Maio 2018

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Recursos forestais, arte feminina e xeolocalización no mar protagonizan os proxectos da preincubadora de Tecnópole

Parque Tecnolóxico de Galicia acolleu recentemente o acto de presentación dos proxectos seleccionados no Campus de Ourense na sétima edición dos premios Incuvi -Emprende e na terceira edición dos premios Incuvi -Avanza, convocados pola Universidade de Vigo e nos que Tecnópole colabora cedendo espazo no seu niño de empresas, durante un ano, aos tres proxectos gañadores na modalidade Incuvi-Emprende. No acto participou a directora da Axencia Galega de Innovación e vicepresidente de Tecnópole, Patricia Argerey.

O proxecto de recuperación da biodiversidade no rural gaña o primeiro premio da Galiciencia 2018

O proxecto de ciencia cidadá para a recuperación da biodiversidade no rural desenvolvido por oito estudantes lucenses é o gañador absoluto da Galiciencia 2018. A iniciativa "Rebinxe", representada na maior feira científica de Galicia por Lidia Barreira e María Bouso, do IES San Rosendo de Mondoñedo, foi o mellor valorado polos 40 membros do xurado entre os 50 proxectos que competían polo premio final, dotado con 1000 euros para financiar a súa participación noutra feira científica de carácter estatal, a Exporecerca 2019 (Barcelona).

Cincuenta nenos catan hamburguesas e salchichas saudables no Centro Tecnolóxico da Carne

Preto de 50 alumnos do colexio de Covadonga (Ourense), con idades comprendidas entre 5 e 7 anos, degustaron hai uns días no Centro Tecnolóxico da Carne, situado en Tecnópole, salchichas e hamburguesas con cenorias e espinacas entre os seus ingredientes, elaboradas polo Grupo Coren.

Os parques tecnolóxicos e as incubadoras de empresas españolas alíanse para impulsar o emprendemento innovador

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), á que pertence Tecnópole, e a Asociación Nacional de Centros Europeos de Empresas e Innovación (ANCES) estableceron un acordo de colaboración co obxectivo de realizar de forma conxunta unha serie de actuacións encamiñadas a apoiar a iniciativa empresarial e aos emprendedores.

Novos envases flexibles que alongan a vida dos alimentos

Investigadores do AINIA centro tecnolóxico e a empresa UBE Corporation Europe desenvolveron dous prototipos de envase cunha innovadora combinación de polímeros (copoliamidas avanzadas), capaces de mellorar o comportamento á esterilización ou tratamentos de térmicos a altas temperaturas.

As renovables xerarán o 21% do consumo de enerxía en 2030

O 21% do consumo enerxético mundial en 2030 procederá das renovables, aínda que o progreso na expansión deste tipo de enerxías segue sendo complicado, malia o investimento. É unha das conclusións máis destacadas do Informe sobre o Progreso Enerxético, elaborado pola Axencia Internacional da Enerxía (AIE) e o Banco Mundial (BM), entre outros organismos internacionais.

Novos materiais para baterías sustentables e de baixo custo

A transición da humanidade dende o uso de enerxías sucias ao uso das limpas e renovables depende de tecnoloxías que permitan o almacenamento temporal barato de electricidade obtida a partir de fontes renovables, dado que a electricidade é necesaria tamén cando o sol non brilla e cando o vento non sopra. Un novo e prometedor candidato para iso son as baterías de aluminio, que están feitas de materias primas baratas e abundantes.

A Garda Suíza estrea un novo casco en PVC realizado con impresora 3D

A Garda Suíza, o exército máis pequeno e máis antigo do mundo, que ten como misión protexer o papa, adáptase aos tempos e substituirá o pesado casco de ferro por un en lixeiro en plástico PVC elaborado cunha impresora 3D.

Sete de cada dez empresas confían na metodoloxía agile

Business Agility Corporation (BAC) é unha asociación que naceu en 2016 para entender os cambios no mercado como consecuencia da transformación dixital. Actualmente está composta por profesionais de máis de 30 empresas e entidades públicas, entre as que se inclúen máis dun terzo das compañías do Ibex 35. A última das súas iniciativas chámase BACómetro e consiste nun medidor do nivel de adopción da metodoloxía agile en España. Os resultados son mellores dos que a priori cabería esperar.

Páxinas