Amodo Soluciones é unha empresa galega especializada no desenvolvemento de software, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-. Deseñou unha aplicación móbil que permite aos usuarios coñecer os establecementos máis seguros en relación á COVID-19, a primeira app destas características en España.
Os parques científicos e tecnolóxicos españois seguen a medrar e a apostar polo investimento en I+D+i, ámbito que, aínda que está a sufrir grandes recortes orzamentarios, segue en alza na contorna dos parques, tal e como demostran as cifras presentadas por APTE na súa Asemblea Xeral.
A Xunta de Galicia vai poñer en marcha unha aceleradora de pemes innovadoras especializada na comercialización de solucións fronte á COVID-19. Na iniciativa Connect-19 poderán participar 20 pemes, que recibirán asesoramento individualizado, capacitación comercial e técnica e potenciarán a súa capacidade de captación de financiamento, fortalecendo así o seu acceso ao mercado.
Mutua Universal concedeu unha mención especial nos V Premios Innovación y Salud á Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao, na categoría Pemes, polas medidas tomadas en materia de seguridade laboral e respecto ao medio ambiente. O seu mapa de riscos foi o seleccionado porque "identifica os diferentes escenarios de emerxencia e as súas consecuencias na zona empresarial", sinalan desde o xurado.
A empresa Agroamb será a única aspirante galega aos Premios Europeos do Medio Ambiente á Empresa, concedidos pola Comisión Europea, e que subliñan o valor de aquelas firmas que combinan con éxito a viabilidade económica dos seus proxectos coa protección do medio ambiente. A compañía é candidata na categoría “Proceso”, que recoñece a aplicación de técnicas innovadoras que fagan unha aportación positiva no aspecto medioambiental e de sostibilidade aos procesos produtivos.
A empresa Aerocámaras e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) remataron xa o desenvolvemento de AeroCovid, un sistema de vixilancia baseado en intelixencia artificial (IA) que permite controlar o aforo nas praias e en calquera recinto.
Esta tecnoloxía, con drons de última xeración, prové información en tempo real sobre a cantidade de persoas nun espazo público determinado, así como a distancia entre elas.
O proxecto liderado desde Galicia para a creación dunha vacina contra o coronavirus SARS-CoV-2 avanza e consolídase. Acaba de recibir o apoio da Comisión Europea, a través da European Vaccine Initiativa, que se encargará de financiar os ensaios preclínicos en animais de laboratorio.
A Consellería de Sanidade retoma a convocatoria para a presentación de ofertas, por parte de empresas innovadoras e de novas tecnoloxías, a desenvolver no Living Lab do Hospital Universitario de Ourense. Ten como obxectivo conectar ao tecido produtivo e empresarial galego, dos sectores máis innovadores, co sistema sanitario público, coa finalidade de desenvolver conxuntamente iniciativas para mellorar a asistencia e a atención sanitaria aos cidadáns.
Búscase empresa do sector da alimentación con sede en Galicia que teña un produto innovador, un gran proxecto empresarial ou unha estratexia de mercado e internacionalización. Estas son as tres categorías que se recoñecen nos Premios Galicia Alimentación que, un ano máis, organiza o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga). A convocatoria deste ano xa se abriu e, ata o próximo 31 de xullo, poderán presentarse as candidaturas na web desta entidade.
España é o cuarto país da UE que maior progreso logrou en materia de competitividade dixital durante o último ano, segundo o Índice sobre Economía e Sociedade Dixitais (DESI) de 2020 presentado pola Comisión Europea. Os principais avances anotáronos Irlanda, Holanda, Malta e España, moi por encima da media.