O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- vai impulsar o primeiro campamento tecnolóxico de verán online de toda a comunidade, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. O T2W -Tecnópole Technological Workshops-, que ata o de agora era presencial, cumpre a súa oitava edición. As circunstancias derivadas da actual crise sanitaria levaron a redeseñar o seu desenvolvemento, adaptándoo á nova realidade que estamos a vivir.
A Xunta de Galicia, Adolfo Domínguez e Meifus Industrial colaboran para a fabricación de 15.000 pantallas protectoras fronte ao COVID-19, mediante a reciclaxe de perchas de madeira. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo unha videoconferencia con membros do CIS-Madeira e das compañías Adolfo Domínguez e Meifus Industrial, localizada en Mos (Pontevedra), así como co Polo de Innovación en Enxeñaría de Polímeros de Portugal para abordar este proxecto.
Pese ao parón forzado polas restricións do estado de alarma, a Xunta prevé finalizar as obras do enlace do polígono de San Cibrao das Viñas á autovía A-52 este verán, tal e como estaba previsto. Así o asegurou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, tras reunión por videoconferencia que mantivo co equipo responsable do proxecto, cuxa execución se retomou.
Baixo a coordinación da Universidade de Vigo e Asime, as empresas Coasa de Ourense, Ana Muñiz de Dodro, Transportes Dalot de Mos e Academia Pin Factory de Vigo, reorganizaron a súa produción para elaborar e distribuír de xeito solidario 1.000 batas para o persoal sanitario e asistencial.
A xove empresa ourensá Myboxexperience acumula nos seus cinco anos de vida decenas de proxectos de deseño mediante o uso de colectores reciclados como base construtiva, cos que realizaron postos feirais, piscinas e ata vivendas unifamiliares en toda España e infinidade de proxectos para marcas de primeiro nivel mundial, con deseños innovadores e acabados de alta gama.
Un novo proxecto do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) utiliza a computación e as técnicas de ciencia de datos para comprobar a eficacia das medidas de confinamento que se adoptaron para parar a propagación do Covid-19. Segundo o CSIC, os resultados van ser imprescindibles para mellorar as estratexias de distanciamento social que se tomen en futuros brotes desta enfermidade ou doutras futuras.
Empresas galegas comezaron a investigar tecidos para desenvolver máscaras reutilizables ante a escaseza de material de protección para evitar contaxios por covid-19 e urxen a que se habiliten vías para a súa homologación.
Mentres o Goberno central non descarta acabar recomendando a súa utilización ao conxunto da poboación e desde o Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades aconséllana en espazos pechados e concorridos, profesionais sanitarios acusan a súa falta, o que levou a desenvolver iniciativas para responder ao aumento da demanda.
A factoría de PSA Vigo e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) manteñen un acordo de colaboración coa empresa Bionix para o desenvolvemento e posible industrialización de equipos de respiración artificial.
Galicia non debe quedar atrás no traballo mundial na procura de vacinas ou fármacos contra o Covid-19. A Universidade de Santiago de Compostela (USC) daba a coñecer cinco proxectos de investigadores galegos que buscan sacar adiante un antídoto contra o SARS-CoV-2; ou ben xerar novos fármacos para facerlle fronte; axudar no desenvolvemento de tests de diagnóstico rápido e fiable; así como detectar e estudar mutacións do novo coronavirus.
“Estamos a tentar calcular na nosa plataforma bioinformática BioCAI que medicamentos xa existentes no mercado interaccionan coas proteínas das células ou co SARS-CoV-2 e actúan como barreira de bloqueo para que non poida infectalas e, como consecuencia, non poida replicarse: é o proceso máis rápido”.