Setembro 2016

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Os cursos de perfeccionamento en cirurxía laparoscópica para xinecólogos volven a Tecnópole

Un novo grupo de especialistas en xinecoloxía e obstetricia de hospitais públicos das catro provincias formarase en Tecnópole ao longo dos próximos meses no perfeccionamento de técnicas de cirurxía laparoscópica. Este curso de perfeccionamento, cuxa inscrición se mantén aberta ata o 28 de setembro, celebrarase entre outubro e febreiro do próximo ano.

Tecnópole organiza un taller de impresión e deseño 3D para alumnos de entre 8 e 18 anos

A impresión e o deseño en 3D estanse posicionando como tecnoloxías clave de futuro para calquera sector de actividade. Na súa liña de axudar aos máis novos a adquirir habilidades punteiras, Tecnópole organiza un taller sobre esta temática entre o 4 e o 6 de outubro con dous grupos diferenciados por idades.

Agroamb expón a súa experiencia como caso de éxito no programa Re-Acciona

Agroamb, empresa con sede en Tecnópole, foi invitada como caso de éxito no programa Re-acciona da Xunta a relatar a súa experiencia e as claves da súa competitividade nunha xornada organizada a semana pasada na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

A automoción galega pon en marcha a primeira aceleradora de startups do sector

A industria galega da automoción, a través da Fundación Clúster de Empresas de automoción de Galicia (Ceaga) e do Grupo PSA, co apoio da Xunta e a Zona Franca, acaba de poñer en marcha a súa propia aceleradora de startups, chamada Business Factory Auto (BFA), co fin de converter Galicia nun polo de innovación europeo do sector.

Gain e Vodafone buscan proxectos emprendedores en innovación social para o programa Connecting for Good Galicia

A convocatoria para seleccionar os seis mellores proxectos de emprendemento que formarán parte do Programa 'Vodafone Connecting for Good Galicia' permanecerá aberta ata o 30 de setembro.

Leroy Merlin lanza un concurso de ideas para fomentar a innovación e sustentabilidade no fogar

Leroy Merlin puxo en marcha xunto a OuiShare a iniciativa 'Innohogar' co obxectivo de promover a xeración de ideas e proxectos que fomenten a innovación e sustentabilidade no fogar.

A solicitude de patentes sobe no primeiro semestre de 2016

Segundo os datos da Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), o primeiro semestre de 2016 experimentouse un aumento dun 0,21% de peticións. A suba é moi leve pero rompe coa caída continuada dos últimos oito anos. Se o ano se pecha con esta mesma tendencia, podería supoñer un novo punto de partida para a innovación en España.

Os avances que cambiarán a aviación

En trinta ou cincuenta anos, ¿que tipo de 'fauna aeronáutica' habitará os ceos? ¿Serán unha realidade os avións transparentes? ¿Imprimiranse en 3D? ¿Botaremos man da realidade virtual para adestrar os futuros pilotos?

Un nanomaterial para coches eléctricos que aumenta velocidade e distancia

Un grupo de investigadores da Universidade Nortwestern desenvolveu un material que podería acelerar de forma notable a carga das baterías en coches eléctricos, e que ademais axudaría a aumentar a súa autonomía para que esas baterías aguantasen máis e máis quilómetros.

Innovación en alimentos e bebidas

Estraños, marabillosos, respectuosos do medio ambiente e tecnoloxicamente brillantes, estas son algunhas das palabras usadas para describir os avances que teñen lugar na industria alimentaria, de cara ao futuro.

Páxinas