Novembro 2020

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Galiciencia celebrarase en decembro e será online, o que permite ampliala a todo o ámbito nacional

O Parque Tecnolóxico de Galicia promove desde o ano 2006 Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade e que busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos máis novos. Conta co apoio da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain).

Tecnópole e a Xunta de Galicia forman na aceleradora Connect-19 a pemes que poidan contribuír a mitigar as consecuencias da crise sanitaria

Tecnópole e a Xunta de Galicia puxeron en marcha o programa Connect-19 para impulsar e fortalecer o acceso ao mercado de pemes galegas que poidan contribuír a reducir o impacto social e económico provocado pola COVID-19. No marco deste programa desenvolvéronse unha serie de actividades formativas online. Esta oferta formativa estivo aberta a calquera persoa interesada, non soamente ás vinte empresas que participan no programa de aceleración.

Tecnoloxía galega para cumprir o soño de almacenar enerxía

A compañía galega Norvento só entende o idioma renovable. Ademais de ser un dos principais operadores de parques eólicos en Galicia, a empresa con sede en Lugo fabrica e investiga. Agora está mergullada de cheo no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas para que as industrias poidan non só producir a súa propia enerxía eléctrica, senón tamén almacenala. Todo un soño que xa é unha realidade grazas ás baterías.

O coche autónomo e o eléctrico tamén se investigan en Galicia

No Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia -CTAG- téñeno claro. A tecnoloxía avanza rápido e as empresas demandan ferramentas de última xeración, polo que o investimento en medios e instalacións e o esforzo por ter equipos de profesionais altamente cualificados é imprescindible para estar á vangarda.

A aceleradora do sector alimentario BFFood impulsa 16 iniciativas emprendedoras

A Business Factory Food (BFFood), a aceleradora especializada no sector alimentario, impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), permitiu apoiar 16 iniciativas emprendedoras, das que seis forman parte da primeira edición da fase de consolidación. A esta convocatoria de consolidación presentáronse 27 candidaturas, das que catro pasaran anteriormente pola fase de aceleración en 2019.

O Estado noruegués e grandes enerxéticas impulsan megaparques eólicos en Galicia

A historia de Statkraft, o mastodonte enerxético público de Noruega, parécese moitísimo ás raíces do sector en Galicia. Como aquí, nos encoros naceu todo o que veu despois. O goberno do país comprou o 30 de maio de 1895 os dereitos da fervenza de Paulenfoss, na rexión sur de Sørlandet, por 23.245 coroas. Hoxe, o seu Ministerio de Comercio, Industria e Pesca manexa unha potencia de 19.700 megawatts (MW) repartidos en 350 centrais de produción libres de emisións contaminantes, supera os 5.000 millóns de euros de facturación e conta con 4.000 empregados en 17 países.

Os pilotos de drons realizan unha demostración no Monte Xiabre

A práctica ten un peso determinante nos cursos que organiza a Mancomunidade do Salnés incluídos no Plan Integral de Emprego, e o de manexo de drons non é unha excepción: o 50% da súa duración está destinado a este capítulo, no que se enmarca unha actividade realizada no Monte Xiabre, en Vilagarcía.

Tecnoloxía con marca USC para ‘transportar’ a vacina

Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) desenvolveron unha tecnoloxía rápida e económica para a creación de moléculas eficaces como vehículo de transporte dunha posible vacina contra a covid-19. En concreto, este mecanismo permite replicar a estrutura de calquera proteína do virus e deseñar con gran celeridade un mensaxeiro para que as células humanas sinteticen o antíxeno.

A madeira é un material do todo natural e infinitamente reciclable

Unha noite de verán alguén descubriu un anaco de taboleiro dalgunha madeira nobre tirado xunto a un colector de obra. Recolleuno, limpouno e agora, esa táboa desgarrada nos extremos, sostén unha lámpada que crea ambiente nunha coctelería da Coruña. Ese é só un exemplo de como a madeira, como os gatos, ten moitas vidas. Tantas, que o converte nun material natural infinitamente reciclable porque mesmo ao final dos seus días pode acabar convertido en compost para dar alimento a unha nova árbore.

Identifican un novidoso biomarcador de rexeitamento no transplante cardíaco

Investigadores do CIBERCV e do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña acharon un microRNA (pequena molécula de RNA non codificante) asociado ao rexeitamento post-transplante e que pode ser de grande axuda no seguimento destes pacientes. O traballo, publicado na revista científica The Journal of Heart and Lung Transplantation e liderado por Marisa Crespo, desenvolveuse en dúas fases.

Páxinas