A Sociedad Española de Estadística e Investigación Operativa e a Fundación BBVA recoñeceron o premio á Mellor Contribución Aplicada en Estatística de España aos investigadores da Universidade da Coruña Inés Barbeito, Sonia Zaragoza, Javier Tarrío Saavedra e Salvador Naya, autores dun traballo no que propoñen unha aplicación innovadora e multidisciplinaria para monitorizar, controlar e optimizar o consumo de enerxía en edificios.