Xuño 2018

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tecnópole, a primeira pedra do ecosistema emprendedor galego

É un dos corazóns innovadores galegos, pero non só é iso. Xa son 25 anos dende que o Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, se situou en San Cibrao das Viñas, a 12 km. de Ourense, para proporcionar un espazo de crecemento e desenvolvemento ás empresas de toda Galicia. Dende aqueles inicios pasaron moitas cousas e en todas elas a innovación quedou remarcada como bastión de mando, como destaca Innovaspain no seu especial sobre Galicia.

Primux logra a súa acreditación de empresa comprometida coa inserción laboral de persoas con síndrome de Down

Primux recibiu recentemente o diploma de empresa comprometida coa inserción laboral de persoas con síndrome de Down, outorgado pola asociación Down España. O certificado "Estamos prep@rados" foille concedido durante un acto celebrado na Confederación de Empresarios de Ourense, no que se recoñeceu o apoio da empresa -cuxo centro de I+D se atopa en Tecnópole- á inserción laboral do colectivo.

Madera Plus organiza en Tecnópole unha xornada de transferencia sobre ferramentas de caracterización do recurso forestal-madeira

Madera Plus organiza o próximo 10 de xullo en Tecnópole unha xornada sobre o impacto da innovación nas empresas de transformación da madeira. En concreto, abordarase a aplicación das ferramentas de caracterización do recurso forestal-madeira.

Como deseñar edificios eficientes mirando ao ceo

O consumo de enerxía para iluminación pode supoñer ata o 40% no sector da edificación. Por iso, os arquitectos e enxeñeiros buscan solucións usando a luz natural para aforrar enerxía.

Un dispositivo flotante deseñado en Vigo achégase un paso máis á xeración de enerxía ecolóxica

Os esforzos por aumentar a produción de enerxía mediante fontes renovables continúan avanzando sen denodo dada a necesidade de abastecer a cada vez maior demanda mundial de enerxía e mitigar o cambio climático. Segundo un informe redactado pola Axencia Internacional da Enerxía, a proporción de renovables na xeración eléctrica alcanzará o 30% en 2022, dende un 24% en 2016. Se ben na actualidade a enerxía mareo e undimotriz supoñen unha pequena achega á produción enerxética total, estas fontes estanse a instalar cada vez en maior cantidade para diversificar o abastecemento enerxético mundial de enerxías renovables.

Un millar de expertos piden máis recursos para I+D en intelixencia artificial UE

Un millar de expertos en intelixencia artificial de vinte países da Unión Europea, entre eles de España, subscribiron unha carta aberta na que piden aos dirixentes europeos máis recursos para a investigación neste campo que, aseguran, transformará a actual forma de vida e de traballo.

Acciona elixe oito startups para participar na súa aceleradora corporativa

A compañía Acciona seleccionou ás startups RatedPower,Tagup, Flexidao, nPlan, Newralers, A&K Robotics e Nouss Intelligence para formar parte da segunda edición da aceleradora corporativa creada pola compañía dentro do seu programa de innovación aberta I´MNOVATION. Ademais, Kineo, que o ano pasado participou na primeira edición da aceleradora, foi de novo seleccionada para desenvolver outro proxecto piloto.

Nanorrobots do tamaño de células que nadan polo sangue, eliminando bacterias e toxinas

Nunha xesta tecnolóxica que hai non moitos anos sería exclusiva da ciencia-ficción, uns enxeñeiros desenvolveron diminutos robots enerxizados por ultrasóns que poden nadar a través do sangue, eliminando bacterias perniciosas xunto coas toxinas que producen.

A normativa europea sobre uso de drons actualízase

O Parlamento Europeo aprobou a semana pasada, por 558 votos a favor, 71 en contra e 48 abstencións, unha actualización da normativa comunitaria sobre seguridade aérea, con disposicións específicas para garantir unha utilización segura dos drons.

A aplicación da directiva europea sobre copyright podería ameazar a centenares de startups

Estímase que entre setecentas e novecentas das empresas emerxentes que son plataformas de contido xerado por usuarios se verán afectadas pola proposta de directiva europea de copyright, segundo a Asociación Española de Startups.

Páxinas