Xaneiro 2017

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A preincubadora de Tecnópole e a Universidade de Vigo abre a busca de novos proxectos ata o 2 de febreiro

A preincubadora de proxectos empresariais que Tecnópole promove en colaboración coa Universidade de Vigo busca novos inquilinos. Os gañadores dos premios Incuvi-Emprende do Campus de Ourense, que teñen o prazo de presentación aberto ata o 2 de febreiro, instalaranse no Centro de Innovación e Empresas (CEI) do Parque Tecnolóxico de Galicia para desenvolver a súa idea de negocio.

A start-up galega Senseitrade lanza o seu primeiro torneo mensual de bolsa

A start-up galega Senseitrade lanzou este luns o seu primeiro torneo mensual de bolsa, unha competición coa que quere dar a coñecer a súa aplicación móbil, capaz de recomendar os valores nos que convén investir utilizando a información que circula nas redes sociais en tempo real. Senseitrade, gañadora do certame de aceleración de empresas Vía Galicia na súa edición de 2015, instalouse recentemente en Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole para desenvolver o seu proxecto de negocio.

Tecnópole acollerá un curso gratuíto de dixitalización 4.0 durante o mes de febreiro

Tecnópole acollerá durante o próximo mes de febreiro o curso gratuíto de dixitalización organizado pola Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) no marco do seu programa Incorpórate e no plan formativo Industria 4.0 do Igape. A formación terá unha duración total de 50 horas e estará limitada a 40 participantes.

O gasto de innovación tecnolóxica en España creceu un 5,5% en 2015

O gasto en innovación tecnolóxica en España alcanzou os 13.674 millóns de euros no ano 2015, o que supuxo un incremento do 5,5% respecto ao ano anterior. Esta cifra representou o 1,7% da cifra de negocios das empresas de 10 ou máis asalariados con gasto en innovación tecnolóxica, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

España: primeira en financiamento da UE para pemes innovadoras

As pequenas e medianas empresas de España continúan marcando o ritmo no concurso de instrumentos para pemes da Comisión Europea, segundo cifras publicadas recentemente, e son as que reciben máis axudas como "motor de arranque".

Un dron apaga incendios, entre os inventos españois do 2016

Un dron deseñado para apagar incendios forestais, unha versión renovada do xadrez, un electrodoméstico para reciclar envases no fogar, un kit educativo baseado na neurociencia para combater o fracaso escolar, un purificador para limpar o aire dos espazos interiores, un sistema para o aforro de auga nos fogares ou unha xabón capaz de limpar sen contaminar, son algúns dos inventos españois que deixou o 2016 e que foron recollidos pola plataforma para a promoción da innovación Promoingenio.com.

A intelixencia artificial xa fai o traballo dos oficinistas en Xapón

Ata agora a automatización de procesos de fabricación fora protagonista na introdución de máquinas en segmentos industriais e empresariais, pero agora os robots e a intelixencia artificial comezaron a facer a súa entrada en traballos "non manuais".

Desenvolven un bioplástico para industria alimentaria cun 100% máis de absorción que os envases actuais

Investigadores do grupo Tecnología y Diseño de Productos multicomponentes a Universidade de Sevilla, xunto a científicos da Universidade de Huelva, obtiveron un bioplástico a partir da mestura dun composto derivado dun arbusto denominado tragacanto e a clara de ovo.

O brazo robótico que funciona coa mente

Investigadores da Universidade de Minnesota, en Estados Unidos, fixeron un grande avance que permite ás persoas controlar un brazo robótico utilizando só as súas mentes. A investigación, que se detalla nun artigo publicado en 'Scientific Reports', ten o potencial de axudar a millóns de persoas que están paralizadas ou teñen enfermidades neurodexenerativas.

Tendencias de innovación tecnolóxica e dixital para 2017

Cada vez máis, o mundo estase a converter nunha malla intelixente, que integra persoas, cousas e servizos. A tecnoloxía será parte do negocio dixital do futuro e a xente común experimentará un mundo moi diferente, onde as liñas entre o que é real e o virtual poderían ser moi sutís.

Páxinas