Xullo 2016

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O conselleiro de Economía cualifica Tecnópole como o corazón industrial e tecnolóxico de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou no ciclo de almorzos tecnolóxicos organizado por Tecnópole. No marco deste encontro informal con empresarios, Conde asegurou que "Tecnópole é hoxe por hoxe o corazón industrial e tecnolóxico de Galicia, coas súas 91 empresas desenvolvendo un ecosistema de innovación moi importante en diferentes sectores, como o aeronáutico, o agroalimentario e o biotecnolóxico".

Serigrafiarte presenta as novidades da súa marca de roupa para nenos por primeira vez na feira Intergift

A empresa de Tecnópole Serigrafiarte presenta as novidades da súa marca de roupa e complementos personalizables para nenos na próxima edición de Intergift, a feira que se celebrará do 7 ao 11 de setembro no recinto feiral de IFEMA (Madrid).

Dúas semanas de prazo para presentarse aos Premios Galicia Spin-Off

A II edición dos premios Galicia Spin-off mantén o seu prazo de recepción de candidaturas ata o 31 de xullo. Os galardóns, convocados polo Banco Pastor e GCiencia, presentan como principal novidade o convite a participar a todas as empresas que teñan algún tipo de vinculación coas universidades galegas, tanto no apartado Idea Emerxente (que premia ás empresas e ideas máis innovadoras) como no de Selo de Calidade (que distingue as traxectorias empresariais máis destacadas).

Empresas tecnolóxicas de Ourense buscan negocio en México

A misión comercial entre México e España fixo parada hai uns días en Ourense para unir sinerxías co tecido empresarial local. O foco de atención estivo posto nos sectores aeroespacial, automotora e agrotecnolóxico. Os participantes na misión tiveron ocasión de visitar as instalacións de Conexiona, en Tecnópole.

A EOI busca 50 startups para que aceleren os seus proxectos en Europa

A Escola de Organización Industrial (EOI) lanzou o Programa de Aceleración Internacional European Coworkings EOI, cuxo obxectivo é "incentivar a creación de empresas innovadoras con vocación internacional" e que permitirá a 50 'startups' españolas acelerar os seus proxectos en Europa.

A USC premia cinco ideas innovadoras susceptibles de converterse en proxectos empresariais

Un adaptador de astigmatismo para lentes, un sistema de secado de sangue, un servizo de reutilización de augas da acuicultura, unha ferramenta para fomentar a creatividade e un asistente para persoas con problemas de memoria foron as iniciativas distinguidas na décima edición do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC que convoca Uniemprende.

Flypal, unha solución para os voos cancelados

"Situacións como as das últimas semanas no Prat é o que queremos evitar", explica Victoria Achaval en referencia á cancelación das viaxes de Vueling. A cofundadora de Flypal, aplicación que ofrece en tempo real diferentes opcións para solucionar as cancelacións de voos, continua dicindo que "é algo que nos pode pasar a todos e non é só un problema que se dea na tempada de verán, senón que sucede a miúdo". E é que a orixe da plataforma tivo lugar cando os seus creadores sufriron a cancelación dun voo e experimentaron a descompensación que existía entre as liñas aéreas e os viaxeiros nesas situacións.

O sector da biotecnoloxía supón xa máis do 10% do PIB español

A facturación das empresas biotecnolóxicas españolas segue crecendo e xa supón o 10,35% do PIB español, segundo se desprende do Informe Anual 2015 presentado pola Asociación Española de Bioempresas (ASEBIO). O documento recolle os últimos datos deste sector en España, dos anos 2014 e 2015 e reflexa un claro auxe deste sector, que antes da crise só supoñía para España o 2,98% do seu PIB.

Innovación para transformar o sector agrícola coa tecnoloxía co proxecto Gaia

A compañía tecnolóxica española BQ lanzou o seu novo proxecto 'Gaia', unha iniciativa coa que a empresa pretende transformar o sector da agricultura mediante solucións tecnolóxicas 'open source'' de vixilancia de cultivos.

As aplicacións dos guantes espaciais robóticos na terra

Unha das aplicacións máis interesantes e útiles da robótica é que poida axudarnos a realizar as tarefas que non podemos facer, xa sexa por algún impedimento puntual ou por querer ir máis alá do humanamente posible. Un exemplo é a forza, para o cal a NASA e General Motoros desenvolveron o RoboGlove, tecnoloxía que agora queda a empresa sueca Bioservo Tecnologies.

Páxinas