Novembro 2018

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Os expertos destacan o papel revolucionario de blockchain no desenvolvemento dos negocios cara ao futuro

O blockchain está chamado a revolucionar o desenvolvemento dos negocios cara ao futuro, cun sistema baseado nas chamadas criptomoedas no que a dinámica financeira se transforma radicalmente. Esta foi a mensaxe principal trasladada polo avogado experto na materia Juan Carlos Rodríguez Maseda aos asistentes ao almorzo tecnolóxico celebrado en Tecnópole.

Akunatura organiza un curso sobre a nova norma de requisitos xerais para a competencia de laboratorios de ensaio e calibración

A empresa Akunatura, situada en Tecnópole, organiza un curso de 12 horas de duración os próximos 3 e 4 de decembro sobre a nova norma UNE-EN ISO/IEC 17025:2017 de requisitos xerais para a competencia de laboratorios de ensaio e calibración.

A inscrición está aberta. As empresas instaladas no Parque Tecnolóxico de Galicia, onde terá lugar o curso, teñen un 10% de desconto sobre a tarifa establecida.

O Centro Tecnolóxico da Carne logra fondos para proxectos de innovación no rural

Un total de vinte e seis grupos operativos de innovación beneficiáronse das axudas que xestiona a Xunta para a execución de diferentes proxectos en favor do campo galego. Entre eles atópanse o Centro Tecnolóxico da Carne, con sede en Tecnópole, e empresas e entidades con sede na provincia de Ourense.

As empresas de San Cibrao xeran un volume de negocio de 1406 millóns

Máis de medio século despois do seu nacemento, o polígono empresarial de San Cibrao das Viñas evidencia ter unha boa saúde. Os resultados dun informe elaborado nos últimos meses por profesionais da facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense demostran con cifras que o recinto é hoxe por hoxe o principal piar industrial da provincia.

Estrella Galicia reinventa a súa forma de traballar coa intelixencia artificial

Hijos de Rivera, empresa propietaria de Estrella Galicia, foi a primeira compañía española en integrar na súa operativa diaria interna o asistente virtual de Amazon, Alexa, unha aplicación de intelixencia artificial (IA) activada por voz coa que os seus usuarios poidan obter datos da súa plataforma de análise de MicroStrategy, provedor líder de software de análise e mobilidade empresarial.

Intelixencia artificial: aparcar un automóbil usando só 12 "neuronas"

Un cerebro que creceu de forma sa e natural funciona dun modo bastante diferente a como o fai un programa ordinario de ordenador. Non utiliza un software que consista en instrucións lóxicas claras. É unha rede de células que se comunican entre si. Simular tales redes nun ordenador pode axudar a resolver problemas que son difíciles de descompoñer en operacións lóxicas.

One Pay FX, de Banco Santander, gaña o 'Silver Awards' nos premios de Innovación 2018

Banco Santander fíxose co premio 'Silver Award' polo seu novo servizo de transferencias internacionais One Pay FX. Esta ferramenta financeira, que utiliza a tecnoloxía baseada en blockchain, xa está dispoñible para os clientes particulares de España, Reino Unido, Brasil e Polonia. A entidade ten previsto ampliar nos próximos meses o espectro de países -de Europa, América Latina e Asia- nos que implementar One Pay FX. O ámbito das transferencias internacionais vai dende 10€ ata 10.000 €.

Desenvolven un material capaz de autorrepararse usando o dióxido de carbono do aire

Emulando unha das capacidades das plantas verdes, un novo polímero "crece" mediante unha reacción química con dióxido de carbono. Este singular material pode reaccionar co dióxido de carbono do aire, crecer, fortalecerse e mesmo repararse a si mesmo. O polímero, que podería ser algún día utilizado como material de construción ou reparación ou para recubrimentos protectores, converte continuamente o citado gas de efecto invernadoiro nun material baseado no carbono que se autorreforza.

Novo material sintético baseado na iridescencia das ás de bolboretas

Un estudo da Universidade Nacional (UN) de Colombia sobre o cambio de cor que se produce cando algunhas especies de bolboretas, como o Monarca azul ou a Greta oto, varían a posición das súas ás posibilita o desenvolvemento de estruturas con características similares que se poderían empregar na industria e as telecomunicacións.

Conexión Málaga-Londres: a primeira videochamada internacional con 5G

Telefónica e Huawei, dúas compañías realmente interesadas en levar adiante a tecnoloxía 5G, lograron realizar a primeira videochamada internacional, en rede real, utilizando esta innovación e conectando dúas cidades tan dispares entre si como Londres e Málaga.

Páxinas