Xaneiro 2017

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Aberta a inscrición para o primeiro curso oficial de piloto profesional de drons que se impartirá en Tecnópole

Tecnópole promove a celebración, o próximo 27 de febreiro, do primeiro curso oficial de piloto profesional de drons que se impartirá nas súas instalacións. A inscrición xa está aberta, cunha tarifa especial para participantes procedentes de calquera dos parques tecnolóxicos de España.

As repercusións do novo Imposto de Sociedades protagonizan o primeiro almorzo tecnolóxico do ano

As repercusións da entrada en vigor en 2015 de importantes modificacións no Imposto de Sociedades (IS) serán as protagonistas do primeiro almorzo tecnolóxico deste ano en Tecnópole, que terá lugar este mércores 25 de xaneiro. As empresas situadas no Parque Tecnolóxico de Galicia e tamén as do Polígono de San Cibrao das Viñas están convocadas a esta cita, co obxectivo de que intercambien coñecemento e oportunidades de negocio.

Empresas e científicos proban os ourizos das castañas para a fabricación de asfaltos

Valorizar os residuos agroindustriais obtendo deles novos produtos que ademais sexan respectuosos co medio. É o obxectivo que persegue o proxecto Innobiorresiduos, no que participan seis empresas galegas lideradas pola ourensá Extraco.

As biotech galegas, a por EE UU, Israel e Dinamarca

Estados Unidos, Israel e Dinamarca son os tres países elixidos polo sector biotecnolóxico galego como "zonas prioritarias" de expansión de aquí a 2020 para explorar as posibilidades de negocio, para abrir novos mercados e para establecer posibles alianzas con outros axentes biotech deses territorios. Explicouno en Vigo Carme Pampín, presidenta do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), que participou nunha xornada organizada conxuntamente co Consorcio da Zona Franca para abordar as oportunidades de internacionalización do sector biotech de Galicia.

Un consorcio galego idea controlar contedores con visión artificial

A loxística en contedores para transportar as mercancías é clave en moitos sectores e, para mellorar o seu sistema de control e calibración, tres empresas galegas (Izmar, Syspro Ingeniería e Info JC) e o centro tecnolóxico Aimen teñen en marcha un proxecto para crear un sistema intelixente, a través de tecnoloxías de visión artificial, que permitirá facer o control a distancia e no que invisten máis de medio millón de euros.

Innovador sistema de reciclado de plástico que podería valorizar máis de 100.000 toneladas de envases

O Instituto Tecnolóxico do Plástico (Aimplas) coordina Life Ecomethylal, un proxecto europeo que mediante a tecnoloxía de hidrogasificación catalítica con plasma fará posible a valorización dunha tipoloxía de residuos plásticos que ata agora acababan no vertedoiro e que poderán aproveitarse en forma de disolventes ou como materia prima para a produción de novos plásticos. Con isto poderíanse valorizar máis de 100.000 toneladas de envases.

Unha española encabeza a lista Forbes de emprendedores en ciencia e saúde

A revista Forbes elixiu a empresaria española Arantxa Unda, conselleira delegada da compañía Sigesa, para encabezar a súa prestixiosa lista 30 under 30 Europe na categoría ciencia e saúde.

O custo dos envases biodegradables para alimentos podería reducirse

O custo dos envases biodegradables para alimentos podería reducirse ata un 16% se se utilizan os deseños de envases apropiados. Este é un dos primeiros resultados obtidos polo centro tecnolóxico Ainia e o instituto tecnolóxico do plástico Aimplas, no marco do proxecto Sostpack que ten como obxectivo mellorar as propiedades dos materiais plásticos biodegradables para facilitar a súa incorporación ao mercado do envasado de alimentos.

2017: os avances tecnolóxicos que cambiarán o mundo

A tecnoloxía avanza a pasos axigantados. Dá igual o campo específico do que se trate: practicamente cada día hai unha innovación, sexa máis ou menos rechamante. Isto fai que, en parte, o mundo avance e, con isto, que en moitas ocasións a xente poida mellorar as súas condicións de vida ou encontrar novas formas de facer todo máis cómodo e accesible, ademais de rechamante ou entretido se falamos en termos máis enfocados ao ocio.

¿Por que moitas empresas están insatisfeitas coas súas innovacións?

¿Que pasaría se no mundo de hoxe, un director executivo dunha empresa importante declarara publicamente que está en contra da innovación e decidira non facer investimentos neste ámbito? Probablemente sería despedido de inmediato, mentres a compañía se vai directo á bancarrota.

Páxinas