Novembro 2017

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O salvavidas de delfíns varados gaña o primeiro premio da Galiciencia 2017

O dispositivo salvavidas de delfíns varados deseñado por dous estudantes vigueses foi o gañador absoluto da Galiciencia 2017. O sistema desenvolvido por Carlos Fole, Jaime Alonso, Miguel Herranz e Mateo Martínez do Colexio Montecastelo de Vigo foi o mellor valorado polo xurado entre os 50 proxectos que competían polo premio final, dotado con 1000 euros para financiar a súa participación noutra feira científica de carácter estatal, a Exporecerca 2018 (Barcelona).

Agroamb recolle o XIII Premio Peme á innovación empresarial

O Grupo Agroamb, con sede en Tecnópole, recolleu recentemente o XIII Premio Peme tras resultar galardoado na categoría de medio ambiente. Os galardóns están organizados polo diario Expansión e Ifema, co patrocinio de American Express, Orange e SGR-Cesgar.

Airbus pecha un megacontrato de 430 avións do que participará Coasa

Airbus anunciou hai uns días o maior contrato da súa historia: 430 avións encargados polo fondo estadounidense Indigo Partners. Un pedido valorado, a prezo de catálogo -os construtores adoitan ofrecer descontos por volume-, en 42.000 millóns de euros que deixará unha substanciosa pedrea en Galicia.

A VII edición das JAI reunirá o maior elenco de empresas participantes da súa historia

A sétima edición das Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial (JAI), que terán lugar en Vigo o próximo mes de marzo, marcarán un fito na historia deste evento, cun máximo de participación de empresas do sector industrial.

A biotecnoloxía busca competitividade nas grandes computadoras de datos

A biotecnoloxía é un dos campos con maior proxección de futuro na investigación galega e na transferencia dese coñecemento á sociedade. Un sector en alza que precisa dun grande almacén de datos porque, como asegura o director do Centro de Supercomputación de Galicia, "para deseñar novos fármacos é necesario deseñar novas moléculas e para deseñar novas moléculas hai que facer simulacións de cal sería o comportamento das diferentes proteínas; e a simulación, en definitiva, é cálculo".

Nanoimáns 3D para o ordenador do futuro

Dende finais dos anos 60 ata agora estivemos usando dispositivos electrónicos que almacenaron e transmitiron información en circuítos 2D. Agora dous investigadores españois da Universidade de Cambridge conseguiron romper esta barreira, creando nanoimáns capaces de transmitir información en tres dimensións. O avance podería supoñer un aumento na memoria, conectividade e potencia dos circuítos electrónicos.

Micropantallas OLED de alto rendemento para a nova xeración de lentes intelixentes

O aumento constante da resolución e o tamaño das pantallas é unha tendencia continua no sector tecnolóxico. Non obstante, ao aumentar máis rápido a resolución que o tamaño, é necesario lograr tamén unha maior densidade de pixel. As micropantallas OLED grandes desenvolvidas no proxecto "Large cost-effective OLED microdisplays and their applications" (LOMID) poderían resultar útiles neste sentido e outorgar a Europa unha vantaxe competitiva.

Primeiro intento de editar o xenoma dun paciente dentro do seu corpo

Investigadores da firma de biotecnoloxía estadounidense Sangamo Therapeutics están tratando de editar por primeira vez un xene mediante un proceso que terá lugar no interior do corpo dun paciente, en lugar de nun laboratorio. O obxectivo é cambiar de forma permanente o seu ADN para curar unha enfermidade xenética.

Solucións téxtiles para mellorar a calidade de vida de persoas maiores

Axudar na prevención de enfermidades derivadas do envellecemento celular. Este é o obxectivo que persegue o proxecto Investigación e desenvolvemento de materiais avanzados para a mellora da calidade de vida das persoas maiores (SENIOR), desenvolvido pola Asociación de Investigación da Industria Téxtil (AITEX). E para iso, están a traballar no deseño e desenvolvemento de produtos téxtiles funcionais para as persoas maiores que van dende a indumentaria e o calzado ata o téxtil fogar.

Tecnópole presenta ás empresas de Agrobiotech os servizos de internacionalización a través da European Enterprise Network

As pemes participantes no programa de aceleración Agrobiotech, promovido pola Axencia Galega de Innovación (Gain) coa colaboración de Tecnópole, poderán coñecer o próximo martes día 15 os servizos de internacionalización dispoñibles a través da European Enterprise Network (EEN).

Páxinas