Novembro 2016

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O controlador de abuso de auga no fogar gaña o primeiro premio da Galiciencia 2016

O dispositivo de control de abuso de auga no fogar desenvolvido por un estudante compostelano é o gañador absoluto da Galiciencia 2016. O proxecto de Manuel Porto, do colexio Compañía de María de Santiago, foi o mellor valorado polo xurado -formado por medio centenar de persoas- entre os 50 proxectos que competían polo premio final, dotado cun smartwatch e 1000 euros para financiar a súa participación noutra feira científica de carácter estatal, a Exporecerca 2017.

A cuarta revolución industrial chega a Galicia da man da grande empresa

Primeiro foi a máquina de vapor. Despois, a electricidade. No século XX chegou a automatización. Agora a fábrica fíxose intelixente. É a cuarta revolución industrial, que xa está en marcha en Galicia e avanza da man da grande empresa, convertida no gran pulmón tecnolóxico da comunidade galega.

Agroamb lidera un proxecto de innovación para desenvolver unha nova planta de valorización de residuos agrícolas

A empresa Agroamb, con sede en Tecnópole, lidera un proxecto de innovación cofinanciado polo programa Conecta Peme da Xunta, para desenvolver unha nova planta de valorización de residuos agrícolas.

Aimen participa na creación dun robot colaborativo móbil para a industria da automoción e aeroespacial

O centro tecnolóxico Aimen lánzase á creación dun robot colaborativo para a industria da automoción e aeroespacial nun proxecto europeo. A diferenza principal fronte a outros cobots que existen na actualidade é que este terá a capacidade de moverse de forma autónoma pola planta de fabricación. Con capacidade de carga de entre 10 e 12 quilos, servirá para operar con precisión con delicados satélites e interactuar cos operarios, aos que servirá de apoio.

A española Smartive, premiada como a peme máis innovadora de Europa

Smartive, unha empresa emerxente de nova creación de Barcelona que desenvolve plataformas intelixentes para mellorar a eficiencia da xeración eólica, foi galardoada co premio New Horizon á peme máis innovadora na Conferencia da European Enterprise Network deste 2016.

España é o país con máis smartphones por habitante do mundo

España converteuse no país con máis smartphones por habitante do mundo xunto a Singapura: o 92 % dos españois dispón de polo menos un destes dispositivos, o que supón un 4 % máis que o ano pasado, segundo comprobou a plataforma 'online' Back Market.

Telefónica, Amadeus, Grifols, Acciona, Indra e Repsol, entre as 1000 empresas máis innovadoras do mundo

Telefónica, Amadeus, Grifols, Iberdrola, Acciona, Indra e Repsol son as sete compañías españolas incluídas no grupo das 1000 compañías do mundo que máis diñeiro invisten en I+D+i.

Software libre para predicir a produción enerxética de sistemas fotovoltaicos

Un equipo de investigadores do Instituto de Enerxía Solar (IES) da Universidade Politécnica de Madrid (UPM) desenvolveu un modelo que permite predicir a produción de enerxía dun sistema fotovoltaico partindo dunha mínima información meteorolóxica.

Seis claves da innovacion made in China

En xeral pénsase que os produtos que veñen de China son simplemente imitacións, pero as tornas xa empezaron a cambiar no xigante asiático e algunhas empresas evolucionaron, pasando de imitador a inventor. Estes son os seis piares do devandito cambio.

Este será o futuro tecnolóxico segundo o Schibsted Future Report 2017

O informe 'Schibsted Future Report 2017', levado a cabo pola compañía Schibsted, ofrece unha predición do futuro a medio prazo centrado en tres categorías diferentes: as persoas, a tecnoloxía e os negocios, abranguendo temas actuais como a impresión 3 D, a realidade virtual, o 'Big Data' ou o Internet das Cousas, entre outros.

Páxinas