Outubro 2016

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O futuro dos drones, ao descuberto no próximo almorzo tecnolóxico

Os avións non tripulados, tamén coñecidos como drones, serán os protagonistas do próximo almorzo tecnolóxico de Tecnópole, que terá lugar o próximo 19 de outubro. As empresas situadas no Parque Tecnolóxico de Galicia e tamén ás do Polígono de San Cibrao das Viñas están convocadas a esta cita, co obxectivo de que intercambien coñecemento e oportunidades de negocio.

Tecnópole únese á rede Enterprise Eurolodging para facilitar estancias curtas das súas empresas noutros parques tecnolóxicos de Europa

Tecnópole incorporouse recentemente á rede Enterprise Eurolodging (E2), deseñada para fomentar a mobilidade das empresas instaladas en parques tecnolóxicos de toda Europa.

Alumnas das Aulas Tecnópole resultan premiadas no certame Novos Investigadores polo seu kit de baixo custo para realizar prácticas de xenética

O deseño dun kit de baixo custo para realizar prácticas de xenética, realizado por Clara Mingyue e Iria Ollero, foi merecedor do terceiro premio do Certame Novos Investigadores, organizado en Málaga polo Instituto da Xuventude e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. O traballo galardoado, cunha dotación de 2000 euros, foi desenvolvido no marco das Aulas Tecnópole, o programa de capacitación en habilidades científicas e innovadoras promovido polo Parque Tecnolóxico de Galicia coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Egatel recibe o premio ao produto máis innovador da asociación galega de empresarios TIC

A empresa galega Egatel, con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, acaba de recibir o premio ao produto máis innovador concedido pola asociación que representa aos empresarios das tecnoloxías da información e das comunicacións (TIC), Ineo, no marco da Noite Galega das Telecomunicacións.

A coruñesa Lupeon, dedicada a impresión 3D, gaña o premio Emprendedor XXI

O premio Emprendedor XXI Galicia, que cumpriu a súa décima edición, foi concedido á empresa especializada en impresión dixital Lupeon. Asentada en Ordes (A Coruña), foi fundada en 2013 por Luis Mandayo e Adrián Sánchez. Ademais de impresión en 3D, Lupeon ofrece traballos de modelado e consultoría.

O sector tecnolóxico xera bos postos de traballo

As ofertas de contratos indefinidos no sector TIC duplican as ofertas temporais e crecen un 13% con respecto ao ano pasado. Un 65% das ofertas de emprego do total ofrecidas no terceiro trimestre de 2016 corresponden a un posto con contrato indefinido.

O Nobel de Química 2016 distingue os creadores das máquinas máis pequenas do mundo, colaboradores das universidades galegas

A Real Academia das Ciencias de Suecia concedeu o premio Nobel de Química ao francés Jean-Pierre Sauvage, ao británico Fraser Stoddart e ao holandés Bernard Feringa por "deseñar e producir máquinas moleculares". Tanto Stoddart como Feringa colaboraron nos últimos anos coas Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña.

Unha beirarrúa que xera enerxía limpa

En Sandpoint, Idaho (Estados Unidos), instalaron a primeira beirarrúa de placas solares, unha superficie transitable, resistente ás inclemencias do tempo e que pode axudar a aforrar enerxía á cidade. A instalación situouse no medio dunha das prazas máis concorridas da cidade. Chama a atención polo seu colorido e brillo, debido aos LED integrados nas baldosas que se iluminan grazas á enerxía limpa procedente do sol.

¿Quen vixía o desenvolvemento da intelixencia artificial? Google, Facebook, Amazon, IBM e Microsoft

Ata agora as grandes empresas tecnolóxicas parecían seguir o seu propio camiño no desenvolvemento da intelixencia artificial. Vimos como todas elas apuntan esa vía de investigación e como moitas liberaron as súas plataformas para que desenvolvedores e investigadores poidan contribuír ao desenvolvemento desas plataformas con todos os recursos posibles.

A inmortalidade ten data: 2050

Estamos xa en plena década dos 20 do século XXI. Practicamente á volta da esquina. Unha tropa de 'nanobots' -robots a escala nanométrica, do tamaño dunha célula- 'é inxectada' no noso organismo. Estas máquinas, invisibles ao ollo humano, non nadan no noso torrente sanguíneo 'ao seu aire'; foron programadas cun software que lles indica que axentes patóxenos, responsables da enfermidade que sufrimos, deben atacar e aniquilar, rematando o 'traballo' que o noso debilitado sistema inmune non puido acometer.

Páxinas