A plataforma de micro-aforro Coinscrap, fundada en 2017 pola empresa de Tecnópole TxStockData, pechou unha rolda de financiamento de 180.000 euros na que participaron Indexa Capital, Fernando Cabelo-Astolfi (Aplazame) e BBooster Ventures. Esta startup de orixe galega liderada por David Conde, Óscar Barba e Juan Carlos López ofrece unha plataforma para a planificación das finanzas persoais a través de regras de aforro automáticas e dos principios da economía conductual.
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou a piscina de Tecnópole, reaberta desde o mes pasado en horario de 12.00 a 21.00 horas. Díaz Mouteira, que estivo acompañada do xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Santiago Álvarez, comprobou as obras de reparación, acondicionamento e reestruturación executadas antes da súa reapertura.
O vehículo autónomo fabricado por PSA e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) marcou un novo fito ao superar con éxito as probas de condución en condicións reais nunha contorna urbana.
Se en 2015 o primeiro prototipo sen condutor de PSA logrou cubrir o tramo Vigo-Madrid por autovías e chegar san e salvo a destino, hai uns días un novo vehículo piloto (un Citroën C4 Spacetourer fabricado en Vigo e revestido de cámaras e sensores polo CTAG) superou a proba de lume en plena Gran Vía de Vigo e en hora punta, pasado o mediodía.
Carne, ovos, produtos elaborados con castañas, marmeladas, hortalizas, froitas... Galicia ten produtos dunha gran calidade que, agora cada vez máis, botan man do packaging para lograr un mellor posicionamento no mercado. O envase conta. E moito. A cuestión é cal elixir nun momento no que o plástico non reciclable ten os días contados.
A UE acordou prohibir os plásticos dun só uso no 2021, un horizonte que a industria agroalimentaria non ve tan afastado.
Unha aplicación móbil de recoñecemento facial, un sistema para a identificación de públicos ou a explotación da realidade virtual foron algunhas das propostas que se puideron ver na xornada tecnolóxica Demo Day, que organizaron a empresa de telecomunicación R e a axencia autonómica Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica) na Cidade da Cultura.
Investigadores da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía Rei Abdalá de Thuwal, en Arabia Saudita, lograron combinar nun único dispositivo a purificación de auga e a produción eléctrica con paneis solares. Os detalles da innovación publicáronse no último número da revista Nature Communications.
Richard Branson convida a cincuenta emprendedores a Necker Island co obxectivo de xerar sinerxías que axuden a construír un mundo mellor. Entre os invitados só había un español, Carlos Ferrando.
Segundo os expertos, no futuro non se requirirá a presentación física dun medio ou dispositivo algún á hora de realizar un pago. O uso da biometría comeza a explotarse.
Nin Facebook, nin Tuenti, nin Fotolog. A primeira rede social da historia foi SixDegrees, unha plataforma que xa en 1997 permitía aos usuarios crearse un perfil e conectar con algúns amigos. De feito, o nome fai referencia á teoría de que calquera ser humano está conectado a outro do planeta por 6 coñecidos. SixDegrees pechou, e moito evolucionou o mundo do social media desde entón.
A Galiciencia vén de ser seleccionada finalista entre as dez solucións máis inspiradoras do mundo pola Asociación Internacional de Parques Científicos e Tecnolóxicos (IASP). A feira científica de referencia en Galicia é organizada anualmente por Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (Fecyt).