Decembro 2016

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tecnópole acolle a primeira experiencia de iniciación no voo de drons para todos os públicos

Tecnópole acollerá o próximo 11 de xaneiro a primeira experiencia de iniciación no voo de drons profesionais dirixida a todos os públicos que se realiza en Galicia. Durante unha formación teórico-práctica de oito horas, os participantes poderán coñecer e manexar os mesmos equipos utilizados nas gravacións de series como "El Príncipe" ou "El final del camino", unha produción de RTVE que se emitirá en 2017.

O asistente galego de condución intelixente é o que máis ángulos de visión aumentada ofrece no mercado a nivel mundial

O asistente galego de condución intelixente, presentado hoxe a nivel mundial por Xesol Innovation en Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, presenta como principais novidades sobre os sistemas xa existentes que pode ser implantado en calquera vehículo fabricado a partir do ano 2000 e que é moito máis preciso, xa que basea a súa tecnoloxía de detección na visión artificial -en lugar de infravermellos ou radares- co maior número de ángulos de visión aumentada do mercado. Ademais, é intelixente porque incorpora un sistema de aprendizaxe rápida.

Egatel logra 840.000 euros para proxectos de comunicación por satélite

A empresa ourensá Egatel, centrada no desenvolvemento e fabricación de equipos de última xeración para a radiodifusión de televisión, logrou fondos por valor de 840.000 euros na última convocatoria do programa Feder Innterconecta, que publica anualmente o Ministerio de Economía e Competitividade. No concurso, a empresa galega logrou a terceira maior subvención, só por detrás das multinacionais Alstom Transporte e Cobra Instalacións e Servizos, que quedaron en primeiro e segundo posto, respectivamente.

Premio para o chaleco intelixente "made in Galicia"

A Asociación de Técnicos Superiores de Prevención de Riscos Laborais (Prevenga), con sede en Granada, premiou a empresa tecnolóxica galega Scio TT na modalidade de innovación polo seu sistema de seguridade marítima intelixente S2S (Safe to Sea).

Abanca presenta un robot humanoide que interactúa e atende clientes

Abanca realizou hai uns días en Vigo a presentación oficial en Galicia do seu novo robot humanoide e autómata, con capacidade para interactuar cos clientes e colaborar na atención e os labores comerciais que ofrecen os empregados da entidade, para o que utiliza un software "cen por cento galego".

Un robot galego axudará á recuperación de pacientes con dano cerebral

Un consorcio de empresas e institucións galegas desenvolveu un prototipo de robot consistente nun brazo robótico que se ensambla ao brazo de pacientes con dano cerebral para, mediante un sistema de realidade virtual, asistilos nos seus déficits motores e permitirlles realizar exercicios cotiáns, ademais de facer o seguimento dos seus progresos.

Indra lanza a súa primeira convocatoria de ideas dirixida aos seus profesionais en todo o mundo

Indra puxo en marcha unha convocatoria para atopar ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento dun produto ou servizo con potencial comercial e coa única limitación de que teña relación coas áreas de actividade da compañía dirixida aos seus profesionais de todo o mundo, entre as que seleccionará catro gañadoras que recibirán un premio de 5000 euros cada unha.

A Universidade de Salamanca desenvolve un innovador sistema que reconstrúe os accidentes de tráfico en 3D

A Universidade de Salamanca creou Crashmap, unha ferramenta que analiza as deformacións que teñen os vehículos que sufriron un accidente e, a partir de aí, é capaz de descubrir a velocidade á que se produciu o sinistro. Esta información é clave para que as forzas de seguridade reconstrúan a situación e é posible grazas aos modelos tridimensionais que desenvolve o Departamento de Enxeñería Cartográfica e do Terreo.

Rolex premiará os mozos emprendedores que realicen proxectos para cambiar o mundo

Rolex premiará os mozos emprendedores que realicen proxectos para cambiar o mundo, a través dos Premios Rolex á Iniciativa 2018, que están abertos a cidadáns de calquera nacionalidade, con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, que contan con proxectos innovadores que axuden a ampliar o coñecemento do mundo e mellorar a calidade de vida no planeta.

Sete innovacións da NASA que se usan acotío

Dende 1976, a NASA publicou un documento anual no que presenta ao mundo unha lista de artigos de última xeración, que podemos ter na casa e cuxa fabricación e deseño están inspirados en innovacións da NASA. Na súa edición 2017 de "Spinoff" aparecen máis de 50 tecnoloxías, que orixinalmente foron desenvolvidas e construídas para misións e investigación da NASA e que logo atoparon oco na vida diaria da xente común.

Páxinas