Maio 2020

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O enorme éxito da convocatoria do primeiro campamento tecnolóxico online de Galicia, impulsado por Tecnópole, obriga a organizar unha segunda quenda

O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- promove o primeiro campamento tecnolóxico de verán online de toda a comunidade, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. O T2W -Tecnópole Technological Workshops-, que ata o de agora era presencial, cumpre a súa oitava edición.

A empresa Primux doa vinte ordenadores portátiles para os nenos de Xinzo de Limia

A empresa tecnolóxica Primux, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-, segue a colaborar cos centros educativos nesta situación de crise sanitaria. A finalidade é que o alumnado poida seguir cos seus estudos desde a casa.

A firma doou vinte ordenadores portátiles ao Concello ourensán de Xinzo de Limia. Así, os rapaces e rapazas que non dispoñen de ordenador poden realizar as súas tarefas escolares online.

Aerocámaras logra a primeira autorización para voar con drons no centro de Madrid

Aerocámaras converteuse o pasado 25 de abril na primeira empresa en voar drons no centro de Madrid. O motivo, unha rodaxe audiovisual con planos aéreos da capital en zonas como Gran Vía, Cibeles, Callao, las Cuatro Torres o Fuente Neptuno, entre outras.
 
Jaime Pereira, o responsable da compañía galega, foi o encargado de rodar estas escenas de edificios e rúas desertas; imaxes imposibles ata hai moi pouco tempo. De feito, voar drons para facer planos aéreos no centro de Madrid e arredores é algo case utópico.

Unha firma de San Cibrao deseña recambios para os respiradores artificiais da uci covid-19

Na engrenaxe que mantén en funcionamento os respiradores da uci covid-19 do CHUO está o selo dunha empresa asentada no polígono de San Cibrao. Sineldent pertence ao Grupo Phibo, unha compañía multinacional española especializada na dixitalización do sector dental. Ademais de estar presentes en Madrid e Barcelona, a provincia de Ourense acolle unha das súas tres fábricas, onde habitualmente se producen próteses bucais. Con todo, parte da súa produción pivotou estas últimas semanas cara á creación de conectores para os respiradores artificiais da unidade de críticos do hospital.

A aeronáutica galega confía a súa recuperación á I+D e a novos mercados

O sector aeronáutico galego innovará e traballará por abrir novos mercados que lle permitan sortear o impacto económico da crise sanitaria do coronavirus, pero iso non abondará sen unha intervención decidida das administracións públicas.

Un laboratorio 4.0 contra as infeccións

Galicia contará cunha plataforma tecnolóxica capaz de obter “diagnósticos microbiolóxicos fiables de calquera patoloxía infecciosa”; unha iniciativa que o Ministerio de Ciencia e Innovación autorizara xa antes da aparición do Covid-19 e que, precisamente, cobra agora “especial relevancia para diagnosticar o coronavirus e outros patóxenos”. Estará nos laboratorios do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), que visitou o titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.

Comezan os ensaios en animais do candidato español a vacina

Investigadores do Centro Nacional de Biotecnología (CNB), adscrito ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), inician os ensaios preclínicos con animais unha vez que xa obtiveron un candidato a vacina contra o coronavirus, segundo informa o Ministerio de Ciencia.
 
O grupo que lidera Mariano Esteban xunto a Juan García Arriaza está a desenvolver unha vacina baseada nunha modificación do virus usado na erradicación da varíola na década dos anos 70 do século XX.

Feijóo consulta ao tecido de Galicia para fabricar produtos sanitarios

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou en Silleda (Pontevedra) a empresa Arlit, dedicada á impresión en gran formato sobre distintos tipos de superficie e que, ante a actual situación, reorientou a súa actividade e empezou a producir pantallas protectoras faciais, das que xa entregou máis de 30.000 unidades ao Servizo Galego de Saúde (Sergas).

OK a Pharmamar para ensaiar Aplidin en enfermos de covid-19

Tres hospitais, ningún de Galicia xa que todos os elixidos son da Comunidad de Madrid, e 27 pacientes. A Agencia Española del Medicamento y Productos Sanitarios autorizou a Pharmamar a realizar o ensaio clínico Aplicov-PC con Aplidin -plitidepsina- para tratar a enfermos con covid-19.

Galicia prepara unha app para localizar contactos de posibles casos de Covid-19

 

Galicia traballa no desenvolvemento dunha aplicación móbil propia (app) para controlar a pandemia de coronavirus e contribuír a rastrexar os contactos de posibles infectados, que serán alertados da necesidade de illarse por un centro de teleoperadores creado ad hoc pola Xunta, aínda que esta non especificou canto persoal dedicará a esta tarefa nin se se está a realizar agora.

Páxinas