Xuño 2020

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Cinco dos vinte postos habilitados na uci-COVID do hospital de Ourense estiveron monitorizados con equipos cedidos por TECMEVA

TECMEVA -Tecnoloxías Médicas de Vangarda- é o Centro de Investigación en Novas Tecnoloxías Cirúrxicas Minimamente Invasivas do Parque Tecnolóxico de Galicia. No inicio da crise sanitaria provocada polo covid-19, o centro cedeu varios equipos médicos do seu Quirófano Avanzado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), que o hospital empregou para atender os pacientes ingresados na uci afectados polo virus.

Unha vacina desenvolta no CiQUS xa está lista para probarse en ratos

O equipo do CiQUS liderado polo investigador José Manuel Martínez Costas anunciou que o proxecto de procura dunha vacina fronte á covid-19, iniciado o pasado 15 de abril, avanza “positivamente”, e xa está preparado para “iniciar as probas experimentais en ratos no prazo de mes e medio, aproximadamente”. Cun método de traballo desenvolto polo propio centro e patentado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), puideron obter bos resultados en marxes de tempo reducidas (un prazo de tres a catro semanas a partir do momento en que se reciben os reactivos) e a baixo custo.

Mapas e drons: innovación nos campus contra a Covid-19

O coronavirus parece chegar para quedar. Descartada a inmunidade de grupo e mentres a carreira contra a vacina non alcance a súa meta haberá que buscar métodos que axuden á sociedade a convivir coa enfermidade e tratar de evitar rebrotes masivos. Os campus galegos comenzaron xa a buscar solucións innovadoras para a etapa que se bautizou como nova normalidade.

Respiradores ou medición de temperatura

Ademais dos proxectos dos campus, a Axencia Galega de Innovación financiará a seis pemes galegas. AMSlab desenvolverá unha ferramenta para a rápida e sinxela detección molecular in situ do SARS-CoV-2, sen requirimento de instrumentación; Setga traballará en cabinas esterilizadoras; Bionix Supplychain Technologies aposta por un respirador de baixo custo industrializable a escala, mentres que Técnicas de Soft avanzará nun respirador autónomo reutilizable.

Paredes que se autolimpan grazas a nanopartículas que reaccionan con luz

Contra os virus e xermes volátiles que rebotan, xurdiron as paredes e chans que se autolimpan. A empresa viguesa Merchant Union asinou un acordo para usar a patente americana do produto desinfectante de acción fotocatalítica PurifAir. Está á espera de obter os resultados do test microbiolóxicos oficiais para comercializalo. Trátase dunha nova solución para evitar contaxios de covid-19 e protexer doutros virus e bacterias. A idea, segundo explica o xerente de Merchant Union, Roque Varela de Limia, é obter un certificado de produto antibacteriano das autoridades sanitarias.

Nace unha nova spin-off da USC con aplicación para a saúde e investigación

Tras anos de traballo e investigación na área da microfluídica, a fotónica e a biotecnoloxía, acaba de constituírse como empresa BFlow, unha spin-off da USC e o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), que forma parte do BioIncubatech.

Trátase dunha iniciativa que foi posible grazas á colaboración dun equipo de socios promotores como María Aymerich, Maite Flores, Ezequiel Álvarez ou Alberto Pérez Muñuzuri, todos eles investigadores que foron imprescindibles para sacar adiante esta nova empresa, que estará dirixida por María Seoane.

O sector biotecnolóxico deseña xa a estratexia de Galicia para 2021-25

O sector biotecnolóxico de Galicia ponse mans á obra. Nos vindeiros meses deseñará a folla de ruta que definirá a Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía de Galicia 2021-2025, e que estará xa lista este outono e aplicarase desde o próximo 1 de xaneiro.

Destacouno nun webinar Carme Pampín, presidenta de Bioga, que é o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida, xunto ao conselleiro de Economía, Francisco Conde, e Patricia Argerey, directora de GAIN, que serviu como pistoletazo de saída para elaborar a Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía de Galicia 2021-2025.

A febre eólica impulsa máis de 2.500 MW e a aposta por megaparques en Galicia

O sector eólico de Galicia está a vivir unha segunda idade de ouro pola febre verde, equiparable só ao despegamento do vento como fonte de enerxía nos anos 90. Os proxectos multiplícanse. Mentres todo o mundo estaba pendente do coronavirus, a plataforma ambiental da Xunta abriu a porta a máis dunha trintena de parques que suman uns 1.000 megawatts (MW). E non son os únicos. Hai outros algo máis de 1.500 en xestión ante o Ministerio para la Transición Ecológica, encargado de revisar os proxectos que superan os 50 MW.

O téxtil acusa o descenso das exportación galegas

A caída das exportacións en Galicia en marzo deixa ao sector téxtil como “o máis afectado polo impacto da Covid-19”, segundo o Foro Económico de Galicia (FEG). Despois de que o comercio exterior caese en Galicia un 26,7% durante ese mes, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), o Foro subliñou como o “shock do confinamento esnaquizou os resultados positivos do primeiro trimestre” na Comunidade, sobre todo no téxtil.

O 60% das empresas quedaron atrás na dixitalización

A telefonía móbil segue a ser o servizo de telecomunicacións con maior implantación do mundo. Así o certifica o informe sobre La sociedad digital en España 2019, que fixo público a  Fundación Telefónica, a través dunha presentación online na que tomaron parte Pablo Gonzalo, responsable de Cultura Digital y Espacio Fundación Telefónica, e Carmen Morenés, directora xeral da entidade.

Páxinas