Outubro 2018

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Ampliado ata o día 21 o prazo para solicitar reunións bilaterais na Conferencia da Plataforma de Stakeholders do Atlántico

O prazo de solicitude de reunións bilaterais na próxima Conferencia da Plataforma de Stakeholders do Atlántico amplíase ata finais desta semana. As empresas, universidades, centros de coñecemento e demais entidades interesadas teñen ata o domingo 21 para inscribirse no programa de B2B do evento, xestionado por Tecnópole e a Axencia Galega de Innovación na súa calidade de nodos en Galicia da Enterprise Europe Network, a través do consorcio Galactea Plus.

Tecnópole impulsa as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as rapazas con dous días de actividades

Máis dun centenar de escolares de Ourense participarán a finais desta semana en dúas xornadas organizadas por Parque Tecnolóxico de Galicia co obxectivo de impulsar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as rapazas. Tecnópole únese así a outros 13 parques de toda España no marco da iniciativa "Ciencia y Tecnología en Femenino", promovida pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE).

Dixital e innovador: o segredo do negocio cambiante en Galicia

Se algo non lles falta a estes profesionais é valentía. Unha sentenza que se podería aplicar a calquera tipo de emprendedor, pero no seu caso, en pleno ecosistema dixital, podería dicirse que os alicerces se cambalean con moita máis facilidade. O seu mercado é o mundo. A súa competencia tamén, e a súa contorna e retos cambian á velocidade da luz.

Estrella Galicia elixe as startups gañadoras do seu programa The Hop

Estrella Galicia desvelou cales son as seis startups gañadoras do seu programa de emprendemento colaborativo The Hop. Un certame no que participaron 420 emprendedores con 130 propostas de innovación nas áreas de comercialización, mercadotecnia, xestión, loxística, aprovisionamento e fabricación, entre outras.

Bioga busca a mellor idea empresarial biotech e a firma máis competitiva do sector en Galicia en 2018

O clúster tecnolóxico empresarial de Ciencias da Vida de Galicia (Bioga) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) convocan os VI Premios Bioga para incentivar o impulso e desenvolvemento das iniciativas empresariais baseadas no talento innovador vinculadas á biotecnoloxía.

Samsung e LaLiga buscan unha solución que mellore a experiencia fan

Samsung España e LaLiga abriron o prazo de inscrición ao primeiro concurso dirixido ao desenvolvemento de solucións destinadas a "transformar a experiencia dos seguidores da liga de fútbol española". Este 'Challenge LaLiga by Samsung', dirixido á comunidade de desenvolvedores, premiará a solución máis innovadora que permita mellorar a experiencia fan a través da tecnoloxía e o ecosistema Samsung, incentivando o talento.

Unha viaxe conectada e sen interrupcións: a nova idea de Volkswagen e Microsoft

Cando Volkswagen comezou a planificar o seu acercamento aos coches eléctricos e a tecnoloxía autónoma, a compañía enfrontouse a un gran desafío: como construír un automóbil conectado que permitise aos condutores acceder sen problemas aos servizos dixitais sobre a marcha. Por exemplo, un condutor pode estar a escoitar música na súa casa e querer seguir facéndoo mentres se sobe ao automóbil, despois debe atender unha chamada de traballo e tras isto, consultar o seu calendario online.

As TI da saúde crecerán máis dun 7% ata o ano 2022

Un informe da consultora IDC Research España pon de manifesto que, ata o ano 2022, as TI da saúde crecerán de xeito exponencial, movendo no noso país uns 18.470 millóns de euros.

A sanidade é un dos focos máis importantes da nosa sociedade. Revisala e analizala é imprescindible para a súa mellora. Unha realidade sobre a que, tal e como demostra o último informe da consultora IDC Research España, o noso país ten un futuro de crecemento exponencial no que ao mercado das TI se refire.

¿Cales son as marcas tecnolóxicas máis valoradas en 2018?

Apple, Google e Amazon lideran o ránking global como marcas máis valoradas por ser capaces de responder ás necesidades dos seus clientes coa creación de produtos innovadores.

Cando a intelixencia artificial se adapta ás persoas

Parece que a especie humana non se pode substituír. Polo menos de momento. Nos últimos anos non faltaron as predicións sobre como a Intelixencia Artificial (IA) e a robótica substituirían os seres humanos ocupando os seus postos de traballo. Agora parece que a maioría dos expertos en IA non ven un desenlace tan inmediato nin tan drástico.

Páxinas