Xaneiro 2021

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O programa Connect-19 pecha co apoio a 20 pemes galegas

O Parque Tecnolóxico de Galicia e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación, Gain- puxeron en marcha o pasado mes de xuño o programa Connect-19, unha aceleradora de pemes innovadoras especializada na comercialización de solucións para a loita contra o impacto da COVID-19.

Aerocámaras colabora co Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas de Madrid

O Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas de Madrid (CITOP) e Aerocámaras asinaron un convenio de colaboración polo cal os enxeñeiros colexiados e os seus familiares poderán gozar dun desconto especial no Curso oficial de piloto profesional de drons e no resto de formacións que ofrece a empresa situada no Parque Tecnolóxico de Galicia.

Novidoso sistema para o diagnóstico de cardiopatías sen necesidade de cateterismo

Acaba de constituírse como empresa FlowReserve, unha spin-off da Universidade de Santiago e da Fundación IDIS (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago) que ofrece solucións de medicamento personalizado en Cardioloxía ao proporcionar indicadores de diagnóstico cardiolóxico por métodos non invasivos obtidos mediante reconstrución de imaxes do TAC e aplicación de modelos de dinámica de fluxo.

Técnica revolucionaria do CHUS que fulmina tremores en só media hora

Unha intervención non invasiva, aplicada nunha zona do cerebro de apenas 3,5 milímetros, que dura só media hora e na que o paciente pode ir á casa de alta ao día seguinte, estrearase co 2021 no Hospital Clínico Universitario de Santiago para enfermos que sufran tremores, moitos deles novos. O xefe de Neuroloxía do CHUS, o doutor José María Prieto, subliña que se converterán no primeiro servizo público de España en contar co novo sistema HIFU, indicado principalmente en párkinson, aínda que con grandes expectativas fronte a outras enfermidades.

A industria galega pagou este ano máis do dobre pola luz que a alemá e a francesa

As grandes industrias galegas acabaron o ano pagando máis do dobre pola súa factura da luz que os seus competidores alemáns e franceses. Isto fai que a Asociación de Empresas con Gran Consumo de Enerxía (AEGE), á que pertencen Alcoa ou Ferroatlántica, se amosase moi crítica co novo estatuto para a industria electrointensiva, que xulgan “insuficiente” para alcanzar a converxencia de prezos con Europa. Todo o contrario do que di o Ministerio de Industria, que está convencido de que a partir de agora o custo da luz para estas grandes empresas deixará de ser tan elevado.

A Xunta apoia 63 proxectos de pemes para fabricar produtos e equipos contra a Covid

O Goberno galego aprobou, a través do Comité de fabricación de equipamento sanitario e de material para a protección dos traballadores fronte á Covid-19, 63 proxectos de pemes galegas que van mobilizar 12,6 millóns de euros. Coas iniciativas apoiadas ao amparo dos programas Inviste Covid e os apoios para a reorganización produtiva das pemes galegas, Galicia está a cubrir as necesidades máis urxentes de material de prevención e seguridade.

Automoción e sector agroalimentario tiran da exportación en Galicia

Galicia é unha das Comunidades Autónomas na que máis aumentou o valor das exportacións, mentres que no conxunto do Estado o comercio exterior caeu un 5,9% e está aínda moi lonxe de recuperar os niveis da prepandemia, segundo os datos que ofreceu o Barómetro Exportador de Galicia, que se consolida como un dos indicadores máis importantes para avaliar a saúde da economía de Galicia.

A madeira, útil para fabricar bioplásticos ou producir grafeno

A madeira podería converterse no novo petróleo. No camiño cara a unha economía sustentable algúns expertos consideran que é “a materia prima do futuro”. A madeira non só serve para facer mobles ou producir pasta de papel. As súas utilidades son enormes e poden aplicarse a sectores como a construción, o naval, a automoción ou a industria farmacéutica.

Impulso á enerxía renovable para aforros nas instalacións de un millón

A Xunta quere que o sector primario aforre este ano ao redor dun millón de euros na súa factura enerxética. Para iso, deseñou unha convocatoria de axudas que busca impulsar proxectos de enerxías renovables e aforro e eficiencia enerxética. Están pensadas para agricultores e gandeiros, pero tamén para empresas e autónomos relacionados con este sector. As subvencións teñen un orzamento de 2,5 millóns de euros, o que facilitará a mobilización dun investimento final público-privado de 8,5 millóns repartido nuns 200 proxectos.

O coche eléctrico salta ao mercado sen rede: faltan cargadores públicos

O coche eléctrico pide máis enchufes públicos e rápidos en toda España, e en especial en Galicia. É certo que, tanto por prezo como por autonomía e prestacións, os condutores seguen a apostar maioritariamente polos motores de combustión.

Páxinas