Outubro 2016

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O sector dos drons demanda unha lexislación menos restritiva para permitir o desenvolvemento de novas aplicacións

O mercado dos drons ofrece tantas oportunidades como o seu potencial número de aplicacións, para as que non se enxergan límites, aínda que é necesaria unha regulación do sector menos restritiva que faga posible o seu desenvolvemento. Esta foi a principal idea transmitida por Emilio Aguete, experto en vehículos aéreos non tripulados, aos asistentes ao último almorzo tecnolóxico organizado por Tecnópole.

Aimen desenvolve paneis solares "autorreparables" e de baixo impacto ambiental

O centro tecnolóxico Aimen participa nun proxecto europeo que persegue optimizar a sustentabilidade e eficiencia da fabricación de sistemas de aproveitamento de enerxía solar mediante o desenvolvemento de tecnoloxías que permitan producir células e paneis fotovoltaicos reducindo o seu impacto ambiental e o consumo de recursos.

O magosto de Tecnópole cumpre dez anos o próximo 3 de novembro

Todos os traballadores das empresas e entidades e da sociedade xestora do Parque Tecnolóxico de Galicia están invitados o próximo 3 de novembro a celebrar o décimo aniversario do Magosto Tecnópole, que terá lugar ás 19 horas na parte traseira do Edificio CEI.

Unha investigación da Uvigo revela o potencial da casca de castaña en eliminación de contaminantes

Unha tese dunha investigadora da Universidade de Vigo logrou poñer de manifesto o potencial da casca de castaña nos procesos de adsorción e biorremediación para a eliminación de contaminantes en ámbitos acuáticos.

Os premios AppTourism abren a súa recepción de candidaturas ata o 30 de novembro

A Sociedade Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas (Segittur) e Fitur convocaron a IV edición do concurso 'The AppTourism Awards' para desenvolver aplicacións móbiles que impulsen o uso de tecnoloxía na organización de viaxes, enmarcada na próxima edición da Feira Internacional do Turismo.

A intelixencia artificial fará que a produtividade aumente en España

A intelixencia artificial (IA) terá un papel destacado nas economías desenvolvidas, ata o punto de que, para o ano 2035, se estima que o seu uso duplicará os indicadores de crecemento económico, e no caso de España suporá un incremento da produtividade laboral nun 11% adicional ao previsto.

A catalá Bioo, gaña o premio ao proxecto máis innovador en #SouthSummit16

O novo podio de finalistas da quinta edición de South Summit xa ten os seus premiados e Spotahome foi elixido Grande Gañador do evento, mentres que Bioo foi designado o proxecto máis innovador, TheMotion o máis escalable e, finalmente, Orphidia foi elixida como a startup con mellor equipo.

MIT Technology Review en español recoñece os mellores proxectos tecnolóxicos de novos españois

A publicación MIT Technology Review, propiedade do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, presenta á sexta xeración de Innovadores Menores de 35 España 2016. Os 10 novos españois premiados este ano traballan na área da ciencia, a innovación e a tecnoloxía e desenvolveron proxectos innovadores en campos como biomedicina, telecomunicacións ou enerxía, entre outros.

Un robot intelixente para mellorar a fabricación de pezas industriais

Desenvolver un robot intelixente capaz de mellorar a fabricación de pezas industriais é o obxectivo do proxecto que están a desenvolver, de forma conxunta, un equipo de investigadores da Universidade Pública de Navarra (UPNA) e a empresa navarra GettinG Robotika de Alsasua. Para iso, o proxecto combina a visión artificial coa levitación magnética.

Cargar o móbil con só metelo no peto do pantalón

Científicos do Instituto Tecnolóxico de Xeorxia (Estados Unidos) desenvolveron un tecido capaz de xerar electricidade co movemento e coa luz do sol, que permitiría, por exemplo, cargar a batería do móbil con só levalo no peto do pantalón.

Páxinas