Abril 2016

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tecnópole invita as empresas da súa contorna a almorzar con tecnoloxía para darse a coñecer

Tecnópole reactiva o seu calendario de almorzos tecnolóxicos con citas mensuais a partir do vindeiro 11 de maio. A invitación está dirixida ás empresas situadas no Parque Tecnolóxico de Galicia e tamén ás do Polígono de San Cibrao das Viñas, co obxectivo de que intercambien coñecemento e oportunidades de negocio.

Tecnópole dálles a benvida aos novos proxectos empresariais da Preincubadora Incuvi-Emprende

Unha aplicación social enfocada ao sector servizos; unha cooperativa de programas e actividades de ocio e tempo libre saudable e en galego; unha empresa de comercialización de produtos do campo galegos de calidade; e unha proposta de ecoagricultura para a creación de alternativas ao uso masivo de fertilizantes inorgánicos. Estes son os catro proxectos gañadores da quinta edición dos Premios Incuvi-Emprende da Universidade de Vigo que dende este mes ocupan o seu niño na preincubadora de Tecnópole.

A primeira promoción de enxeñeiros aeronáuticos galegos sairá do campus de Ourense en 2020

A implantación do grao de Enxeñería Aeroespacial no campus de Ourense é xa unha realidade. A titulación, para a que se aprobaron 50 prazas en primeiro curso, empezará a impartirse en setembro no campus de Ourense.

A Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía da Xunta busca crear 30 novas empresas e 300 empregos

A nova Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía 2016-2020 da Xunta aspira a converter a Galicia "nun biopolo" coa mobilización de 200 millóns, que permitirán crear 30 novas empresas e sumar 300 empregos aos case 1300 que hai xa no sector, así como incrementar a facturación das compañías un 20% ata os 300 millóns.

A CEO anima a emprender coa publicación dunha guía

A Confederación Empresarial de Ourense presentou a "Guía para emprender en Ourense", elaborada no marco do Programa Integrado de Emprego. Esta iniciativa conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, cuxo titular, Francisco Conde, estivo presente no acto de presentación.

Aberto o prazo de solicitude de axudas á contratación de tecnólogos para actividades de I+D en pemes

As pequenas e medianas empresas poden solicitar ao Ministerio de Economía e Competitividade axudas para a contratación de tecnólogos titulados universitarios ou non universitarios con formación profesional de grao superior ou equivalente para a realización de actividades de I+D+I. O prazo permanecerá aberto ata o 4 de maio.

O I Premio Piosphere da Cámara de Comercio Alemá para España busca a mellor startup española

Piosphere é unha iniciativa da Cámara de Comercio Alemá para España co obxectivo de desenvolver un ecosistema emprendedor Hispano-Alemán. Este ano celebra o I Premio Piosphere 2016 e selecciona a mellor startup española. O gañador recibirá 3000 € e estará presente na BayStartUp DemoNight en novembro do ano 2016 en Munich (incluídos os voos e o aloxamento para dúas persoas).

Pascual lanza un programa de apoio ao emprendemento nos ámbitos alimentario e ambiental

O grupo Calidade Pascual acaba de poñer en marcha o proxecto Pascual Startup. O seu principal obxectivo é a promoción da innovación alimentaria orientada ao gran consumo.

Novos materiais para construír avións máis 'verdes' e eficientes

Os materiais utilizados na fabricación de aeronaves cambiaron significativamente dende a construción do primeiro dispositivo voador. Agora trátase de dar lixeireza e resistencia aos avións e facelos máis "verdes" e menos contaminantes.

A pegada cerebral é o futuro da biometría

Un grupo de investigadores da Universidade de Binghamton revelaron un sistema que permite utilizar a nosa actividade cerebral como un mecanismo biométrico moito máis efectivo que as pegadas dactilares. A nosa resposta a certos estímulos permite autenticar a nosa identidade, pero esa pegada cerebral ten ademais vantaxes relevantes con outros sistemas como o dos sensores de pegadas dactilares.

Páxinas