Decembro 2017

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A preincubadora de Tecnópole e Universidade de Vigo busca novos proxectos ata o 19 de xaneiro

A preincubadora de proxectos empresariais que Tecnópole promove en colaboración coa Universidade de Vigo busca novos inquilinos por sétimo ano consecutivo. Os gañadores dos premios Incuvi-Emprende do Campus de Ourense, que teñen o prazo de presentación aberto ata o 19 de xaneiro, instalaranse no Centro de Empresas e Innovación (CEI) do Parque Tecnolóxico de Galicia para desenvolver a súa idea de negocio.

Egatel participa no consorcio de enxeñerías galegas que prepara a revolución das comunicacións no mar

Os barcos teñen o seu propio carné de identidade mentres navegan. Chámase AIS, pola súa denominación en inglés (Automatic Identification System), e recolle os datos básicos dos buques, dende o nome, ao destino, pasando pola posición na que se atopan, o rumbo ou a velocidade.

O Centro Tecnolóxico da Carne investirá 3,2 millóns de euros en proxectos durante o 2018

O Centro Tecnolóxico da Carne ten xa perfilada a súa actividade de cara ao ano próximo. A semana pasada celebrouse nas instalacións da fundación, situadas na Tecnópole, a reunión anual do padroado, na que se deron a coñecer as liñas de actuación da entidade para o exercicio do 2018, no que se dedicarán 3,2 millóns a proxectos de I+D+i.

Coren estrea a súa granxa 4.0, sustentable e entregada ao exterior

O Grupo Coren inaugurou hai uns días a súa nova planta no municipio lucense de Friol. Trátase do Centro de Reprodución, Xenética e I+D avícola, na que seleccionará as liñas xenéticas e os cruzamentos das aves para obter uns animais máis robustos e inmunes a enfermidades.

A incubadora galega de fármacos atrae 157 proxectos de varios países

A incubadora galega de novos fármacos, constituída este verán, atraeu xa 157 proxectos de España, Francia, Alemaña, Reino Unido, Canadá e outros países, que expresaron o seu interese en desenvolverse neste centro galego para intentar chegar ao mercado e a pacientes.

Xunta e Telefónica porán en marcha en 2018 unha aceleradora de proxectos de industria 4.0

A Xunta e Telefónica porán en marcha o ano próximo "Galicia Open Future: edición retos Industria 4.0", un programa de apoio ao emprendemento no que os participantes deberán propoñer solucións a seis retos no ámbito da Industria 4.0, formulados por empresas tractoras.

Huawei convoca a primeira edición dos premios #STARmeAPP

Huawei convocou a primeira edición de STARmeAPP, uns premios que recoñecen o desenvolvemento de ideas de startups españolas para apps. Para iso conta coa colaboración do diario El País e Retina, como mediapartner da sección de transformación dixital de El País. O obxectivo final é que os mellores proxectos poidan levarse a cabo nun futuro próximo. Podes apuntarte ao premio picando aquí.

FITUR 2018 anticiparase ás aplicacións de futuro da tecnoloxía 5G para a industria do turismo

O equipo de investigación de IFEMA LAB 5G, traballa no desenvolvemento de prototipos 5G baseados en catro aplicacións: 'Feira Aumentada', 'Viaxe no tempo', 'Tradutor' e 'Teleport'. Os prototipos presentaranse na próxima edición da Feira Internacional de Turismo que organiza IFEMA, do 17 ao 21 de xaneiro en Feira de Madrid.

Unha técnica permite usar palla de trigo como substituta de compoñentes plásticos das baterías de litio

Un grupo de investigación da Universidad de Córdoba (UCO) proba como a lignina podería ser utilizada como compoñente en baterías de litio ambientalmente sustentable e de baixo custo.

O coworking do forestal de Tecnópole explora o uso da madeira no sector naval e de automoción

En Tecnópole, concretamente no CIS Madeira, desenvólvese dende hai algúns meses o primeiro coworking centrado no sector forestal. Vinte proxectos impulsados por 27 emprendedores están a tratar de buscar novas alternativas de futuro para un sector que ten un gran peso económico na comunidade galega.

Páxinas