Decembro 2019

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Galiciencia explorará en 2020 a innovación do futuro

A feira científica de referencia en Galicia, Galiciencia, xa ten temática para 2020: a innovación do futuro. A súa décimo quinta edición celebrarase entre os días 6 e 8 de maio en Tecnópole, grazas ao apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O prazo de recepción de proxectos abrirase no mes de xaneiro e como vén sendo habitual nos últimos anos habilitarase unha sección especial para os que exploren solucións científicas e innovadoras no ámbito do tema central da feira.

Xesol Innovation busca 100 testers do seu sistema de axuda á condución para as probas que realizará en Tecnópole

Xesol Innovation acaba de lanzar o convite para que 100 persoas acudan o próximo mes de febreiro a Tecnópole a probar o seu sistema de axuda á condución integrado. Este dispositivo foi presentado a nivel mundial no Parque Tecnolóxico de Galicia en decembro de 2016 e dende entón foi perfeccionado de forma continuada.

A empresa tecnolóxica galega busca así obter retroacción por parte dun grupo de usuarios de perfís variados para coñecer a súa experiencia co asistente de condución intelixente.

O prototipo do primeiro robot doméstico galego para persoas maiores estará listo nun ano

O consorcio galego que porá no mercado o primeiro robot doméstico para prolongar a autonomía e independencia dos maiores nos seus fogares terá listo o seu primeiro prototipo a finais de 2020.

Ao longo deste ano, os responsables do proxecto NETA V3A traballaron no seu deseño visual e morfolóxico, as interfaces software e os módulos de interacción por voz que permitirán aos usuarios acceder ás funcionalidades tanto en galego como en castelán.

Un revolucionario material de construción baixará un 61% o recibo enerxético

Os paneis e ladrillos de "HyperIN", que ademais son doados de manexar, ten baixo custo e fabrícanse con palla de arroz sen xerar emisións de C02, usaranse en breve para obras de residencias unifamiliares, centros comerciais e naves industriais en España, Alemaña, EE.UU., Exipto, Portugal, Colombia e Nixeria.

Wawa Laptop, un ordenador ecolóxico, feito de madeira que asegura durar 10 anos

Mentres que o negocio das novas tecnoloxías pasa por que os aparatos que nos acompañan sexan renovados cantas veces sexa posible, unha familia de emprendedores en Perú apostou por crear un ordenador portátil ecolóxico, de baixo custo, feito de madeira e deseñado para durar de 10 a 15 anos.

Trátase de Wawa Laptop, unha innovación desenvolvida por unha familia de profesionais que decidiu unir o deseño ecolóxico co software libre para crear un portátil que teña un fin social: "Levar novas tecnoloxías ata os lugares máis recónditos do país".

Nike patenta unhas zapatillas baseadas en blockchain

Se quedaches coa idea de que blockchain é simplemente a tecnoloxía que fixo posible bitcoin, quédache moito por aprender. A marca deportiva Nike patentou a idea dunhas zapatillas compatibles coa cadea de bloques, que bautizou como CryptoKicks. Con esta iniciativa, a compañía busca combater as falsificacións, pero tamén pretende conseguir una maior implicación dos seus clientes coa marca e podería servirlle de axuda no deseño creativo de novos modelos.

Así será a enerxía do futuro: biopilas para o almacenamento biolóxico

A busca de fontes de enerxía sostible é un dos grandes retos da nosa sociedade. E se falamos de saúde aínda máis. O Instituto Tecnolóxico da Enerxía (Ite) está a traballar no desenvolvemento de sistemas de almacenamento de enerxía biolóxicos que permitan alimentar dispositivos médicos sen empregar outra enerxía que a propia que xera o corpo humano. O proxecto BioSenseCell permite desenvolver biopilas, dispositivos que conseguen a enerxía do propio organismo humano.

O lapis español que mide a dor do paciente

¿Canto mide a dor? Esta sensación de molestia é iso, unha impresión que non pode ser cuantificada, ¿ou si? Con esta pregunta en mente, a startup asturiana UPintelligence iniciou unha investigación que culminou co lanzamento dun lapis para obxectivar a dor do paciente e axudar ao profesional médico na súa avaliación.

Un proxecto do programa Incuvi-Avanza da Universidade de Vigo trasládase ao CITI para crecer

En 2018, o graduado da Universidade de Vigo Santiago Rúa comezou a traballar para facer realidade o seu soño desde que era neno de ter a súa propia tenda de roupa de baloncesto. Fíxoo creando o proxecto empresarial Last Pick baixo o programa Incuvi-Emprende da Universidade de Vigo.

A innovación dixital alíase coas pemes galegas a través dos hubs

Dous novos hubs de innovación dixital ofrecerán ao tecido empresarial de Galicia un catálogo de servizos e recursos co que impulsar a súa transformación tecnolóxica.

Con esta iniciativa, que se porá en funcionamento o ano que vén, a Xunta favorece o desenvolvemento dixital das pequenas e medianas empresas. Unha nova medida coa que conseguir que as pemes ganen en competitividade e poidan atraer talento á comunidade.

Páxinas