Febreiro 2018

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Xinecólogos do CHUO fórmanse no Centro de Investigación en Novas Tecnoloxías Minimamente Invasivas de Tecnópole

Un grupo de nove especialistas en Xinecoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) acudiu a Tecnópole hai uns días para formarse en técnicas avanzadas de cirurxía laparoscópica. A sesión tivo lugar no Centro de Investigación de Tecnoloxías Minimamente Invasivas (Tecmeva), especificamente dotado para a realización de cursos prácticos e interactivos.

TxStockData lanza unha app de peto dixital para facilitar o aforro

Tras o exitoso lanzamento da súa app Senseitrade, capaz de recomendar os valores nos que convén investir utilizando a información que circula nas redes sociais, os fundadores de TxStockData presentan a súa nova aplicación para móbiles, CoinScrap. O peto dixital deseñado pola empresa de Tecnópole permite acumular o aforro de pequenas cantidades cada vez que se realiza un pago con tarxeta de crédito.

As Xornadas de Automatización Industrial da Uvigo volven en marzo con 38 horas de conferencias e 32 empresas implicadas

Despois de catro anos de parón, as Xornadas de Automatización Industrial (JAI) da Universidade de Vigo (Uvigo) volven o próximo mes de marzo con 38 horas de conferencias impartidas por representantes de 32 empresas e institucións relevantes no sector. Máis de 600 profesionais se inscribiron xa para asistir ao evento.

A Universidade de CEAGA celebra en Tecnópole o seu programa de liderado de equipos Lean

A Universidade Corporativa do Cluster de Automoción de Galicia (UCC-CEAGA) imparte en Tecnópole unha nova edición do programa formativo “Team Leader Lean”. Este programa, iniciado o 30 de xaneiro e que se prolonga ata finais desta semana, pretende dotar os participantes das ferramentas e as habilidades necesarias para apoiar o despregue Lean nas súas empresas, mellorando o seu contorno e procesos de forma continua e reforzando o seu compromiso coa calidade e a seguridade.

Unha firma viguesa crea un robot para acompañar a persoas maiores

A principal liña de negocio de Ledisson é a programación de robots. Entre outras moitas, traballa para as principais compañías de automoción do mundo, desde Mercedes a Porsche pasando por PSA ou Volkswagen. A americana Tesla foi a última en renderse ao talento dos seus profesionais, cuxa idade media non supera os 25 anos.

A automoción galega deseña un coche virtual para vender pezas

O clúster galego da automoción, Ceaga, pretende situar o sector nunha posición de liderado competitivo a nivel global no horizonte 2025, que é a data que se fixaron para despregar a folla de ruta do plan estratéxico. Con ese obxectivo promove proxectos cooperativos entre as 115 empresas que o integran, con PSA como tractora.

Madrid acollerá o congreso das ideas para cambiar o mundo

Madrid converterase novamente na capital do coñecemento coa celebración da oitava edición do congreso Mentes Brillantes. O evento, considerado o ‘congreso das ideas’, celebrarase os días 26 e 27 de abril de 2018 no Teatro Circo Price da capital.

¿Unha superbatería flexible que carga en 30 segundos?

¿Podería existir unha superbatería flexible que carga en 30 segundos? Un grupo de investigadores mexicanos está tratando de desenvolver un prototipo. Os investigadores da Universidade Autónoma de Coahuila (Uadec) buscan que esta pila se recargue en menos de 30 segundos, proporcione polo menos 1000 horas de enerxía e estea construída con materiais flexibles de baixo custo que permitan a súa comercialización e adaptación a diversos dispositivos electrónicos.

Os desafíos do deporte buscan resposta na innovación

Estadios intelixentes, afeccionados conectados, mellorar a experiencia tanto dentro como fóra do terreo de xogo (sexa cal sexa o deporte) ou acercar os espectadores ao partido cunha experiencia personalizada grazas á tecnoloxía son algúns dos retos que o deporte ten por diante en materia de innovación.

Páxinas