Setembro 2020

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Industria destinará 3,17 millóns a créditos para a I+D+i en pemes

A Consellería de Economía, Emprego e Industria abriu unha das liñas do programa de instrumentos financeiros innovadores (IFI) coa que destina 3,17 millóns de euros para axudas en forma de créditos de entre 50.000 e 500.000 euros con condicións “vantaxosas” para proxectos de I+D+i de pequenas e medianas empresas (pemes).

Moz@s de 8 a 18 anos poden participar en Aulas Tecnópole e STEAM Kids Tecnópole, destinadas a achegar a ciencia e a tecnoloxía desde unha óptica artística e creativa

O Parque Tecnolóxico de Galicia ten aberto a través da súa páxina web o prazo de inscrición en Aulas Tecnópole e STEAM Kids Tecnópole, os cursos de formación en habilidades científicas e innovadoras para estudantes de 8 a 18 anos. A matrícula poderá realizarse ata o 30 de setembro.

STEM Kids Tecnópole para escolares de 8 a 11 anos

Adolfo Domínguez acelera o seu despregamento en América

O grupo Adolfo Domínguez prepara o despregamento en Latinoamérica do seu novo plan de consolidación e crecemento, que lanzará "no momento que se resolva a crise do coronavirus" e poida "operar con normalidade e sen restricións", segundo informou a compañía.

A firma téxtil indica que o plan, que pon o foco tanto en México, o seu principal mercado, como noutros países, ten como obxectivo "incrementar a presenza e acelerar o despregamento das tendas" da compañía, que conta actualmente con 141 tendas en oito países americanos, o que supón un 36% da súa facturación total.

A liña do ICO-Covid inxectou un promedio de 152.561 € por empresa

Preto de trinta mil empresas galegas víronse beneficiadas cos 4.537,8 millóns de euros de financiamento garantido polo Executivo central a través do Instituto de Crédito Oficial (ICO). A media por empresa sae a 152.561 euros. En total, neste catro meses fraguaron, segundo a Delegación do Goberno, 44.181 operacións empresariais en Galicia con respaldo do Goberno. Cada unha toca a 102.709 euros.

Galicia, na loita científica contra a Covid

A ciencia e a innovación españolas sumáronse ao maratón científico internacional e desenvolven múltiples proxectos para paliar a emerxencia sanitaria provocada pola Covid-19. As Universidades de Santiago e A Coruña, en colaboración con outras estranxeiras, así como Centros de Investigación e empresas innovadoras de Galicia recibiron financiamento público para levar a cabo proxectos de I+D+i sobre o virus SARS-CoV-2 e a enfermidade que provoca.

A intelixencia artificial entra na moda en plena crise

Europa non pode seguir a consumir como o veu facendo no último século. Esta é a idea sobre a que se vertebra o novo Plan de acción que o pasado mes de marzo a Unión Europea puxo en marcha para alongar a vida dos produtos, protexer o medio ambiente e, de paso, defender o dereito dos consumidores a gozar do que compran durante máis tempo. Virginijus Sinkevičius, comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, expresouno cunha imaxe gráfica: “Só temos un planeta Terra, pero, se seguimos a este ritmo, en 2050 estaremos a consumir coma se tivésemos tres”.

Activadas axudas de 10.000 euros para contratar a profesionais en I+D+i en Galicia

A Xunta lanzou axudas para que empresas e organismos de investigación contraten profesionais para labores de I+D+i durante alomenos un ano. Os apoios son de 10.000 euros por contrato. O programa Principia pretende favorecer a incorporación de 111 persoas, o 91% por parte de firmas e as demais por universidades ou centros tecnolóxicos, entre outros.

Un modelo de cooperación chamado CIBER.gal

A Xunta (a través da axencia AMTEGA), o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), a FEGAMP e as catro deputacións provinciais van xuntar forzas para favorecer a posta en marcha de proxectos e servizos que garantan, a nivel galego e estatal, os escenarios tecnolóxicos máis seguros. En concreto, asinarán un convenio para formalizar a súa colaboración na posta en marcha do Nodo de Ciberseguridade de Galicia, CIBER.gal.

O Estado financia 18 novos proxectos do IDIS con 2,3 millóns para avances en saúde

O Instituto de Salud Carlos III, organismo de referencia do Ministerio de Ciencia e Innovación para a investigación sanitaria, seleccionou 18 novos proxectos do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) para os que achega un financiamento de algo máis de 2,3 millóns de euros.

A maior partida, de case 230.000 euros, é para avanzar no tratamento personalizado do cancro de endometrio con biopsia líquida, unha tecnoloxía que valora a situación do tumor a partir dunha análise de sangue.

Microbiólogos do Chuvi descobren unha nova bacteria: o estreptococo ‘downii’

As persoas con síndrome de Down teñen menos carie que o resto da poboación. Por que? Poida que polas diferenzas na anatomía da súa boca, na cantidade de saliva que producen, na forma de mastigar... Sospéitase que estes factores inflúen na súa flora oral. Microbiólogos do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) pertencentes ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), os doutores Lucía Martínez Lamas e Maximiliano Álvarez Fernández, decidiron buscar nela ao responsable deste efecto protector fronte á patoloxía oral máis común.

Páxinas