Febreiro 2016

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Cinco cuestións básicas a evitar para innovar ben

A innovación non significa necesariamente unha innovación tecnolóxica, senón que pode consistir tamén nunha nova forma de relacionarse cos clientes, de elaborar un produto ou de prestar un servizo. Pero non é posible innovar se non se establece un plan para realizalo correctamente e evitar os erros máis típicos das empresas.

Avións híbridos para este ano

A NASA non só desenvolve naves para ir ao espazo máis alá da órbita terrestre, algo moi visible no seu proxecto de avión híbrido. E segundo parece, comercialmente non está tan lonxe como se poida pensar, e é que este mesmo ano se probarán avións híbridos en voos con pasaxeiros. Reducir custos é a grande obsesión das liñas aéreas, e polas estimacións que fixeron poderíanse aforrar 50.000 toneladas anuais.

Tecnópole súmase á celebración do 50 aniversario do Polígono de San Cibrao cun stand a disposición das empresas de xeito gratuíto

Tecnópole contará cun stand propio na mostra que se celebrará en Expourense os días 1 e 2 de abril con motivo da celebración do 50 aniversario do Polígono de San Cibrao das Viñas baixo o título "O Polígono nunca visto". As empresas do Parque Tecnolóxico de Galicia poderán compartir este espazo expositivo de xeito gratuíto comunicando o seu interese con anticipación.

O teléfono da muller recibiu en 2015 máis de 4500 chamadas atendidas dende Tecnópole

O teléfono da muller, o 900 400 273, atendeu un total de 4565 chamadas telefónicas en Galicia durante o 2015, das que 274 foron realizadas por residentes na provincia de Ourense. O motivo principal das consultas era a demanda de atención psicolóxica, seguida de asesoramento xurídico para trámites relacionados con divorcios e separacións.

Agroamb recibe o XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

Aresa e USC galardoaron recentemente a empresa Agroamb, o primeiro xestor en Galicia de residuos de agricultura e cunha das súas sedes en Tecnópole, co XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.

A xestión integral das explotacións agrícolas, a golpe de clic con IBeeTel

No niño 28 do Parque Tecnolóxico de Galicia sitúase dende hai menos dun ano iBeeTel Solutions, un dos proxectos empresariais gañadores en 2015 da IV edición dos Premios Incuvi-Emprende da Universidade de Vigo. Coa convocatoria de 2016 destes galardóns aberta, os promotores de iBeeTel Solutions fan un balance moi positivo da súa experiencia nesta iniciativa, pois co plan empresarial en marcha xa están a ultimar a comercialización do seu primeiro produto, un sistema de supervisión e xestión integral agrícola destinado a produtores.

As empresas españolas de biotecnoloxía industrial traballan en 267 proxectos

A Asociación Española de Bioempresas (ASEBIO) conta cun novo póster coa carteira de produtos, tecnoloxías, procesos e actividades no ámbito industrial (incluídos biocombustibles, bioplásticos e outros produtos renovables e substitutivos dos derivados do petróleo, etc.) que están a desenvolver as biotecnolóxicas no noso país.

Desenvolven un formigón capaz de derreter xeo e neve

As estradas xeadas poderían deixar de ser un problema porque a Universidade de Nebraska xa traballa nun tipo de formigón que podería conducir a electricidade para derreter o xeo e a neve e evitar os problemas aos vehículos.

A innovación permite produtos cárnicos con menos graxa sen reducir o sabor

A obtención de produtos cárnicos máis saudables é posible coa diminución das graxas e o sal sen reducir o sabor e a textura, a aplicación de aditivos naturais ou o uso de envases activos, segundo o Centro Tecnolóxico Ainia, que participa en proxectos para introducir esas melloras na industria.

Nace Telefónica Innovación Alpha: a operadora quere impulsar a transformación dixital

Telefónica creou unha nova filial enfocada á innovación de produtos e ao desenvolvemento de tecnoloxías disruptivas, un novo movemento que está relacionado co obxectivo da teleco española por albergar o máximo crecemento en canto a transformación dixital.

Páxinas