Abril 2018

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Como adquirir unha start-up e absorber toda a súa innovación

Só un terzo das compañías logra integrar a cultura das empresas acabadas de adquirir na matriz, logrando modernizar as súas capacidades e impulsar a súa transformación dixital.

O proxecto gañador de Galiciencia representará a España na maior feira científica de Europa tras vencer na Exporecerca

Como premio por gañar a Galiciencia 2017 viaxaron a Barcelona para representar a Tecnópole na Exporecerca 2018 (link is external). Agora, Carlos Fole, Jaime Alonso, Miguel Herranz e Mateo Martínez, do Colexio Montecastelo de Vigo, volven de Cataluña co primeiro premio da feira científica máis relevante de España. O próximo mes de xullo representarán a España no certame europeo Expo-Science Europe (link is external), que se celebrará na cidade polaca de Gdynia.

O próximo almorzo tecnolóxico aborda a dixitalización como estratexia para o incremento das vendas

O próximo 18 de abril os empresarios de Tecnópole e o Polígono de San Cibrao das Viñas teñen unha cita coa dixitalización. Durante o próximo almorzo tecnolóxico, os asistentes poderán coñecer de que xeito a transformación dixital, que afecta xa a toda a economía de forma global, é unha estratexia ineludible para incrementar as vendas en calquera sector.

A atención aos aspectos multiculturais e á elaboración dos contratos son factores clave na negociación internacional

A complexidade e a multiculturalidade caracterizan o ámbito no que se moven os novos directivos que pretenden competir nos mercados europeos e internacionais. Esta foi unha das ideas principais que a experta Piar Blanco, directora de Expotrends, compartiu cos empresarios que asistiron ao primeiro almorzo tecnolóxico da tempada en Tecnópole.

O cuarto satélite da UVigo lánzase ao espazo en setembro dende India

O cuarto satélite da Universidade de Vigo, Lume 1, xa ten data e lugar de lanzamento. Partirá ao espazo en setembro deste ano dende o Centro Espacial de India (en Sriharikota, ao sueste do país) e viaxará a bordo do lanzador orbital Polar Satellite Launch Vehicle, que o ano pasado batera unha marca ao poñer en órbita 103 satélites de golpe nun só día. Este foguete mide 44 metros de alto, 2,8 metros de diámetro e peso 320 toneladas.

O polo de drons de Galicia alcanzará 440 empregos en 2020 e prevé converterse en parque industrial

O ceo cuberto de paxaros de ferro para vixiar o tráfico, o rastrexo de desaparecidos ou o transporte de paquetes deixa pouco a pouco de ser unha imaxe de ciencia ficción. En 2035 voarán por España tantos drons como os habitantes que actualmente suman Vilagarcía e Poio, uns 53.500, segundo os prognósticos do Ministerio de Fomento no plan estratéxico para o sector presentado hai só uns días.

A automoción galega proba o primeiro vehículo conectado con tecnoloxía 5G

Conseguir o coche conectado con todo. Ese é o obxectivo do proxecto europeo 5GCAR, impulsado polo Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG). O seu circuíto de ensaios (con sede no Porriño) deu hai uns días o disparo de saída ás primeiras probas dun prototipo que incorpora tecnoloxía 5G para establecer contacto co contorno.

A intelixencia artificial, potencial ameaza á seguridade

Un total de 26 expertos especialistas en IA, ciberseguridade e robótica das universidades de Cambridge, Oxford, Yale, Stanford, así como de organismos non gobernamentais (OpenAI, Center for a New American Security, Electronic Frontier Foundation), alertan dos perigos potenciais da intelixencia artificial por un posible uso malintencionado desta tecnoloxía por parte de estados corruptos ou de grupos criminais ou terroristas.

Crean un asfalto máis ecolóxico con refugallos de pneumático e ceras orgánicas

Unha investigadora da Universidade Politécnica de Madrid (UPM) logra fabricar un asfalto máis ecolóxico ao conseguir diminuír o consumo de recursos naturais e de enerxía así como as emisións de gases de efecto invernadoiro na fabricación deste material.

A educación do futuro oriéntase ás plataformas online baseadas en contidos interactivos

Bq, xunto á editorial Macmillan, quixo dar unha volta de rosca máis á educación. Non á tradicional, senón á que fará que as aulas do noso país saquen os mellores innovadores e enxeñeiros de robótica do futuro. É bMaker, un novo modelo de aprendizaxe editorial.

Páxinas