Setembro 2017

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A aceleradora Agrobiotech impulsa a innovación en dez pemes dos sectores agroalimentario, biotecnolóxico e da biomasa

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, mantivo hai uns días un encontro coas dez empresas participantes na segunda edición da aceleradora Agrobiotech Innovación e cos titores do programa. O obxectivo desta reunión era dar a benvida ás entidades participantes, coñecer os seus proxectos e favorecer o coñecemento e o networking entre elas con motivo do inicio das actividades transversais do programa.

A galega Galifresh, participante en Agrobiotech, estende os seus purés de froitas e cremas de verdura a Asia

Cinco anos de penetración no mercado nacional e dende hai dous con proxección internacional, agora acaba de chegar ao continente asiático. Trátase de Galifresh, a división de purés de froitas e cremas de verduras do grupo vigués Frutas Nieves, que participou na primeira edición do programa de aceleración Agrobiotech Innovación e vai camiño de dobrar a súa facturación en apenas dous anos ata os 1,5 millóns de euros.

Aberto ata o 22 de outubro o prazo de presentación de proxectos para a Galiciencia 2017

Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole abre o prazo de recepción de proxectos para a Galiciencia 2017 ata o próximo 22 de outubro. A maior feira científica de Galicia inicia así o proceso de selección dos 80 proxectos cos que celebrará a súa duodécima edición. Aos 50 traballos presentados por equipos de estudantes de Secundaria, Bacharelato e FP que competirán polo primeiro premio do certame, sumaranse fóra de concurso 30 proxectos máis de alumnos de Primaria e Educación Especial.

Conexiona converte o Centro Médico El Carmen de Ourense no primeiro hospital inmótico de Galicia

A empresa Conexiona, con sede en Tecnópole, presentou no Centro Médico El Carmen a instalación do seu sistema intelixente iPlace, que o converte no primeiro hospital inmótico de Galicia.
 
As obras de instalación comezaron o pasado mes de maio e acaban de culminar.

Perfilada a incubadora para o sector forestal no CIS Madeira

O espazo coworking Go2Work, situado no CIS Madeira do Parque Tecnolóxico durante os próximos cinco meses, acollerá proxectos de emprendemento novidosos e viables vinculados ao sector forestal, segundo se puxo de manifesto na xornada que tivo lugar na CEO, organizada pola Escola de Organización Empresarial, a Xunta e o Igape, co respaldo da Confederación Empresarial de Ourense.

Convocados os 5º Premios Emprenden Gaiás-Sixto Seco para proxectos innovadores da industria cultural

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca a quinta edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia, que nesta edición conta de novo coa colaboración do Igape e patrocinio de Afundación.

A Caixa, Enisa e o Igape convocan o Emprendedor XXI para novas empresas

A Caixa, Enisa (Ministerio de Economía) e o Igape acaban de convocar a undécima edición dos premios Emprendedor XXI en Galicia, un certame dotado con 5000 euros que busca identificar, recoñecer e acompañar as empresas innovadoras con maior potencial de crecemento e con menos de tres anos de actividade.

IFEMA inaugura o primeiro laboratorio de I+D de prototipos 5 G para o sector turístico e feiral

Púxose en marcha en IFEMA o primeiro laboratorio de I+D de prototipos 5 G para o sector turístico e feiral, IFEMA LAB 5 G. Trátase dun espazo de investigación para o desenvolvemento de solucións, funcionalidades e novos servizos baseándose nesta tecnoloxía que serán mostradas en FITUR 2018.

O coche híbrido xa é o segmento que máis crece en Galicia

Xa non son tan caros. Cada vez hai máis modelos, e máis puntos de recarga, e son os únicos que tiveron axudas á compra este ano. Non hai máis que ver as cifras de evolución das vendas para comprender que, se hai oferta e o prezo é razoable, a motorización eléctrica é a aposta de futuro.

Unha investigación recente demostra que o cambio climático podería afectar 351 millóns de europeos de aquí a 2100

Segundo un estudo publicado recentemente en The Lancet Planetary Health, o quentamento global podería afectar a dous terzos da poboación europea cada ano, 351 millóns de persoas, para 2100, o cal provocaría 152.000 mortes anuais.
 
A diferenza de avaliacións anteriores dos efectos dos extremos climáticos nas persoas, que se centraban principalmente no impacto das temperaturas, este estudo abordou a vulnerabilidade da poboación a cada risco, baseándose para iso nun exhaustivo conxunto de datos de observación sobre perdas ocasionadas por catástrofes de índole climática,

Páxinas