Febreiro 2020

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España pon en marcha unha plataforma de formación online

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) puxo en marcha unha plataforma de formación online, APTEFORMA, con contidos para fomentar o coñecemento das tecnoloxías disruptivas entre os traballadores das empresas e entidades situadas nos parques científicos e tecnolóxicos membros de APTE.  

Yamaha Motor España volve confiar no Grupo de Tecnoloxías Enerxéticas para a formación do seu persoal

Tras unha primeira experiencia máis que positiva, os responsables da firma Yamaha Motor España volven confiar no Grupo de Tecnoloxías Enerxéticas da Universidade de Vigo para a formación do seu persoal, e fano coa celebración dunha segunda edición dun curso dirixido a dar a coñecer as ferramentas máis modernas de diagnose de avarías nos últimos modelos de motos acuáticas lanzadas ao mercado por esta marca.

O Clúster Alimentario de Galicia presenta a súa primeira convocatoria de consolidación

O Clúster Alimentario de Galicia presentou a súa primeira convocatoria do BFFood de consolidación. Está pensada para empresas xa constituídas, con polo menos seis anos de antigüidade, cun produto ou servizo definido e primeiras vendas xa realizadas e que estea aliñada con algún dos retos que busca resolver o sector agroalimentario. O prazo de presentación de solicitudes termina o vindeiro 31 de marzo. 

A produtividade da industria do automóbil crecerá en máis de 145 millóns

A industria do automóbil mundial prevé aumentar o seu investimento en fábricas que aproveitan as tecnoloxías dixitais (fábricas intelixentes) para mellorar a súa produtividade en máis de 145 millóns de euros, segundo o Instituto de Investigación de Capgemini. 

O estudo, que seguiu o proceso de adopción da fábrica intelixente durante 2019 por fabricantes de vehículos e provedores, destaca que o sector espera incrementar un 60% (1,35 puntos porcentuais) o investimento destinado ao despregue destes centros en tres anos. 

Airus, a solución galega que xestiona o espazo aéreo para drons

O Instituto Tecnolóxico da Coruña (ITG) e a empresa Everis Aeroespacial, Defensa e Seguridad (Everis ADS) lanzaron AIRUS, a unidade Mixta que pretende automatizar a xestión integral do espazo aéreo que van a ocupar os drons en voo.

Trátase dunha solución tecnolóxica para controlar aos drons pois "a xestión do tráfico aéreo é un problema que aínda está por resolver" e dependerá tamén da regulación que se está elaborando, explicou o vicepresidente executivo de Everis, Juan Bosco, este mércores na presentación da Unidade.

A industria agroalimentaria galega, madriña dos máis innovadores

Imaxínanse un alimento que, ademais de todas as súas propiedades nutritivas axude a previr ou a curar unha enfermidade autoinmune? Ou poder poñer fin á escaseza de terras mediante diferentes técnicas de cultivo que permiten sacar adiante producións en espazos reducidos? A industria do futuro xa está aquí e o sector agroalimentario galego non é alleo a ela. Todo o contrario.

O maná dos teléfonos móbiles está nas escombreiras da mina da Penouta

Hai vida máis alá das galerías na mina da Penouta, en Viana do Bolo. O recinto, explotado pola empresa Strategic Minerals, foi o campo de probas do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) durante o último ano, nun proxecto conxunto coa propietaria das instalacións enfocado a recuperar estaño das escombreiras e extraer, da escoria resultante, dous dos metais máis apreciados pola industria tecnolóxica: o niobio e o tántalo. Da súa combinación resulta o coñecido como coltán, clave para a fabricación de teléfonos móbiles. 

Institucións galegas e lusas alíanse para ser referentes en Biotecnoloxía Mariña

O edificio Miralles da UVigo foi o escenario para a presentación da posta en marcha do Laboratorio Transfronteirizo de Biotecnoloxía Mariña, un proxecto en rede que busca a excelencia neste campo grazas á colaboración entre institucións e organismos galegos e portugueses. Esta iniciativa, denominada BlueBioLab e liderada polo Campus do Mar, nace como unha posta en común das infraestruturas existentes en Galicia e o norte de Portugal.

Ziacom venderá un biomaterial óseo que deseñou a UVigo

A Universidade de Vigo e a multinacional médica Ziacom asinaron un acordo que permitirá á empresa española comercializar un biomaterial para rexeneración ósea deseñado ao amparo do proxecto Biofast, impulsado polo Grupo de Novos Materiais, liderado polo catedrático Pío González. 

Un "atlas celular" con selo galego

A compañía galega Bahía Software, especializada en servizos TI e integración de solucións tecnolóxicas, forma parte do consorcio internacional Huter, que ten como obxecto a creación dun mapa celular do útero humano para comprender, célula a célula, todas as relacións e cambios xenéticos e proteómicos, incluíndo información espacial, involucrados neste importante órgano. Huter é un dos 6 proxectos piloto da iniciativa global "Human Cell Altas", cuxo fin é o desenvolvemento dun mapa celular completo de todo o corpo humano, grazas á innovación e as novas tecnoloxías. 

Páxinas