Decembro 2017

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O emprego tecnolóxico creceu en Ourense un 17% nun ano

As empresas do sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) de Ourense meteron unha marcha máis e o emprego está a crecer a dobre díxito cada ano. A futuro, estas actividades poden permitir reter talento, tamén rexuvenecer o tecido sociodemográfico provincial.

España é o quinto destino de investimento tecnolóxico en Europa

España é o quinto país en investimentos en firmas de tecnoloxía procedentes de fondos estranxeiros, con 800 millóns de dólares recibidos en 2017 (672 millóns de euros), segundo un informe presentado pola empresa Atomico.

Aimen participa nun proxecto para reparar aeroxeradores

O Centro Tecnolóxico Aimen participa no proxecto Rotación, que busca desenvolver tecnoloxías innovadoras e flexibles para reparar compoñentes de gran tamaño no sector enerxético, como os elementos de transmisión de turbinas eólicas co obxectivo final de aumentar a súa vida en servizo e minimizar os tempos e custos de reparación.

Cotec lanza a segunda convocatoria do seu programa de innovación aberta

A Fundación Cotec lanza a segunda convocatoria do seu Programa de Innovación Aberta #PIA2017, co obxectivo de descubrir e financiar proxectos relacionados coa innovación cun enfoque aberto a calquera disciplina e área de coñecemento.

Un novo prototipo de visión avanzada detectará microorganismos en alimentos

Segundo datos da OMS, cada ano enferman no mundo preto de 600 millóns de persoas (1 de cada 10) por inxerir alimentos contaminados e 420.000 morren pola mesma causa. Co obxectivo de contribuír ao reto de reducir as enfermidades de transmisión alimentaria, AINIA desenvolveu novas tecnoloxías de visión avanzada máis eficaces na detección de microorganismos complexos en alimentos, Paira iso, investigáronse distintos tipos de cultivos como bacterias de aplicación en nutrición e sanidade vexetal, fermentos e bacterias acidoláticas da industria alimentaria e microorganismos de interese na análise de alimentos.

Seis empresas españolas competirán nos premios internacionais Quality Innovation Award (QIA)

A Asociación Nacional dos Centros Promotores da Excelencia (CEX) premiou a 6 empresas españolas na fase nacional dos 'Quality Innovation Award' (QIA), unha competición creada en 2007 por Excellence Finland para impulsar proxectos innovadores nas empresas e organizacións, compartir experiencias e dar recoñecemento local e internacional aos mellores. Este ano contou coa participación de máis de 400 empresas e organizacións de 12 países.

Economía circular: un aforro para as empresas e un alivio para o planeta

Administracións, grandes compañías e entidades privadas propugnan a transición a un novo modelo económico que busca facer do residuo un recurso. A Comisión Europea estima que as firmas europeas poderían aforrar o equivalente ao 8% da súa facturación, uns 600.000 millóns.

Os ecosistemas de innovación transfórmanse en torno á persoa

A segunda edición do innovationHUB de ideas4all Innovation (celebrada na sede de EY en Madrid) puxo de relevo que a innovación deixou de ser un circuíto pechado. As organizacións de hoxe ábrense ás ideas e suxestións dos seus diversos stakeholders e apostan por innovar a través dun ecosistema formado por recursos propios e externos.

Nace o Museo do Fracaso para aprender dos grandes fallos da innovación

"É hora de que aceptemos o fracaso, aprendamos del e realmente logremos o progreso". Este é o lema principal dun museo que vén con sentenza. Trátase do Museum of Failure de Los Ángeles (Museo do Fracaso), un espazo no que os seus organizadores tratan de enaltecer os fracasos para concienciar da importancia de saber perder, para poder gañar.

Páxinas