As startups españolas teñen dende onte a posibilidade de lanzar, mostrar e comercializar produtos innovadores a través do escaparate global de Amazon. A compañía activa en España Amazon Launchpad, dentro de Amazon.es, cunha selección inicial de 250 produtos que irá ampliando, clasificados en cinco categorías que tamén se verán incrementadas. Electrónica, comida, xoguetes, coidado corporal ou fogar cunha característica común: a innovación.