O Parque Tecnolóxico de Galicia e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), puxeron en marcha unha aceleradora de pemes especializada na comercialización de solucións contra o impacto da COVID-19. Neste programa, denominado Connect-19, van participar 20 pequenas e medianas empresas innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade. A esta iniciativa, á que se van destinar preto de 600.000 euros, presentáronse un total de 53 empresas galegas.
A covid-19 xerou nestes últimos meses unha alta demanda de novos materiais sanitarios cos que estar protexidos contra a pandemia. Ante esta situación diversas empresas ampliaron o seu abano produtivo converténdose en fabricantes de mamparas, pantallas e respiradores, entre outros.
Drons que estudan o viñedo e elaboran un mapa da cantidade de vexetación que hai en cada parte da parcela. Unha aplicación que, a partir dese mapa, deseña outro no que establece a cantidade de fitosanitario que se debe aplicar en cada parte da leira en función precisamente da vexetación que existe en cada lugar. E tractores que, de forma automática, interpretan todos eses datos e regulan eles sós a cantidade de produto que se debe aplicar en cada parte do viñedo.
A Xunta de Galicia resolveu a orde de axudas para a mellora de infraestruturas dos parques empresariais galegos, que beneficiarán a un total de 29 municipios -todos eles Concellos Emprendedores-, unha iniciativa enmarcada dentro da Lei de implantación empresarial e que ten como obxectivo contribuír á captación de investimentos para Galicia.
O grupo Adolfo Domínguez incrementou a rendibilidade e as vendas comparables un 30% no últimos catro exercicios, segundo o plan establecido, tal como destacou a nova presidenta executiva da compañía, Adriana Domínguez, ante os accionistas da firma de moda ourensá.
O sector forestal aspira a converterse nun dos motores da bioeconomía como aliado indiscutible do Green Deal que promove Bruxelas. Este Pacto Verde ten por obxectivo reducir as emisións de CO2 implicando aos diferentes sectores da economía.
Galicia incrementou por enriba do 200% as súas vendas en maio a Suecia e Malta, un total de 38,1 e 8,2 millóns de euros respectivamente, polo tirón dos produtos petrolíferos. E ata aí as subidas. Os dous mercados son pequenos grans de area no enorme deserto polo que transita o comercio exterior por culpa da crise global provocada polo coronavirus. O resto dos grandes destinos dos produtos fabricados na comunidade arroxan de novo grandes números vermellos, aínda que suavizados tras o desplome do 56,2% rexistrado en abril.
Investigadores do CSIC desenvolven un detector rápido de coronavirus para superficies de procesado de alimentos, un dispositivo de probas automatizadas que se instalará directamente nos centros de procesado e proporcionará resultados en menos dunha hora sen necesidade de instrumentación complexa ou persoal especializado.
O proxecto COVID-19 BAEMitup recibirá un financiamento de 792.000 euros da convocatoria para proxectos de innovación de resposta rápida á COVID-19 posta en marcha polo Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía.
Investigadores do Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI) do centro atlanTTic da UVigo desenvolveron unha aplicación gratuíta para dispositivos Android que facilita a comunicación de persoas con autismo na súa contorna laboral e que xa está dispoñible a través de Google Play. A solución foi seleccionada entre as ideas gañadoras da segunda convocatoria de axudas para investigación en tecnoloxías accesibles da Fundación Universia e Indra, que achegaron 24.000 euros.
Un proxecto liderado pola Universidade da Coruña (UDC) desenvolve unha ferramenta web que non só será capaz de monitorizar a evolución da pandemia senón que ademais poderá facer predicións sobre a mesma. A característica diferencial do proxecto, chamado ForeCoop, é que as predicións son en realidade metapredicións obtidas combinando as provenientes de diferentes modelos matemáticos e epidemiolóxicos que diariamente fornecen grupos de investigación de toda España.