Marzo 2019

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O proxecto "Baby safety" de Aulas Tecnópole segue acumulando premios en feiras de ciencia estatais

O proxecto "Baby safety", desenvolvido nas Aulas Tecnópole por Iria Ollero, segue acumulando premios en feiras de ciencia estatais. Tras ser recoñecido na Exporecerca catalá como o favorito entre os participantes, a pasada fin de semana fíxose co primeiro premio nos Premios Don Bosco, en Zaragoza.

Ademais, Iria gañara tamén con este proxecto en 2018 o primeiro premio na feira Open Science de Cambre (A Coruña) na categoría de Bacharelato, o que lle permitiu levar o seu innovador dispositivo á ZienziaAtzoca, celebrada en Euskadi.

Coasa cualificou 36 persoas no seu centro de aeronáutica

O centro de formación da empresa ourensá Coasa especializado en aeronáutica formou 36 persoas dende o mes de novembro. Doce alumnos están a participar na terceira unidade formativa para desempregados e 24 persoas xa recibiron unha cualificación. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou en Tecnópole as instalacións deste centro de formación que Coasa abriu en outubro e onde se desenvolve esta iniciativa autonómica de formación nas empresas.

CIS-Madeira e Universidade de Vigo fomentarán a utilización de granito e madeira na construción

A Xunta -a través do CIS Madeira-, a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito e a Universidade de Vigo asinaron un acordo marco para a utilización de madeira e pedra natural nas infraestruturas da institución viguesa.

O convenio busca o desenvolvemento e o emprego de novos tratamentos e materiais de madeira, pedra natural e novas técnicas construtivas. Ademais de promover o uso de produtos autóctonos, o obxectivo final é contribuír á innovación, a competitividade e a internacionalización das empresas galegas.

As 10 tecnoloxías máis innovadoras do 2019 segundo Bill Gates

Mans biónicas máis precisas, sondas intestinais ou electrocardiograma portátil. Estas son algunhas das predicións tecnolóxicas elaboradas por Bill Gates, fundador de Microsoft e empresario estadounidense, e que considera que xa están suficientemente maduras para poñerse en marcha e, de paso, "cambiar o mundo" para mellor.

Os materiais que son illantes e condutores á vez, premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento

Os físicos estadounidenses Charles Kane e Eugene Mele descubriron os illantes topolóxicos, "unha nova clase de materiais con propiedades extraordinarias". Estaban aí, na natureza, pero ata que Chales Kane e Eugene Mele os descubriron a ninguén se lle ocorrera poñerse a buscalos.

Estes dous físicos estadounidenses son os "pais" dos illantes topolóxicos, unha nova clase de materiais con propiedades electrónicas extraordinarias. Tanto, que se comportan como condutores na súa superficie, pero como illantes no seu interior.

Deseñando o cinto de seguridade do futuro

¿En que se parecen os interiores dun coche de 1970 e de 2019? A resposta é "na forma do volante". Se nos fixamos con detalle no habitáculo -cada vez máis personalizable e tecnolóxico- e nos sistemas de seguridade pasiva, como o cinto de seguridade ou o airbag, cambiou todo, aínda que aínda hai aspectos nos que mellorar.

¿Por que son atractivos os matemáticos para as empresas?

Poden predicir a chegada dun tsunami á costa antes de que aconteza, calcular o risco de sufrir un ataque terrorista, crear os algoritmos para que un robot poida manter unha conversación, facer prognósticos ao minuto sobre o prezo que alcanzará o petróleo e saber como se propagará unha epidemia de gripe para poñerlle freo.

¿Como saber canto vale a miña start-up?

¿Canto vale a miña start-up? É a gran pregunta á que se enfrontan os emprendedores cando saen en busca de financiamento para o seu proxecto. Tamén o principal rompedeiro de cabeza para os investidores, que han de afinar a valoración dunha empresa sen case métricas fiables sobre o seu negocio e mesmo nalgúns casos sen facturación.

Máis cerca da economía circular: transforman residuos de macroalgas nun material altamente enerxético

O ágar ou ágar-ágar é unha substancia xelatinosa obtida da parede celular de varias especies de algas dos xéneros Gelidium, Euchema e Gracilaria que se utiliza como soporte de cultivo en microbioloxía, para o crecemento de bacterias, fungos e virus bacteriófagos e tamén como xelificante na industria alimentaria. A súa produción industrial, non obstante, leva consigo a xeración dun elevado número de residuos en forma de macroalga que, ata o día de hoxe, non teñen aplicacións coñecidas.

As empresas igualitarias son sete veces máis innovadoras que o resto

As mulleres importan. Así o defende a consultora Accenture. Con motivo do 8-M, a consultora elaborou o informe que anualmente realiza co fin de demostralo. E esta vez puxo o foco na innovación para concluír que as empresas máis igualitarias son tamén as máis creativas.

Páxinas