ‘Xamón Selecta de Castañas’ nunha cadea do Reino Unido

Dentro do seu plan de expansión, o grupo Coren introduce o seu Xamón Selecta de Castañas no mercado británico, concretamente nas principais cadeas de alimentación do país, entre as que destaca a recente implantación nos prestixiosos almacéns Fortnum & Mason. Trátase unha firma emblemática no Reino Unido que se distingue pola calidade da súa gama seleccionada de produtos e que conta cun gran recoñecemento por ser o provedor de alimentación da Casa Real británica desde hai máis de 150 anos.

O sector alimentario galego medra coa súa aceleradora

Un ano máis, a aceleradora do sector alimentario galego ofrecerá a distintos proxectos, de dentro e fóra de Galicia, os seus dous programas formativos: o de aceleración e o de consolidación, ambos para profesionalizar a súa actividade no mercado.

O téxtil quere fondos europeos para crear un selo de moda sostible

O téxtil, a confección e o calzado empregaban ao peche de 2020 a 126.594 persoas en toda España, un 7,8% menos que o ano anterior. Co estalido do coronavirus en España e a declaración do estado de alarma, o sector comezou a destruír emprego con descensos interanuais que chegaron ao 15,9% en xuño e xullo, até acabar o exercicio cunha marca de 10.764 postos de traballo menos.

A madeira gaña terreo na construción e arranxo de casas

A madeira vai gañando terreo na construción e arranxo de vivendas. Precisamente a demanda de rehabilitación de casas medrou coa irrupción da pandemia. Así o constatan desde Madeiras Besteiro, unha compañía lucense con noventa anos de experiencia no sector da madeira, desde a fabricación (tarimas, frisos, cociñas, molduras, armarios, estruturas e construción...) á distribución (madeira en bruto, vigas, illamentos, ferraxaría, chans, portas...).

A covid destapa o potencial da industria biotecnolóxica galega

A capacidade de Galicia para xerar talento científico, a costa tantas veces de que emigrase, era coñecida. O que sorprendeu máis a propios e estraños coa pandemia foi descubrir que, ademais de formar a investigadores, no territorio que cercan Os Ancares prodúcense medicamentos. E vacinas. En concreto, unha contra o coronavirus. A da farmacéutica norteamericana Novavax. A partir de abril, 200 millóns de doses contratadas sairán para toda a UE da nave da empresa Zendal no Porriño. Un fito, até a data, en España.

A eólica bateu un récord de xeración en 2020 en Galicia

A eólica marcou en 2020 un ano de récord en Galicia ao alcanzar unha xeración de 9992 gigavatios/hora (GWh), un rexistro que bate a que até agora era a mellor marca, alcanzada en 2013, cando os aeroxeradores produciron 9498 GWh. Con esta evolución, o aproveitamento do vento foi a primeira fonte de xeración ao achegar o 40,7% do total, un cociente que alcanzou o 75,7% ao sumar todas as fontes limpas, segundo o balance de 2020 elaborado por Rede Eléctrica de España.

A automoción é o sector con máis proxectos sostibles

O sector da automoción caracterizouse por ser o máis activo ao presentar proxectos que poidan ser financiados polos fondos de recuperación da Unión Europea. Así o declarou a ministra de Industria, Reyes Maroto: «O sector da automoción vai ter o primeiro Perte (Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica) polo interese amosado polas empresas e porque non pode perder o tren para o futuro».

A aviación non tripulada, o sector galego onde máis empresas naceron durante a pandemia

Wuhan, xaneiro de 2020. Un dron planea sobre as rúas equipado con cámaras de detección de temperatura e micrófonos. Localiza persoas que andan pola rúa e lémbralles a obrigación de permanecer na casa. Ao mesmo tempo, en toda China iníciase unha operación de limpeza na que centos de drons desinfectan lugares públicos con axuda dun equipamento de pulverización. Máis tarde, en España, os avións non tripulados da DXT controlan desde o aire o cumprimento do estado de alarma e os peches perimetrais.

O teletraballo medra un 74% durante o ano de pandemia

Un ano despois da súa implantación forzosa como consecuencia da covid-19, o teletraballo xa non é unha fórmula de difícil encaixe para moitas empresas en España. Segundo os datos do Adecco Group Institute, 2,86 millóns de españois teletraballan desde o seu domicilio nestes intres, 1,2 millóns máis que hai un ano, cando chegou a pandemia.