Xuño 2016

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

As tecnoloxías de impresión 4D piden paso mentres o 3D revoluciona a industria de todos os sectores

As tecnoloxías de impresión 4D esperan o seu momento para irromper no mercado con solucións que parecen de ciencia-ficción, mentres o 3D está a revolucionar xa os procesos industriais de todos os sectores. A fundadora de masque3D, Ana Gómez, expuxo estas e outras claves das tecnoloxías aditivas no almorzo tecnolóxico de Tecnópole do mes de xuño, ao que acudiron numerosos representantes de empresas interesadas en coñecer mellor esta ferramenta.

A delegación americana da misión USA-Ourense estreitou lazos con Tecnópole

A misión USA-Ourense, que se saldou con máis de 180 encontros de traballo entre empresas norteamericanas e ourensás, visitou Tecnópole durante o seu segundo día en Galicia. Tras coñecer o funcionamento da sociedade xestora de man do seu director, Ricardo Capilla, os seus membros percorreron as instalacións de Egatel, o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG) e o Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) da Universidade de Vigo.

As empresas dos parques científicos e tecnolóxicos españois aumentan un 20%, o emprego 5% e a facturación un 9%

Os parques membros da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), entre os que figura Tecnópole, pecharon o pasado ano cun total de 7736 empresas e entidades instaladas nos seus recintos, o que supón unha suba do 19,9% respecto ao ano anterior. Do total de empresas, 314 son de capital estranxeiro e 974 son empresas en incubación, con menos de 3 anos de antigüidade. Ademais, os parques sumaron 910 entidades, entre empresas de nova creación e instaladas nos parques.

O concurso Galileo Masters distinguirá as mellores ideas no desenvolvemento de satélites

A Xunta de Galicia e o Consorcio da Zona Franca de Vigo impulsan -coa Axencia Espacial Europea, o Centro Aerospacial Alemán, o Ministerio alemán de Transportes e Infraestruturas Dixitais e o proxecto europeo BELS- o concurso europeo de navegación por satélite Galileo Masters, que premia as mellores ideas para o desenvolvemento de aplicacións neste campo que incidan de forma positiva na vida cotiá dos europeos.

Crean un drone capaz de transportar unha persoa

A empresa chinesa EHang, con sede en Beijing, desenvolveu un drone capaz de transportar unha persoa polos ceos en viaxes curtas e de mediana distancia, controlado totalmente a través dunha plataforma sincronizada de xeito remoto. A firma chinesa pretende ser a primeira construtora do mundo de vehículos autónomos aéreos para o transporte de persoas. O dispositivo ten 1.2 metros de alto, un peso de 200 quilogramos e conta con oito hélices capaces de transportar un pasaxeiro durante máis de 23 minutos a uns 96 quilómetros por hora.

¿Que posición ocupa España en desenvolvemento dixital?

España ocupa o posto número 12 no novo indicador Telefónica Index on Digital Life (TIDL), que analiza o nivel de desenvolvemento dixital de 34 países e que reflicte "variacións significativas" en todo o mundo, segundo informou o grupo nun comunicado.

Innovación para reducir as emisións na aviación comercial

Airbus e a Fundación Heinrich Böll, con estreitos vínculos ao Partido Verde de Alemaña, presentaron na Exposición Aeroespacial Internacional (ILA) a publicación 'Voo Verde' que contén innovacións técnicas e medidas políticas para facer que os voos sexan máis respectuosos co medio.

Revolucionario sistema de ascensores sen cable

Expertos en arquitectura, tecnoloxía e mobilidade analizaron en Londres un novo sistema de ascensores sen cable destinado a transformar as estacións de metro de todo o mundo e adecualas ás novas demandas. Reunidos na capital británica profesionais de empresas como Transport for London (TfL), London First, Arup, o WSP, Weston Williamson e Thyssenkrupp. Este último grupo industrial presentou o sistema MULTI de ascensores sen cable, que permitiría novas liñas de tren por debaixo das xa existentes, co fin de aumentar aínda máis a capacidade.

A carreira pola implantación de coche eléctrico empezou

A carreira pola implantación de coche eléctrico empezou. Hai pouco India anunciou que ía estudar como impulsar o cambio. Agora mesmo, Países Baixos e Noruega están en plenas negociacións de cara a prohibir a venda de coches non eléctricos a partir de 2025. E mesmo Formentera quere ser a primeira illa de Europa só con coches eléctricos.

Revolucionarias armas tecnolóxicas contra as falsificacións

As falsificacións e a fraude fiscal supoñen un importante risco ao que se enfrontan as empresas cada día, polo que é necesario que os sistemas de protección de marca e seguridade dos produtos sigan mellorándose de forma constante e aproveiten os últimos avances tecnolóxicos.

Páxinas