Maio 2018

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A área sanitaria de Ourense abrirá despois do verán unha convocatoria de ideas para o seu living lab que será dinamizado por Tecnópole

O laboratorio vivente ou living lab da área sanitaria de Ourense abrirá despois do verán un proceso de recollida de ideas susceptibles de ser incorporadas á práctica asistencial e comercializadas, segundo explicaron os responsables de innovación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) durante o último almorzo tecnolóxico. O director de Tecnópole, Ricardo Capilla, sinalou a vontade do parque de actuar como enlace das empresas co living lab e dinamizar esta convocatoria.

Akunatura organiza un curso sobre exercicios de intercomparación para a mellora da calidade dos laboratorios

A empresa Akunatura, instalada recentemente no Laboratorio de Biotecnoloxía de Tecnópole, organiza a finais do mes de xuño un curso sobre exercicios de intercomparación. A finalidade desta actividade formativa é actualizar os coñecementos dos responsables de laboratorios sobre unha ferramenta básica para ofrecer garantías de calidade aos seus clientes.

Egatel repite como empresa máis innovadora de Galicia por cuarto ano consecutivo

Egatel posicionouse por cuarto ano consecutivo como a empresa galega con mellor desempeño en innovación, segundo o Informe Ardán. Ademais, na última edición deste referente en indicadores económicos recoñécese a empresa situada en Tecnópole como a mellor empresa de Ourense.

A viticultura galega explora o uso de drons para aplicar fitosanitarios e reducir custos

A agricultura de precisión é xa unha realidade e entrou con forza na viticultura. En Galicia, esta revolución aínda é incipiente pero xa hai bodegueiros na Ribeira Sacra que dende hai un ano utilizan sistemas de teledetección de pragas con drons para localizar enfermidades e actuar de forma inmediata cando aparecen.

Os novos brazos robóticos de PSA revolucionan a automoción galega

Traballan a tres quendas ou ás que faga falta, non necesitan parar para tomar o bocadillo, e teñen cero absentismo laboral. A súa única traba é que necesitan un humano ao seu lado para ser efectivos. Son os UR10, a nova xeración de robots colaborativos de PSA, que elixiu o centro de produción de Vigo como un dos primeiros para iniciar o seu despregamento por todo o grupo.

España, o décimo país da UE en competencia dixital

España sitúase no décimo posto da Unión Europea (UE) en desenvolvemento dixital, segundo o Índice de Economía e Sociedade Dixital europeo (DESI), e adianta aos grandes países dos Vinte e oito.

Modifican unha impresora 3D para producir tecidos biolóxicos complexos

Científicos da Universidade de California nos Ángeles (UCLA) idearon unha técnica que se vale dunha impresora 3D especialmente adaptada para construír bioestruturas terapéuticas a partir de múltiples materiais. O estudo foi publicado na revista Advanced Materials.

Nace un novo portal para compartir e descubrir innovacións tecnolóxicas sobre o clima

As consecuencias do cambio climático xa se aprecian en toda Europa e resulta, polo tanto, incitante ofrecer respostas. A comunidade científica ofreceu moitas ideas brillantes coas que reducir os riscos de inundación, seca ou fenómenos meteorolóxicos extremos. Lamentablemente, moitas das súas propostas non chegan a comercializarse debido ao coñecemento limitado que se posúe sobre as necesidades dos usuarios. ¿Como poderían achegarse os innovadores con produtos e servizos novos aos usuarios que necesiten tecnoloxías novidosas?

Propoñen unha nova metodoloxía para avaliar e controlar a calidade dos produtos agroalimetarios e dos biocombustibles

O consorcio de investigación formado pola Universidade Politécnica de Madrid (UPM) e a Universidade Complutense de Madrid (UCM), o Centro Nacional de Investigacións Metalúrxicas-Consello Superior de Investigacións Científicas (CENIM-CSIC), e a empresa New Infrared Technologies (NIT) formula complementar e/ou substituír as técnicas actuais de laboratorio utilizadas para a análise da calidade de produtos agroalimentarios e de biocombustibles cun innovador espectrómetro portátil, robusto, compacto e economicamente alcanzable, baseado en tecnoloxía infravermella.

O CHUO presenta en Tecnópole as oportunidades dos living labs para as empresas galegas

O próximo 23 de maio as empresas galegas terán a oportunidade de entrar en contacto coas oportunidades de negocio que xera un contorno emerxente de innovación: os laboratorios viventes ou living labs. En concreto, poderán coñecer de primeira man, a través do seu xerente, as necesidades do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), entidade pioneira en Galicia neste ámbito e en proceso de integración nunha rede de living labs a nivel europeo.

Páxinas