Febreiro 2019

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Tecnópole e CHUO inician unha nova liña de colaboración para a formación de facultativos en TECMEVA

Parque Tecnolóxico de Galicia e Hospital Universitario de Ourense (CHUO) inician unha nova liña de colaboración que permitirá desenvolver unha programación continuada de formación biomédica avanzada, con sede no Centro de Novas Tecnoloxías Cirúrxicas Minimamente Invasivas (Tecmeva) situado en Tecnópole.

Os parques científicos e tecnolóxicos ultiman en Transfire a súa grande aposta polo blockchain

O grande encontro español sobre I+D+i concluíu a semana pasada a súa oitava edición cun balance máis que positivo para a Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), que acudiu acompañada de 27 parques procedentes de 12 comunidades autónomas, entre os que se atopaba Tecnópole.

A viguesa Kendra deseña unha app de realidade aumentada para novos procesos nas fábricas que está nos primeiros postos de descargas

A realidade aumentada, virtual e mixta ofrecen á industria un enorme abano de posibilidades, cuxa aplicación en Galicia é aínda incipiente. E neste campo acaban de aparecer tres enxeñeiros de Vigo, fundadores de Kendra, que deseñaron un videoxogo para "evanxelizar" á parroquia empresarial. Aquela aplicación, Fold the Flock, foi seleccionada por Apple e permite xa o modo multixogador. "Estamos moi orgullosos do que conseguimos".

O Fondo de Emprendedores de Repsol volve para facer da transición enerxética un exercicio de sustentabilidade

Corenta e oito startups aceleradas ata a data -que conseguiron máis de 20 millóns de euros en investimento e financiamento-, máis dun centenar de patentes rexistradas, 2700 propostas recibidas... Fundación Repsol, a través do seu Fondo de Emprendedores, volve á carga cunha nova convocatoria dunha iniciativa que se converteu en todo un clásico do apoio ao emprendemento. En 2018 dezaseis das vinte startups que máis diñeiro levantaron en España (no sector de enerxía e mobilidade) pasaron polo Fondo de Emprendedores de Fundación Resol.

Os retos da automoción en 2019, segundo Trive

A aparición dos novos modelos de mobilidade, os cambios lexislativos e a incerteza en torno ao futuro dos carburantes está a influír directamente na decisión de compra de coches en propiedade. O sector automoción enfróntase a un complexo panorama en forma dunha suma de diferentes escenarios de mobilidade, que o obriga a afrontar unha renovación importante e urxente en busca dunha necesaria convivencia e adaptación aos novos tempos.

Os novos materiais do CSIC son premiados na maior feira de nanotecnoloxía do mundo

Os novos materiais presentados polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) na feira NanoTech de Tokyo, a maior feira de nanotecnoloxía do mundo, son os que espertaron maior interese neste evento internacional.

As empresas sanitarias piden reducir as barreiras de acceso á innovación médica

A innovación é un dos factores clave para o progreso do sistema sanitario español, se ben, as grandes multinacionais do sector advirten de que as trabas fiscais e a inseguridade xurídica que rodean este negocio danan a competitividade do noso país e poñen en risco a rendibilidade do sistema actual. Esta é unha das principais conclusións do I Foro de Sanidade organizado por elEconomista e patrocinado por GSK e HLA Grupo Hospitalario, pertencente ao Grupo Asisa.

Investigan a transformación de residuos en materiais de construción

Os residuos provenientes da agricultura e a silvicultura percíbense cada vez máis como unha fonte útil para a produción de combustibles ou produtos químicos limpos sustentables e alcanzables de gran valor. Para materializar todo o potencial da biomasa non comestible baseada na celulosa e dos residuos agrícolas como unha alternativa hipocarbónica aos combustibles fósiles é fundamental avaliar a súa prevalencia.

Crean un robot que sabe que é un robot sen que llo digan

"Penso logo existo", dicía Descartes. Os seres humanos temos unha grande autoconciencia. Somos capaces de imaxinarnos a nós mesmos, proxectarnos en escenarios futuros e aprender revisando experiencias pasadas e reflexionando sobre o que saíu ben ou mal. A maioría dos robots, en cambio, aínda non saben sequera que é o que son. Teñen que utilizar modelos proporcionados por humanos, ou aprender mediante probas e erros laboriosos que requiren moito tempo.

APTE conecta as ofertas e demandas de colaboración entre empresas e entidades dos parques tecnolóxicos españois

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) acaba de poñer en marcha un servizo online de intercambio de ofertas e demandas de colaboración procedentes de empresas e entidades situadas nos parques científicos e tecnolóxicos e na súa contorna.

Páxinas