Setembro 2020

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A empresa Gerifarma comercializa máscaras ecolóxicas co apoio do programa Connect-19

A empresa Gerifarma comercializa máscaras de tea para nenos e adultos sostibles e ecolóxicas, a partir de fibra vexetal. Este proxecto está integrado no programa Connect-19, impulsado por Tecnópole e a Xunta de Galicia, unha aceleradora de pemes innovadoras especializada na comercialización de solucións fronte á COVID-19.

A empresa Demsu regala pantallas protectoras a todo o alumnado de de Mos, unha iniciativa financiada polo programa Connect-19

O Parque Tecnolóxico de Galicia e a Xunta de Galicia poñían en marcha no mes de xullo o programa Connect-19, unha aceleradora de 20 pemes innovadoras galegas especializada na comercialización de solucións fronte á COVID-19. Entre estas pemes atópase a empresa Demsu -Deseño e Modelado de Superficies-, con sede na localidade pontevedresa de Mos.

Atresmedia Formación e o Parque Tecnolóxico de Galicia impulsan a plataforma de formación experimental online Steambites

O Parque Tecnolóxico de Galicia e Atresmedia Formación puxeron en marcha a plataforma de formación experimental e a distancia Steambites. Nestes tempos de pandemia ofrece unha alternativa para os mozos que desexen aprender e experimentar en materia de ciencia e tecnoloxía.

Unha crema elaborada en Ourense, aliada para previr os contaxios

Ciencia e cosmética danse a man contra a covid-19, a través dun novo proxecto da empresa Glecex. Esta start-up biotecnolóxica ourensá, nacida en 2013, encárgase de prestar servizos avanzados a empresas do sector alimentario, farmacéutico e cosmético, ademais de asesorar en I+D+i a diversas corporacións. Nesta ocasión, e como parte do programa Connect-19, Glecex está en proceso de comercializar produtos cosméticos con compoñentes antivirais que actúen como inhibidores do virus.

Piden o uso de drons para detectar o maltrato animal

A Asociación Animalista Libera quere que o uso de drons, actualmente normalizado para a prevención de incendios durante o verán en Galicia, se estenda a outras loitas e contribúa a pór fin a unha das prácticas máis crueis e denigrantes que sofren os animais, «o encadenamento continuado».

A Xunta de Galicia aumenta o seu apoio á industria aeroespacial

Tras cinco anos de execución (2015-2020), a Civil UAVs, que conta co apoio do Ministerio de Ciencia e Innovación e do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) do Ministerio de Defensa, consolídase como unha iniciativa sen precedentes no ámbito da industria de drons e a tecnoloxía aeroespacial en España e en Europa, tras a publicación da Xunta das consultas ao mercado para o deseño de actuacións no período 2021-2025. O obxectivo é alcanzar un investimento público-privado similar, polo menos, á do período que agora conclúe: 164 millóns de euros.

Adolfo Domínguez lanza unha colección limitada cento por cento ourensá

O grupo Adolfo Domínguez lanzou a súa terceira colección limitada confeccionada ao “cento por cento” nos seus talleres de xastrería de Ourense, que está integrada por 186 pezas confeccionadas con liño europeo e que forma parte da nova aposta da firma galega pola sustentabilidade.

A compañía téxtil explica que a colección está “integramente elaborada” con liño europeo e baixo un procedemento zero waste, o que significa que se realiza mediante un sistema de patronaxe creativo que reduce a cero os refugallos durante o seu proceso de elaboración.

A vacina do CiQUS aposta pola administración vía nasal

Galicia podería converterse na comunidade española pioneira en lograr a vacina fronte ao coronavirus covid-19. En concreto, a investigación do grupo que dirixe José Manuel Martínez Costas no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS), en colaboración co grupo de Javier Ortego (CISA-INIA), avanza de maneira favorable en busca da inmunidade.

A USC e a UDC vólcanse na investigación contra o coronavirus

Nos meses da pandemia, as universidades galegas puxeron en marcha máis de 150 propostas de investigación na procura de solucións contra o coronavirus, e a maioría delas seguirán desenvolvéndose no curso 2020-21. As universidades, as facultades, os centros de investigación e os departamentos universitarios envorcáronse ante un desafío que ameaza o modo de vida da sociedade na que se desenvolve a comunidade científica.

O Cimus acadou no último ano os 24 millóns de euros para investigación sanitaria

O Centro de Investigación en Medicamento Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (Cimus) captou o ano pasado financiamento por 7,1 millóns de euros. Cos proxectos, contratos e convenios que mantiña en vigor de anos anteriores, alcanzou os 24,1 millóns de recursos para investigación sanitaria. A maioría desta cantidade (7,6 millóns, o 32 % do total) procede de 15 proxectos internacionais, conseguidos en convocatorias competitivas. Séguenlle 6,9 millóns (o 29 %) por 38 proxectos de convocatorias estatais; e 4,1 millóns por 14 proxectos autonómicos.

Páxinas