Xaneiro 2018

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tecnópole presta soporte ás pemes galegas para concertar reunións bilaterais no Mobile World Congress

As pemes galegas interesadas en manter encontros bilaterais con outras empresas ou entidades no marco do Mobile World Congress poderán contar co soporte de Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, que dinamiza a participación galega no evento na súa condición de membro da rede Galactea Plus, o nodo español da Enterprise Europe Network.

A Galiciencia 2018 abre o prazo de presentación de proxectos ata o 28 de febreiro para a súa primeira edición de primavera

Tecnópole abre o prazo de recepción de proxectos para a Galiciencia 2018 ata o próximo 28 de febreiro. Tal e como se anunciara durante a edición anterior, despois de doce anos celebrándose en outono, o evento terá lugar a partir de agora en primavera, seguindo a tendencia deste tipo de certames e para unha mellor adaptación ao calendario escolar. A seguinte cita da maior feira científica de Galicia está fixada para os días 9, 10 e 11 de maio, co cambio climático como temática central.

O estudo sobre a calidade da pisada dos adolescentes galegos dunha alumna das Aulas Tecnópole triunfa en Novos Investigadores

"¿E ti, como pisas? " é o título do estudo co que Iria Ollero, alumna das Aulas Tecnópole e estudante de 2º de Bacharelato no IES As Lagoas (Ourense), levou o segundo premio do certame estatal Novos Investigadores, celebrado hai uns días en Málaga. Este traballo fora xa recoñecido co primeiro premio na categoría Biomedicina e Saúde do evento Ciencia en Acción 2017, celebrado o pasado mes de outubro en Euskadi.

O presidente da Xunta destaca a Coasa como exemplo de industria de referencia cun alto compoñente innovador e compromiso coa formación

Durante a súa visita á empresa de compoñentes aeronáuticos Coasa, situada en Tecnópole, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que o binomio emprego-formación é un factor clave para afrontar os retos da Industria 4.0. Así, subliñou que a formación é imprescindible para que as empresas poidan preparar os seus traballadores no manexo de novas ferramentas dixitais; para que a introdución de novas tecnoloxías non supoña unha brecha xeracional e favoreza a reciclaxe; e para que a demanda de perfís profesionais que vai marcando o tecido empresarial teña a súa correspondencia dende o ámbito académico.

Acuasec recibe a medalla europea ao mérito no traballo

Acuasec, empresa ourensá especializada no tratamento de humidades, foi galardoada recentemente coa medalla europea ao mérito no traballo.

Economía investirá 980 millóns en innovación en tres anos e prevé a creación de mil empregos

Potenciar a innovación como mecanismo para gañar competitividade e crear emprego. Este é o obxectivo da nova estratexia da Xunta en materia de I+D+i para os próximos tres anos, nos que prevé un investimento de 1775 millóns de euros, 980 procedentes das arcas públicas e 795 da esfera privada. Os resultados a que aspira son a creación de mil postos de emprego para superar os 10.400 no sector, contar cun 15% máis de empresas innovadoras ata superar o millar, elevar o gasto destas neste campo un 20%, o que suporía 600 millóns de euros ao ano e situar o investimento público anual no 1,7% do PIB fronte ao 0,87% de 2016.

Aerocámaras lanza o dron híbrido con maior autonomía de voo do mundo

O dron híbrido de Aerocámaras (Aerohybrix) preséntase como a aeronave non tripulada con maior autonomía a nivel mundial, con catro horas de voo sen carga e unha tecnoloxía punteira. O motor híbrido (que combina electricidade e gasolina) marca un antes e un despois na industria dos drons, caracterizada ata o momento por uns tempos de voos escasos.

A industria 4.0 irrompe entre os empregos cualificados de maior demanda en Galicia

O peso do turismo e a hostalería no mercado laboral galego é "innegable". Dío a Xunta na súa última análise sobre as ocupacións máis habituais. A pesar de que hai bisbarras especializadas en produción industrial ou as actividades agrogandeiras, os traballos vinculados á restauración encabezan a contratación en todo o territorio. Só os camareiros supoñen o 16% dos postos creados ao ano na comunidade.

Intrainnovación como aforro perfecto para unha compañía

Que a chamada "intrainnovación" -traballadores emprendedores que proporcionan ideas innovadoras á súa propia empresa- se convertera nun importante factor no aforro dunha compañía non é nada novo. Non obstante, os datos alcanzados por unha grande empresa que, a priori, non necesita estes aforros si é relevante: Endesa, coas achegas dos seus empregados nos Premios BYEM, xeraron -entre aforros de custos e melloras de ingresos- 16 millóns de euros anuais.

Que é o blockchain, a tecnoloxía de Bitcoin que aspira a revolucionar a sociedade

Imaxinen unha sala de ordenadores na que todos se encontran sincronizados en rede. Se escribimos nun ficheiro, a información queda rexistrada ao instante en todos os ordenadores desa rede. Os ficheiros só están habilitados para escribir neles e non se pode borrar ou alterar o seu contido, do que cada terminal posúe unha copia exacta. Os datos están, polo tanto, distribuídos en cada ordenador. Este exemplo explicaría, en esencia, en que consiste a complexa tecnoloxía blockchain, tamén chamada cadea de bloques, que aspira a revolucionar a sociedade do mesmo modo que o fixo no seu día Internet.

Páxinas