Outubro 2019

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Máis de 150 de escolares aprenden en Tecnópole que as profesións científico-tecnolóxicas son para todas e todos

Máis de 150 escolares pasarán ao longo deste mes polo Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole para participar nas tres xornadas de impulso das vocación científicas e tecnolóxicas entre as rapazas. A semana pasada tivo lugar a primeira delas, que reuniu medio centenar de estudantes do Colexio Maristas de Ourense.

Akunatura organiza un curso sobre mantemento hixiénico-sanitario de instalacións de risco fronte á legionella

A empresa Akunatura, instalada no Laboratorio de Biotecnoloxía de Tecnópole, organiza a finais deste mes un curso sobre mantemento hixiénico-sanitario de instalacións de risco fronte á legionella.

O curso diríxese ao persoal encargado do mantemento hixiénico-sanitario de instalacións sensibles, co obxectivo de que poidan tomar as medidas de prevención e control ante o risco de infección por legionella. Ademais, adestraráselles nos protocolos de actuación específicos en función do tipo de instalación.

O sector agroalimentario galego mira á terceira idade

Din as estatísticas que no ano 2050 o 40% da poboación española terá máis de 65 anos. E, a pesar de que en todo o mundo se lanzaron nos últimos exercicios máis de dous mil produtos destinados ao público sénior, só o 1% corresponde a industrias do noso país.

Con estas cifras na man, o Clúster Alimentario de Galicia decidiu, hai uns anos, poñer en marcha o proxecto europeo Nutriage. Tratábase de elaborar unha guía para dar información aos centros tecnolóxicos e empresas galegas para que se incorporasen a este mercado.

A Xunta abre unha nova convocatoria para seleccionar novos proxectos para a aceleradora BFAero

A aceleradora Business Factory Aero, que forma parte do Polo Aeroespacial de Galicia impulsado a través da Civil UAVs Initiative da Xunta de Galicia, lanzou a súa segunda convocatoria para captar talento e seleccionar seis novos proxectos innovadores con drons e vehículos non tripulados.

O xel que axudará a loitar contra os incendios forestais

Unha xelatina inocua para a vexetación e cun efecto de retardo contra o lume foi probada con éxito e promete ser unha importante ferramenta na prevención de incendios forestais en California.

"Isto ten o potencial de facer a loita contra os incendios forestais moito máis proactiva en lugar de reactiva", sinalou ao presentar os resultados Eric Appel, autor principal do estudo e profesor asistente de Ciencia de Materiais e Enxeñería da Universidade de Stanford.

UPS poderá operar a primeira frota de drons de mensaxería en Estados Unidos

A compañía de mensaxería UPS anunciou a semana pasada que obtivo a primeira autorización completa para operar unha frota de drons en Estados Unidos. A empresa explicou nun comunicado que usará inicialmente este permiso para expandir o seu servizo de entregas a hospitais e explorar posibilidades noutros sectores.

Só o 22% dos europeos optaría polas criptomoedas se desaparecese o efectivo

A asimilación das criptomoedas como método de pago por parte da poboación europea aínda está afastada. Aínda que a curiosidade e a información sobre as moedas dixitais aumentaron no Vello Continente, o costume impulsa a confiar no que xa se coñece, polo que unha hipotética substitución do diñeiro en efectivo polo virtual non contaría co favor dos usuarios.

Novos materiais para ventás intelixentes ou "smart windows"

Na Unidade de Materiais Porosos avanzados do Instituto IMDEA Enerxía (Móstoles, Madrid) desenvólvense novos materiais para ventás intelixentes ou "smart windows".

A nova xeración de robots terá mans máis humanas

Hai 32 anos, cando os ordenadores só estaban ao alcance duns poucos, un grupo de mozos afanábase, nun ático londiniense, en construír un robot que puidese camiñar. O seu esforzo fíxose anacos cando a compañía Honda anunciou a creación do robot Asimo, o primeiro androide do mundo que andaba.

Lonxe de afundirse, os mozos decidiron reorientar o seu traballo cara a unha parte do corpo menos desexada polos enxeñeiros, pero moi complexa: as mans. Propuxéronse crear mans robóticas que imitasen á perfección ás humanas.

A innovación véndese primeiro na casa: sen o apoio dos empregados o cambio é imposible

A innovación está de moda. Na era da transformación dixital, das empresas exponenciais ou dos modelos disruptivos, organizacións de todos os tamaños e sectores emprenderon o camiño da innovación como un dos seus grandes vectores de crecemento.

As compañías afánanse en sacar ao mercado novos produtos e servizos, por anticiparse aos seus competidores e ata aos seus propios clientes con propostas rompedoras, e non dubidan en atacar sen rubor novos segmentos de actividade que en ocasións parece situarse nas antípodas do seu negocio tradicional.

Páxinas