Agosto 2017

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A aplicación que soluciona os problemas de cobertura

Weplan, aplicación gratuíta de control do consumo móbil e aforro telefónico, lanza Cobertura+, unha app colaborativa que detecta os puntos do país onde aínda existen deficiencias de cobertura e rede móbil para solicitar aos diferentes operadores que melloren os seus servizos. A nova solución encárgase de medir a calidade dos servizos de voz e Internet móbil, descobre canto tempo pasa o usuario conectado a cada tipo de rede (2G, 3G, 4G, cobertura limitada ou sen cobertura) e detecta os seus posibles fallos. Deste xeito, o usuario evitará ter que manterse á espera para reclamar calquera posible incidencia coa súa cobertura.

Smartphones para medir a deformación cranial de lactantes e mellorar o seu diagnóstico

Investigadores da Universidade Politécnica de Valencia (UPV) e o Instituto de Investigación Sanitaria La Fe desenvolveron un novo sistema de baixo custo e non invasivo, baseado no uso de teléfonos intelixentes, para medir a deformación cranial en lactantes -dende neonatos ata bebés de 12 meses. Utilizando o seu smartphone o médico poderá saber, en moi poucos pasos, o grao de deformación do cranio do bebé dun xeito totalmente obxectivo. O traballo dos investigadores valencianos foi publicado na revista World Neurosurgery.

Reciclaxe de envases para fomentar a innovación tecnolóxica

Fomentar o desenvolvemento de proxectos de innovación e desenvolvemento tecnolóxico no ámbito dos envases e o seu reciclado. Este é o obxectivo do acordo de colaboración que asinaron a Universidade da Rioxa e a e Ecoembes. Como resultado, creouse a 'Aula Ecoembes da Universidade da Rioxa' cuxas actuacións xirarán en torno á formación, a investigación e a sensibilización.

A turbina eólica máis potente do mundo será máis alta que o Empire State Building e máis flexible que unha palmeira

Empecemos coas cifras: 500 metros de alto, 200 metros por aspa e unha capacidade de 50 megavatios. Case nada. O proxecto SUMR da Universidade de Virxinia aínda está en desenvolvemento, pero marca as claves de cara a onde vai a enerxía eólica: cara á construción de xigantes cada vez máis grandes. E ten sentido.

Primeiro teléfono móbil que funciona sen batería

Investigadores da Universidade de Washington inventaron un teléfono móbil sen batería que recolecta os poucos microvatios de potencia que require de sinais de radio ou a luz do ambiente. O equipo tamén fixo chamadas de Skype usando o seu teléfono sen batería, demostrando que o prototipo feito de compoñentes comerciais dispoñibles pode recibir e transmitir voz e comunicarse cunha estación base.

Novos materiais orgánicos para avanzar cara á electrónica do futuro

A electrónica do futuro cada vez está máis preto. Investigadores do Laboratorio de Fabricación e Caracterización de Transistores de Efecto de Campo da Universidade de Málaga (UMA), liderados por Rocío Ponce, están a desenvolver novos materiais orgánicos que permitan unha tecnoloxía económica, plástica e sustentable que substitúa a actual, baseada no silicio. En concreto,traballan na caracterización físico-química destes materiais e estudan o seu comportamento en compoñentes electrónicos.

Páxinas