Agosto 2019

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Excelia convértese en partner de Dixtior en España

Excelia, empresa tecnolóxica con sede en Tecnópole, e Dixtior, referente na vinculación de solucións tecnolóxicas ao ámbito financeiro, anunciaron o seu acordo de partnership.

As solucións de Dixtior céntranse nas áreas de governance, risk management e compliance, contribuíndo a unha xestión empresarial integrada a través de tecnoloxías innovadoras de última xeración.

A economía circular recruta a metade das empresas galegas

Galicia segue os pasos de Europa e achanda o terreo para a economía circular. Tres de cada catro empresas da comunidade ven neste sistema a solución aos seus problemas ambientais, e máis da metade delas están dispostas a implementalo nas súas actividades.

A economía circular baséase no aproveitamento de recursos e a redución dos residuos para eliminar os efectos ambientais dos procesos de produción das empresas.

O salón InnovAtlántico 4.0 traerá a Vigo en outubro as principais tendencias en industria intelixente

Os próximos 10 e 11 de outubro celebrarase a primeira edición de InnovAtlántico 4.0, un salón que nace coa vocación de converterse nun referente no norte da península ibérica para os sectores relacionados coa innovación, as novas tecnoloxías ou a robótica.

O evento diríxese a empresas, institucións e centros de coñecemento en áreas como, a industria 4.0, as tecnoloxías para a saúde, a robótica, os drons, portos 4.0, a industria aeroespacial ou a intelixencia artificial.

O despegue definitivo do Internet das Cousas

As empresas españolas enfróntanse ao reto de aproveitar as oportunidades que brinda o Internet das Cousas (IoT polas súas siglas en inglés), é dicir, un ámbito no que os obxectos poden conectarse a Internet para recoller, enviar e recibir datos. No ámbito empresarial, os beneficios centráronse principalmente nunha maior produtividade, automatización de procesos e redución de custos de mantemento.

Presentado o informe "IoT Signals", un estudo completo sobre a situación actual do Internet das Cousas

Microsoft Corp. publicou "IoT Signals" (https://azure.microsoft.com/es-es/iot/signals/), un novo informe que proporciona unha visión global sobre a situación do Internet das Cousas na actualidade.

Tecnalia desenvolve o primeiro aerotaxi para desprazarse nas cidades de forma autónoma

A mobilidade urbana do futuro ten os seus ollos postos no ceo. E é que está previsto que, ao longo da próxima década, existan vehículos voando en cidades de todo o mundo, como alternativa ao transporte terrestre. De feito, estímase que en 2035 o negocio do "air taxi" alcance os 32.000 millóns de euros, segundo un estudo de Porsche Consulting.

A fabricación 3D chega á industria

A fabricación aditiva ou 3D é un dos piares nos que se apoia a Cuarta Revolución Industrial, que promete transformar radicalmente a organización dos medios de produción e a forma de traballar nas factorías. Se ben non se trata dunha tecnoloxía nova, a impresión 3D leva xa varias décadas entre nós e nos últimos anos experimentou un importante salto grazas ao desenvolvemento do software e a evolución do hardware.

A UPV e Testea Pádel inauguran o primeiro laboratorio español con tecnoloxía para a calibración de pas de pádel

¿Canto nos vai durar unha pa de pádel? ¿Que potencia me achega? ¿É máis axeitada unha ou outra? ¿Por que? A partir de agora, todas estas preguntas terán unha resposta clara para os miles de xogadores de pádel que existen en España. O Instituto de Automática e Informática Industrial (Instituto ai2) da Universitat Politècnica de València (UPV) e a empresa Testea Pádel inauguraron o primeiro laboratorio de España con tecnoloxía para a calibración de pas de pádel e presentaron o primeiro sistema de validación dos parámetros de calidade desta ferramenta deportiva.

Xesol Innovación posiciónase entre as finalistas do certame internacional South Summit

Xa se coñecen as cen iniciativas finalistas da competición de South Summit 2019, entre as que figura a empresa Xesol Innovación, con sede en Tecnópole. O centenar de proxectos destacados foi elixido entre os máis de 3700 que se presentaron a esta edición, procedentes de países como Estados Unidos, Colombia, Israel, India ou Reino Unido.

Galicia creou o 12,5% das biotech españolas en 2018

O informe Asebio, elaborado pola Asociación Española de Bioempresas a partir de datos do BORME, mostra que Galicia conta cun ecosistema biotech propio e propicio para o nacemento e desenvolvemento de novos proxectos empresariais vinculados ao sector das ciencias da vida. Co 12,% do total de empresas biotech nacidas en 2018, Galicia colócase como a terceira comunidade que máis empresas xerou durante o exercicio pasado, só superada por País Vasco (dez firmas) e Cataluña (nove compañías).

Páxinas