A empresa de Tecnópole Ingeo -Investigación Geotérmica- é un dos socios participantes no Proxecto de xeofísica para xeotermia PIXIL, xunto ás firmas catalás ALB Sistemas e Quali Geotermia. Trátase dun proxecto integrado na súa maioría por académicos do sector xeofísico, cuxo obxectivo é a creación de tecnoloxía software para asistir nos traballos de xeotermia, en particular no relativo á fase de exploración, aínda que se podería ampliar a outras fases. O ámbito de actuación deste proxecto é principalmente a zona pirenaica.
En plena pandemia, as irmás Cristina e María Giraldo non atopaban mascarillas homologadas para nenos e que ademais fosen cómodas e aptas para a pel dos pequenos. Foi así como xurdiu a idea de fabricalas. E levaron a súa proposta á empresa de capital galego Gerifarma, dirixida por Javier López, quen achegou o seu coñecemento no campo farmacéutico e proporcionou o apoio financeiro e administrativo para poder levar a cabo o proxecto nun tempo marca.
Nesta “nova normalidade” na que todos volvemos máis ou menos ás nosas rutinas habituais de traballo e lecer, é importante que os lugares e establecementos nos que pasamos a maior parte do noso tempo estean preparados para garantir as medidas de seguridade e previr os contaxios covid. Cada vez é máis necesario ir un paso máis alá das máscaras e os xeles hidroalcólicos, que son imprescindibles, pero non suficientes cando por un local de compra ou unha zona de traballo pasan centos e miles de persoas ao día.
A Xunta deseñou unha aplicación que se poderá descargar no móbil e permitirá identificar o risco de contaxio de coronavirus e alertar aos contactos dun caso positivo. Esta app, que levará o nome de PassCovid, está a ensaiarse nun grupo reducido de voluntarios e se funciona correctamente estará dispoñible a partir de setembro tanto para o resto de galegos como para os viaxeiros que cheguen á comunidade.
O Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital adxudicou oito novos proxectos 5G por case 40 millóns de euros, dos que preto de 12 serán cofinanciados a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). 8.999.369 euros deses case 40 millóns irán destinados a dúas novas obras en territorio galego.
A primeira levarase a cabo na lonxa de Vigo, e consistirá nun sistema de control de acceso ao porto mediante esta tecnoloxía 5G, ademais dun sistema de vixilancia con drons con cámaras de moi alta resolución.
O Remdesivir, unha terapia experimental que empezou a desenvolverse en 2009 e púxose a proba con pacientes do ébola a mediados da década pasada, autorizouse para o coronavirus SARS-CoV-2 porque un ensaio clínico estadounidense mostrou que ese fármaco acurta o tempo de recuperación nalgúns pacientes.
O sector da aeronáutica galega afrontaba 2020 cunhas esperanzadoras previsións de crecemento da orde do 2% tanto en emprego como en facturación, pero a irrupción do coronavirus fixo que se esfumen por completo estas cifras. En empresas máis maduras indican que se paralizaron pedidos estranxeiros e que ata 2023 non se espera unha recuperación real do sector. Que ocorre no caso de startups e proxectos máis modestos que buscan un oco na aeronáutica galega?
Diferenciar quistes renais complexos benignos dos malignos para evitar operacións innecesarias. Ese é o obxectivo do prototipo que funciona con Intelixencia Artificial bautizado como Tatanka e desenvolto pola empresa tecnolóxica viguesa Sivsa no marco da súa estratexia de impulsar sistemas de apoio á decisión médica. O prototipo funciona con algoritmos deep learning e a través das imaxes dos TAC permitirá detectar se o quiste é benigno ou maligno cunha marxe de erro de menos do 10%.
Galicia será a sétima comunidade autónoma en canto a fondos captados do programa marco de I+D+i da Unión Europea, Horizon2020 (H2020), no período 2014-2019. Segundo o último informe publicado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, as entidades galegas captaron 135,6 millóns de euros a través de 132 entidades, pola participación en 321 actividades de investigación, desenvolvemento e innovación.
Medio centenar de aeroxeradores inaugurados hai 25 anos daban o pistoletazo de saída á carreira de Galicia por situarse como un punto xeográfico de referencia na xeración de enerxía eólica. O parque da Capelada, situado ao norte da provincia da Coruña, chegaba moito antes do desenvolvemento do potente plan de expansión de enerxías renovables de Endesa e nun momento no que a térmica das Pontes se atopaba en pleno rendemento. Desde ese parque de cincuenta aeroxeradores de 330 KW de potencia unitaria e cunha potencia conxunta de 16,5 MW, a carteira da compañía multiplicouse.