Xullo 2017

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Tecnópole converte San Cibrao das Viñas en meca da tripla hélice cos seus 25 anos

Santiago. Ano 1992. Lembrarano seguro polos Xogos Olímpicos de Barcelona ou a Expo de Sevilla. Pero iso foron actos puntuais que pasaron á historia. En cambio, aquí en Galicia, constituíase algo que segue facendo historia: o Parque Tecnolóxico de Galicia, a Tecnópole de San Cibrao das Viñas, a materialización da maior aposta conxunta realizada nunca na comunidade pola tripla hélice, administración, universidade e empresa. O seu fin compartido, facilitar o crecemento económico de Galicia a través da innovación.

A Xunta convoca un programa de axudas para impulsar plans de innovación en pemes e micropemes galegas

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convocou o martes da semana pasada un novo programa de axudas, 'Innova Peme', para impulsar plans de innovación en pemes e micropemes galegas.

Un dron de 800 gramos bate a marca Guinness de velocidade con 288 quilómetros por hora en voo

A Drone Racing League (DLR), unha compañía que organiza e retransmite carreiras de drons, logrou a súa primeira marca Guinness grazas ao seu último dispositivo voador. O DRL Racer X, con catro hélices e apenas 800 gramos de peso, alcanzou unha velocidade máxima de 288 quilómetros por hora nunha proba, unha cifra que o converte no dron máis rápido do mundo.

As máquinas non nos xubilarán ata o ano 2140

Elon Musk, o multimillonario que fantasea con ser Iron Man, expono así: "Se estás a manexar un fondo de capital privado e queres que a intelixencia artificial maximice o valor da carteira, esta podería optar por comprar accións da industria militar e iniciar unha guerra". O astrofísico Stephen Hawking, pola súa banda, asegura que a intelixencia artificial "podería ser o fin da raza humana".

Paneis solares que xeran ata 5 litros de auga potable ao día co vapor do aire

Zero Mass Water, unha startup estadounidense que colaborou con investigadores da Universidade de Arizona, creou Source, un panel solar que é capaz de xerar ata cinco litros ao día de auga apta para consumo humano extraéndoa da humidade do aire.

Innovacións que limpan o aire das cidades

O aire nas cidades faise cada día máis irrespirable por mor das numerosas emisións de gases e de diversas partículas contaminantes. Para pór remedio a esta situación moitos innovadores están a crear enxeñosas aplicacións para móbiles, filtros nas paradas dos autobuses ou empregando o carbono de maneira útil.

Doce tecnoloxías e produtos que temos grazas á carreira espacial: desde enerxía solar ata froita deshidratada

Poida que aquel gran paso para a humanidade significase algo máis que o feito de que o ser humano decidise pór o pé máis aló da Terra, porque o efecto da carreira espacial nótase tamén aquí, na superficie terrestre. Fixo falta un gran esforzo tecnolóxico para facer posible aquela viaxe á Lúa, pero ao mesmo tempo hai moitas tecnoloxías e materiais actuais que debemos ao avance na carreira espacial.

Así é como gaña diñeiro realmente a empresa de tecnoloxía de consumo

O últimos dez anos son os da eclosión do smartphone de forma tan paulatina como masiva. Pasou de ser un luxo unicamente necesario e asumible para un nicho moi concreto da sociedade, relacionado coa dirección de empresas ou a xestión en liña do traballo, a ser un dos produtos máis populares da historia. Anciáns, preadolescentes, ricos, pobres, non importa: todo o mundo acaba cun no peto.

Representantes de parques tecnológicos de toda España celebran su asamblea general en Tecnópole

La directora de la Axencia Galega de Innovación (GAIN) y consejera delegada de Tecnópole, Patricia Argerey, dio la bienvenida esta mañana a los asistentes a la asamblea general de la Asociación de Parques Científicos y Tecnológicos de España (APTE), que se celebró esta mañana en el Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), coincidiendo con la conmemoración de su 25 aniversario.

O CIS Madeira impulsará unha aceleradora de empresas do sector forestal

O sector forestal é unha actividade económica con moito potencial e Ourense podería ser un dos piares do seu desenvolvemento. O conselleiro de Economía, Francisco Conde, anunciou a próxima posta en marcha na provincia dunha aceleradora de empresas relacionadas con ese sector.

Páxinas