Novembro 2017

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Galiciencia exhibe 79 proxectos de 40 centros escolares de Galicia, Asturias, Cataluña, Euskadi e Andalucía

Lentes para cegos impresas en 3 D, un dispositivo tecnolóxico para escorrentar ao xabaril das colleitas, un mecanismo para abrir as portas dos baños públicos sen usar as mans e outro para que as ventás de tellado se pechen soas se chove, un sistema de esterilización de auga low-cost e varias iniciativas de ciencia cidadá son só algúns dos fascinantes proxectos cos que a Galiciencia celebra este ano a súa duodécima edición.

A tecnoloxía que soporta o primeiro software para predicir a gravidade dun ictus será desenvolvida en Tecnópole

A tecnoloxía que soporta o primeiro software para predicir a gravidade dun ictus será desenvolvida por Conexiona, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole.

Os drons de Aerocámaras voan contra a velutina

Drons contra as avespas velutinas. A loita contra a especie asiática que ameaza as colmeas ourensás ten un novo aliado voador, o dron. Con pértega incorporada, esta aeronave pode aproximarse ao alto dunha árbore onde aniña a avespa e rapidamente inxectarlle unha substancia que neutraliza o crecemento da avespa raíña e, consecuentemente, de toda a súa comunidade. As facultades do dron como eliminador de niños de velutina probáronse a semana pasada en Celanova.

A redución de emisións e dous novos produtos alimentarios e biomédicos protagonizan os Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2017

A redución de emisións contaminantes procedentes dos sistemas de escape dos vehículos e o desenvolvemento de dous novos produtos alimentarios e biomédicos son os temas centrais dos proxectos galardoados nos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, que este ano chegan á súa terceira edición.

Os robots cóanse na corte

Os robots coáronse nelas e forman parte do día a día das frisoas. Non só axudaron a aumentar considerablemente o confort dos animais e a produción, senón tamén a suplir as necesidades de man de obra que tiñan. "Un dos maiores problemas que temos no sector é que non hai xente que queira traballar nisto e era imposible facer todo este traballo a man entre dúas persoas", explica o gandeiro de 35 anos.

O mercado de Internet das Cousas alcanzará os 800.000 millóns de dólares este ano

Telefónica presentou o informe Things Matter, un estudo sobre Internet das Cousas, tamén como coñecido pola siglas IoT (Internet of Things) centrado no usuario e que toma o pulso á realidade de IoT en España a partir de enquisas, entrevistas en profundidade e experiencia directa dos entrevistados con solucións IoT ou cousas conectadas, vehículo e maleta conectados, tracker para mascotas, probador intelixente, etcétera.
 
Este estudo é un primeiro paso cara ao coñe

Novas fachadas que melloran a eficiencia enerxética dos edificios

Investigadores da Universidade Politécnica de Madrid (UPM) deseñaron un sistema de fachada ventilada na que, grazas ao control do fluxo do aire mediante unha dobre cámara, se obtén un considerable aforro de enerxía en todo o edificio.

Feijóo destaca a capacidade de Tecnópole para atraer investimentos en innovación durante os últimos 25 anos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou durante o evento central do 25 aniversario de Tecnópole que esta entidade proxecta os obxectivos da nova Lei de implantación empresarial de Galicia polas vantaxes de acceso ao solo industrial e por facer da innovación un foco para atraer investimentos.

Conde sinala que as empresas que participan en Agrobiotech axudan a contar cunha Galicia máis innovadora e competitiva

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou, durante a súa participación no II Encontro Agrobiotech Innovación, que as empresas que participan na aceleradora Agrobiotech axudan a contar cunha Galicia máis innovadora e competitiva.

Agrobiotech ofreceu a máis de 250 empresarios e investigadores as últimas tendencias en biomasa, biotecnoloxía e agroalimentación

Un total de 134 reunións entre empresas para facer contactos comerciais, 27 pemes mostrando máis dun centenar de produtos innovadores e unha ducia de relatorios especializados centran o balance das dúas xornadas do Encontro Agrobiotech Innovación, que o pasado venres pechou a súa segunda edición coa participación de máis de 250 representantes de empresas e centros de coñecemento.

Páxinas